DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2023 Páx. 56692

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de setembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se lles comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado, relativo ao deslindamento parcial do monte veciñal en man común de Abanqueiro, no concello de Boiro.

Na reunión do 22.6.2023, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña aproba a seguinte resolución:

Unha vez examinado o expediente de deslindamento parcial do monte veciñal en man común de Abanqueiro, pertencente á parroquia de San Cristovo de Abanqueiro, no concello de Boiro (A Coruña) e tendo en conta os seguintes antecedentes de feito:

1. O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, na Resolución do 12.11.1979, declarou como monte veciñal en man común o monte de Abanqueiro, atribuíndo a súa pertenza á parroquia de San Cristovo de Abanqueiro, no concello do Boiro.

2. O 20.11.2017, a presidenta da Xunta Reitora da Comunidade Veciñal do Monte en Man Común de Abanqueiro solicita que se inicie o procedemento para o deslindamento parcial do monte veciñal con propiedades particulares.

3. Con data do 3.4.2018, o deslindamento provisional antedito recibe o informe favorable da Área Técnica de Montes Veciñais do Servizo de Montes, que fai constar que a información cartográfica remitida permite situalo con precisión no terreo, que se presentan referencias xeográficas dos vértices poligonais en coordenadas UTM e que se inclúen ortofotos das parcelas, así como a certificación catastral descritiva e gráfica das parcelas catastrais que constitúen o monte con relación das parcelas estremeiras.

4. Segundo o disposto no artigo 54 da Lei 7/2012, de montes de Galicia, sobre o procedemento de deslindamento de montes veciñais con propiedades particulares, o 27.2.2020 anúnciase no Diario Oficial de Galicia a apertura do prazo de exposición pública para a presentación de alegacións.

5. Con data do 22.7.2022, a comunidade interesada comunica que non foi presentada ningunha alegación a esta proposta de deslindamento parcial no período legal de reclamacións.

6. As parcelas obxecto do deslindamento coinciden coas referencias catastrais:

Nº parcela

Referencias catastrais

Superficie (m2)

1

1210718NH1211S0001SB

937

2

15011A010008340000XJ

19.754

3

15011A010008350000XE

21.110

4

15011A010012450000XQ

17.239

5

15011A009009480000XS

8.841

6

15011A005005340000XZ

25.362

7

15011A005008160000XJ

1.719

8

15011A005011000000XG

11.713

9

15011A009009890000XB

14.726

10

15011A005011790000XI

39.207

11

15011A006013650000XQ

3.849

12

15011A006011850000XR

66.501

E resulta unha superficie total do deslindamento parcial de 23,10 ha.

De conformidade co disposto no artigo 54.3 da Lei 7/2012, no caso de informe favorable, unha vez ratificado o deslindamento provisional pola Asemblea Xeral, darase traslado ao xurado provincial dos acordos alcanzados e o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común ditará a resolución aprobatoria do deslindamento.

O Xurado, na reunión do 22.6.2023, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento e proceder a realizar as oportunas correccións no expediente, de conformidade co informe elaborado polo Servizo de Montes.

O plano que figura no anexo, ao final deste anuncio, corresponde á superficie total do monte veciñal tras o deslindamento aprobado.

Contra este acordo poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 26 de setembro de 2023

O presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común da Coruña
P.S. (Resolución do 7.7.2022)
Ofelia Rivas Vázquez
Xefa do Servizo Xurídico-Administrativo da Coruña

ANEXO

missing image file