DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 25 de outubro de 2023 Páx. 58656

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de outubro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 10 de outubro de 2023 relativa á solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común Lagoa, Fontela, Paraños, Devesas, Casanova e outros, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Piñeira de Arcos, no concello de Sandiás.

Examinada a solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común (MVMC) Lagoa, Fontela, Paraños, Devesas, Casanova e outros, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) de Piñeira de Arcos, no concello de Sandiás, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O 12.6.2020 a CMVMC de Piñeira de Arcos presentou no Rexistro da Xefatura Territorial do Medio Rural en Ourense (nº 2020/1077805) unha solicitude, dirixida ao Servizo de Montes, para que sexa aceptada a revisión do esbozo do MVMC Lagoa, Fontela, Paraños, Devesas, Casanova e outro, con respecto aos predios particulares.

Coa solicitude achegaron a seguinte documentación:

– Certificación do acordo da Asemblea Xeral do 1.6.2020.

– Documento relativo á proposta de revisión do esbozo.

– Arquivos xeográficos en formato vectorial.

Segundo. O Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense emitiu un informe o día 15 de decembro de 2021 en relación coa citada solicitude. O informe recollía unha serie de consideracións que obrigarían a introducir modificacións sobre a proposta inicial e relativas aos seguintes puntos:

• Existencia na liña proposta de varios tramos lindeiros con outras CMVMC, suposto que, segundo o establecido no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, se debe abordar mediante un procedemento de conciliación ou deslindamento.

• Ausencia de informes de validación gráfica positivos da representación gráfica xeorreferenciada alternativa, emitidos pola Dirección Xeral do Catastro, no caso daquelas parcelas que non se axustan á cartografía catastral.

• Inclusión total ou parcial, dentro da liña proposta, de varias parcelas procedentes da concentración parcelaria de Sandiás-Piñeira de Arcos, rematada no ano 2000 coa entrega dos títulos de propiedade.

• Inclusión de terreos ocupados por diversas infraestruturas viarias, susceptibles de constituíren dominio público adscrito ao Servizo de Estradas.

Terceiro. O día 23 de febreiro de 2023 o Servizo de Montes emitiu un novo informe en que volve incidir nos citados puntos.

Consideracións legais e técnicas:

Único. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

De acordo con ela, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade, non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas poderán ser obxecto de revisión e axustaranse e completaranse con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.

Como xa se indicou nos antecedentes de feito, o 23 de febreiro de 2023 o Servizo de Montes emitiu un informe en relación coa solicitude presentada.

En primeiro lugar, comprobouse que existe un desvío da liña de termo real respecto da que actualmente consta no Mapa topográfco nacional. Como consecuencia, os terreos dentro das parcelas 32002A09300157, 32002A09300737, 32002A10400624, 32002A10400106, 32078A16300383, 32078A16309006, 32078A16909004, 32078A17600055, 32078A17600057, 32078A17600059, 32078A17609004 e 32078A17609009, incluídos pola comunidade na súa proposta, estarían situados dentro do termo municipal de Sandiás, polo que o Xurado acorda a súa inclusión. Non obstante, no caso da parcela 32002A09300157, hai unha parte dos terreos que excedan a liña do termo real, polo que hai que recortar a parte que invade o concello de Allariz.

Por outro lado, a revisión de esbozo afecta dúas zonas de concentración parcelaria: a de Arcos, rematada no ano 1999, e Sandiás-Piñeira de Arcos, rematada no ano 2000. Os terreos situados no excluído da zona de concentración parcelaria deben incluírse na revisión do esbozo e, en consecuencia, as parcelas enteiras incluídas deben ser excluídas da revisión. Tampouco se inclúen na revisión de esbozo os camiños, que teñen a función principal de servir os predios. E no caso de parcelas que están afectadas por discrepancias leves con Catastro, considérase que, á falta dun levantamento topográfico que demostre que están excluídas, se entende que son terreos de concentración.

Por último, a revisión tamén afecta diversas infraestruturas viarias, en concreto terreos da autovía A-52, terreos ocupados pola estrada N-525 e mais pola estrada autonómica OU-320. O Xurado considera que neste caso deben incluírse na revisión aqueles terreos que formaban parte da clasificación e excluírse aqueles que non estaban incluídos, así como modificar os terreos incluídos de acordo coa topografía.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe do Servizo de Montes do día 23 de febreiro de 2023, o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común acordou por unanimidade o día 17 de abril de 2023:

Aprobar a proposta de revisión de esbozo do monte veciñal en man común Lagoa, Fontela, Paraños, Devesas, Casanova e outros, pertencente á CMVMC de Piñeira de Arcos, no concello de Sandiás.

Ourense, 11 de outubro de 2023

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense