DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 25 de outubro de 2023 Páx. 58654

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 9 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente BS650G 36/00766-X/13 e tres máis.

Ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, intentada a notificación das resolucións ditadas nos procedementos no último domicilio coñecido das persoas que se citan no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanselle mediante anuncio os referidos actos administrativos ás ditas persoas, que son emprezadas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, comparezan, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude de Vigo, na rúa Concepción Arenal, núm. 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren o texto íntegro das ditas resolucións e advertíndolles que, de non o faceren así, se se considerarán efectuadas as notificacións no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante esta xefatura territorial, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte ao da data da súa notificación efectuada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Vigo, 9 de outubro de 2023

María Ángeles Rouco
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento BS650G

Nº de expediente

DNI/NIE/pasaporte ou similar da persoa interesada

Resolución e data

36/00766-X/13

39488291M

Suspensión 17.7.2023

36/00322-X/21

35275866F

Extinción 18.7.2023

36/00653-X/23

Y3160515F

Denegación 25.8.2023

36/00663-X/23

35687336F

Denegación 31.8.2023