DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2023 Páx. 58745

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ANUNCIO do 16 de outubro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, polo que se notifica a resolución dun recurso de alzada interposto contra a resolución sancionadora, porque, tentada a notificación, non se puido efectuar (expediente 2023/53-RA-P).

A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ditou, con data do 18 de setembro de 2023, resolución do recurso de alzada interposto contra a resolución da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural ditada no procedemento sancionador S-P-25.22, por infracción en materia de protección do patrimonio cultural tipificada na Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (LPCG). Intentada a notificación persoal desta resolución, non foi posible efectuala.

Por este anuncio, e segundo dispoñen os artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa interesada que se indica no anexo poderá comparecer para ser notificada no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), na sede do Servizo Técnico-Xurídico da Área de Cultura, dependente da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no Edificio Administrativo San Caetano, 3º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no dito TEU. Transcorrido o prazo sinalado sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo. Advírtese que a dita resolución sinala tamén o prazo de dous meses para a interposición, de ser o caso, do recurso contencioso-administrativo contra este acto que se notifica.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2023

Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación, Formación Profesional e Universidades

Anexo

Procedemento: 2023/53-RA-P.

DNI/CIF da persoa interesada: 11374846N.

Acto notificado: resolución de recurso de alzada.