DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2023 Páx. 56686

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 2 de outubro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñais en man común dos montes denominados Valdemás, O Pendón, A Canda, O Torgal, Hermida Vella, Abelleira e Trasmunde, nas parroquias de Larouco (Santa María), Portomourisco (San Víctor) e Freixido (Sagrado Corazón de Xesús), no concello de Larouco.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 27 de febreiro de 2023, adoptou a seguinte resolución:

Unha vez examinado o expediente de clasificación como veciñais en man común dos montes denominados Valdemás, O Pendón, A Canda, O Torgal, Hermida Vella, Abelleira e Trasmunde, na parroquia de Larouco (Santa María), Portomourisco (San Víctor) e Freixido (Sagrado Corazón de Xesús), no concello de Larouco, resultan os seguintes feitos:

Primeiro. O 18 de xaneiro de 2021 tivo entrada no Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Víctor Vieira Arias e outros, no cal solicitaban a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Valdemás, O Pendón, A Canda, O Torgal, Hermida Vella, Abelleira e Trasmunde.

Segundo. O 10 de outubro de 2022, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designar instrutor e realizar as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período dun mes para efectuar alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para efectuar alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. Os montes obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Nome dos montes: Valdemás, O Pendón, A Canda, O Torgal, Hermida Vella, Abelleira e Trasmunde.

Superficie: 281,68 ha.

Pertenza: veciños/as de Larouco.

Parroquias: Larouco (Santa María), Portomourisco (San Víctor) e Freixido (Sagrado Corazón de Xesús).

Concello: Larouco.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Predio 1 (Valdemás):

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Polígono 16, parcela 949

(32039A01600949)

Norte

Polígono 16, parcelas 962, 615, 614, 613, 612, 611, 609, 969, 1090, 653, 740, 739, 738, 741, 654, 742, 743, 980, 744, 745, 746, 750, 751, 732, 756, 754, 757, 755, 758 e 759

Leste

Polígono 16, parcelas 698 e 699

Sur

Polígono 16, parcela 9001 (río Xares)

Oeste

Polígono 16, parcelas 627, 599, 598 e 597

Predio 2 (O Pendón):

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Polígono 1, parcela 1931

(32039A00101931)

Norte

Polígono 1, parcelas 1896, 1107, 1696, 9001, 1907 e 1908

Leste

Polígono 1, parcelas 1932, 1695, 1690, 1933, 1934, 1689, 1684, 1683, 1681, 1680, 943, 1079, 1078, 1077, 1752 e 1950

Sur

Polígono 1, parcelas 1678, 1679, 1765, 1823 e 1822

Oeste

Polígono 1, parcelas 1997, 1996, 1995, 1993, 823, 824, 822, 820, 1953, 1709, 1708, 1710, 1706, 1702, 1701, 1700, 1699, 1698 e 1697

Predio 3 (A Canda):

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Polígono 19, parcela 677

(32039A01900677)

Norte

Polígono 19, parcelas 1, 2, 3, 4, 11, 12, 13, 14, 15, 464, 465, 466, 467 e 19

Leste

Polígono 19, parcelas 806, 807, 808, 809, 810, 468, 470, 473, 475, 476, 479, 480, 482, 485, 483, 484, 487, 488, 489, 494, 786, 787, 495, 501, 502, 875, 503, 513, 514, 518, 519, 9003, 788, 789, 790, 791, 792, 793, 794, 796, 797, 798, 599, 872, 871, 870, 598, 869, 597, 858, 840, 802, 631, 633, 778, 676, 779 e 9004

Sur

Polígono 19, parcelas 9004 e 9006

Oeste

Polígono 19, parcela 9002 (Regato da Puriñeira)

Enclavado

Polígono 19, parcelas 782, 783 e 784

Predio 4 (O Torgal):

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Polígono 18, parcela 282

(32039A01800282)

Norte

Polígono 18, parcela 9004

Leste

Polígono 18, parcelas 315, 316, 317, 322, 326, 328, 329, 266, 222, 205, 220, 1487, 217 e 218

Sur

Polígono 18, parcelas 9002 (ríos Xares e Bibei), 230, 231, 232, 233 e 234

Oeste

Polígono 18, parcela 9004

Predio 5 (Hermida Vella):

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Polígono 20, parcela 401

(32039A02000401)

Norte

Polígono 20, parcelas 9002 (estrada OU-536), 307, 306, 305, 304, 303, 302, 311, 312, 313, 309, 314, 315, 316, 317, 318, 373, 369, 371, 368, 372, 360, 357, 300, 299, 298, 297, 295, 294, 293, 334, 333, 335, 343, 445, 271, 272, 273, 277, 278, 275, 381, 382, 292, 443, 444, 448, 447, 446, 228, 225, 224, 222, 173, 174, 168, 169, 171, 172, 175, 176, 164, 67, 159, 9004, 437, 436, 435, 431, 460, 461, 462, 463, 130, 427, 428, 426, 425, 125, 424, 420, 419, 418, 417, 416, 413, 412, 410, 408, 407, 406, 404, 403, 89, 87, 83, 80, 77, 76, 75, 74, 73, 71, 178, 179, 180, 182, 184, 185, 186, 187, 191, 192, 195, 196, 197, 200, 201, 202, 203, 204, 205, 456 e 457

Leste

Polígono 19, parcela 9002 (Regato da Puriñeira)

Polígono 18, parcela 9006 (Regato da Puriñeira)

Sur

Polígono 20, parcela 9001 (río Bibei)

Oeste

Polígono 28, parcela 126 do concello de Quiroga (Lugo)

Enclavado

Polígono 20, parcela 301

Os predios núm. 3 (A Canda), 4 (O Torgal) e 5 (Hermida Vella) constitúen un único couto redondo segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e atópanse separados polo Regato da Puriñeira (parcela 3203901909002) e mailo camiño con RC 3203901809004.

Predio 6 (Abelleira):

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Polígono 16, parcela 951

(32039A01600951)

Norte

Polígono 16, parcelas 9002, 648, 1016, 651, 1018, 677, 637, 678, 679, 680, 681, 775, 774, 668, 619, 647, 667, 1014, 673, 670, 671, 672, 522, 526, 532, 533, 543, 534, 535, 537, 538, 539, 540, 779, 778, 777 e 601

Leste

Polígono 16, parcelas 602, 603, 604 e 626

Sur

Polígono 16, parcela 9001 (río Xares)

Oeste

Polígono 16, parcelas 647, 645, 646, 813 e 814

Enclavado

Polígono 16, parcela 666

Predio 7 (Abelleira):

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Polígono 18, parcela 280

(32039A01800280)

Norte

Polígono 18, parcelas 307, 302, 306, 9003, 158, 159, 160, 197, 196, 195, 194, 193, 9005, 284, 286, 287 e 288

Polígono 17, parcela 9001

Leste

Polígono 1, parcela 9001

Sur

Polígono 1, parcela 9001

Oeste

Polígono 18, parcelas 218, 216, 219, 285, 220, 205 e 203

Enclavado

Polígono 18, parcelas 198, 237, 238 e 295

Predio 8 (Trasmunde):

Os terreos deste predio constitúen un único couto redondo segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. As parcelas integrantes están separadas polo camiño coa RC 3203900109001.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Polígono 1, parcela 1961

(32039A00101961)

Polígono 1, parcela 2070

(32039A00102070)

Norte

Polígono 27, parcelas 3138, 9068, 3139, 9016, 2373, 9066, 2230, 1218 e 135 do concello de Quiroga (Lugo)

Polígono 1, parcelas 9001, 1018 e 1017

Leste

Polígono 18, parcelas 199, 330, 331, 332 e 212

Sur

Polígono 18, parcela 9002 (río Xares)

Oeste

Polígono 28, parcelas 118 e 9002 do concello de Quiroga (Lugo)

Polígono 27, parcelas 9079, 3150, 9078, 3015, 9076, 3079, 9073 e 3138 do concello de Quiroga (Lugo)

Enclavado

Polígono 1, parcelas 1006, 1008, 1009, 1010, 1011, 1012, 1013, 1014 e 1015

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei, son montes veciñais en man común os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños.

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, e correspóndelle constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común; o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro; o Decreto 223/2022, do 22 de decembro, que establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, e a demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial, por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como montes veciñais en man común os montes denominados Valdemás, O Pendón, A Canda, O Torgal, Hermida Vella, Abelleira e Trasmunde, na parroquia de Larouco (Santa María), Portomourisco (San Víctor) e Freixido (Sagrado Corazón de Xesús), no concello de Larouco, de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 2 de outubro de 2023

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense