DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2023 Páx. 56696

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 28 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente SAN-OU-26/2023-BA.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, Servizo Xurídico-Administrativo, situadas na rúa Florentino L. Cuevillas, 4 e 6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido este prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día da publicación deste anuncio no BOE.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou ao da publicación deste anuncio no BOE no caso de non comparecencia, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Transcorrido este prazo sen ter presentado o recurso, esta resolución adquirirá carácter de firmeza en vía administrativa e será inmediatamente executiva de conformidade co previsto no artigo 90 da mesma norma xurídica.

Ourense, 28 de setembro de 2023

Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: SAN-OU-26/2023-BA.

Persoa interesada: 76702683Y.

Acto de notificación: resolución de expediente sancionador e impreso de pagamento.