DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 9 de outubro de 2023 Páx. 56148

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 28 de setembro de 2023 da concesión de subvencións destinadas a concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para a adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos destinados a persoas maiores, a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia (código de procedemento BS631G).

No Diario Oficial de Galicia número 123, do 29 de xuño de 2023 publícase a Orde do 19 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para a adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos destinados a persoas maiores, a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento BS631G).

De conformidade co artigo 17 da antedita orde, a resolución dos expedientes de axudas corresponde á persoa titular da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude, á vista da proposta do órgano instrutor, segundo o previsto no seu artigo 16, logo da fiscalización pola Intervención Delegada.

Así mesmo, o artigo 18 da mesma orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e a correspondente resolución deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos da notificación.

Polo exposto, finalizada a instrución e emitida a resolución que finaliza o procedemento,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 28 setembro de 2023, ditada no procedemento BS631G, respecto das axudas destinadas a concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para a adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos destinados a persoas maiores, a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade ao abeiro da Orde do 19 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para a adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos destinados a persoas maiores, a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento BS631G), que se xunta como anexo á presente resolución.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 28 de setembro de 2023 que finaliza este procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2023

Begoña Abeijón Fernández
Directora xeral de Persoas con Discapacidade

ANEXO

Resolución pola que se conceden as subvencións destinadas a concellos
e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para a adquisición
de vehículos que faciliten a prestación de servizos destinados a persoas
maiores, a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade,
ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado
pola Unión Europea-NextGenerationEU, de conformidade co
Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que
se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia
(código de procedemento BS631G)

A través da Orde do 19 de xuño de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 123, do 29 de xuño) establecéronse as bases reguladoras e convocouse o procedemento para a concesión de subvencións destinadas a concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para a adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos destinados a persoas maiores, a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade, xestionado por esta consellería.

Unha vez comprobadas as solicitudes polo órgano instrutor, examinados os criterios preferenciais pola Comisión de Valoración en relación ás solicitudes admitidas, vista a proposta de resolución formulada polo órgano instrutor e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias,

RESOLVO:

Primeiro. Que son susceptibles de obter subvencións as entidades e programas recollidos no anexo I, na contía sinalada para cada programa en aplicación dos criterios de valoración e prelación establecidos no artigo 8, por un importe total de 1.000.000,00 de € consignado na aplicación orzamentaria 13.04.312E.760.2.

Segundo. Que non son susceptibles de obter subvencións as entidades recollidas no anexo II, por non acadar a puntuación necesaria da axuda de acordo co establecido no artigo 8 da dita orde e en función das dispoñibilidades orzamentarias. Así mesmo, declárase a desistencia para as solicitudes presentadas polas entidades que figuran no anexo III, por non ter emendado a documentación preceptiva en prazo.

Terceiro. De conformidade co artigo 25 das bases reguladoras, o pagamento das axudas farase efectivo a partir da data da resolución definitiva de concesión e realizarase sempre e cando se acreditase que a adquisición foi executada de acordo co proxecto presentado e se xustifique correctamente o seu emprego e o cumprimento das obrigas establecidas na presente resolución.

Os concellos e mancomunidades beneficiarias, unha vez ditada a resolución de concesión da subvención, poderán solicitar un anticipo de ata o 80 % da subvención concedida.

Cuarto. Á axuda concedida no marco desta orde poderase sumar á proporcionada de acordo con outros programas e instrumentos da Unión Europea sempre que a dita axuda non cubra o mesmo custo e, en todo caso, de conformidade co disposto no Regulamento (UE Euratom) 2018/1046, do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo, sobre as normas financeiras aplicables ao Orzamento Xeral da Unión (Regulamento Financeiro).

A suma de todas as axudas, ingresos ou recursos destinados ao mesmo fin, en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadas ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, superen o custo total da actividade obxecto da axuda.

Quinto. A data límite para presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 5 de decembro de 2023.

A documentación xustificativa que deberán presentar os concellos e mancomunidades beneficiarias será a seguinte:

a) Solicitude de pagamento e declaración en relación con outras axudas concedidas ou solicitadas efectuada pola entidade beneficiaria (anexo III).

b) Certificación da Intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento para a finalidade para a que foi concedida a axuda

c) Unha memoria económica xustificativa do custo das actuacións realizadas.

d) Certificación expedida pola secretaría da entidade local, co visto e prace da Alcaldía, relativa á aprobación polo órgano competente da conta xustificativa da subvención, na que se fará constar, como mínimo de forma detallada, o cumprimento da finalidade da subvención e os distintos conceptos e contías correspondentes aos gastos totais soportados pola entidade beneficiaria imputables ás actuacións subvencionadas coa seguinte relación: identificación da persoa acredora, número de factura ou documento equivalente, importe, data de emisión e data de recoñecemento da obriga pola órgano competente.

e) Certificado da persoa secretaria do concello/mancomunidade de que a contratación do vehículo se realizou conforme a normativa de contratación do sector público.

f) Relación e copia das facturas e dos seus correspondentes xustificantes bancarios de pagamento, relativos ao investimento elixible realizado e que respondan ao orzamento presentado.

g) Acreditación documental, material ou gráfico (fotografías, copias, capturas de pantallas) do cumprimento do deber de información e publicidade da financiación pública da acción subvencionada.

h) Declaración responsable sobre principios transversais do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (anexo IV) en relación ao cumprimento do artigo 5 da Orde HFP/130/2021.

Sexto. Ademais das obrigas recollidas nos artigos 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e sen prexuízo das demais obrigacións que resulten da normativa aplicable, as entidades beneficiarias destas axudas están obrigadas a:

a) Executar e acreditar a realización da actuación que fundamenta a concesión da subvención e o cumprimento dos requisitos e das condicións desta ante o órgano concedente, sen prexuízo da facultade da consellería da Xunta de Galicia con competencia en materia de servizos sociais de comprobar a realización material das actuacións.

b) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe a consellería da Xunta de Galicia con competencia en materia de servizos sociais, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o cal achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

c) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polos concellos e mancomunidades beneficiarios e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberase efectuar tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

d) Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.

e) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados con cargo á subvención e a obriga do mantemento da documentación soporte. O soporte da documentación realizarase nos termos que estableza o Ministerio de Facenda de conformidade coa normativa nacional e da Unión Europea, mantendo os requisitos de pista de auditoría de conformidade co artigo 22 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e o Consello, do 12 de febreiro.

f) As infraestruturas e/ou equipamentos obxecto da actuación subvencionada deberán obter as correspondentes autorizacións establecidas no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, e permanecer destinados ao fin concreto para o que se concedeu a subvención por un período non inferior a 5 anos desde o pagamento final ao beneficiario, tal e como recolle o artigo 29.4.a) da Lei 9/2007, do 13 de xuño. O incumprimento disto dará lugar á revogación da resolución de concesión, ao reintegro das cantidades percibidas e á exixencia dos xuros de demora legalmente establecidos desde o momento do pagamento da subvención.

g) Dar cumprimento á obriga da adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do disposto no artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e artigo 20 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Así mesmo, os perceptores de fondos da Unión deben cumprir coas obrigas de información e publicidade que as autoridades competentes establezan relativas ao financiamento do Mecanismo de recuperación e resiliencia polo que farán mención da orixe deste financiamento e velarán por darlle visibilidade, mediante o emblema da Unión e unha declaración de financiamento adecuado que indique: «financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU», en particular, cando promovan as accións e os seus resultados, facilitando información coherente, efectiva e proporcionada dirixida a múltiples destinatarios, incluídos os medios de comunicación e o público. En particular, estarán obrigadas a:

1º. Incorporar nun lugar visible do inmoble unha referencia expresa a que a construción ou reforma foi financiada pola Xunta de Galicia (Consellería de Política Social e Xuventude). Esta información debe levar o logotipo oficial da Xunta de Galicia previsto no manual de identidade corporativa (http://www.xunta.gal/identidade-corporativa/descarga-do-manual).

2º. Destacar, nas actividades que realice, nos materiais que reproduzan e utilicen para a difusión ou publicidade do proxecto, o financiamento efectuado pola Administración xeral do Estado, de conformidade co establecido no Manual de imagen Institucional de la Administración general del Estado e a Guía para a edición e publicación de páxinas web na Administración xeral do Estado.

3º. Incluír a mención da orixe deste financiamento mediante o emblema da Unión e a declaración «financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU», tal como se reflicte no artigo 34 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, de conformidade co establecido no Manual de marca do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Todos os carteis e placas deberán colocarse nun lugar ben visible de acceso ao público.

h) Facilitar toda a información que lles requira a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

i) Asumir a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude («bandeiras vermellas») e asegurar a adopción de medidas dirixidas a previr, detectar, comunicar e corrixir a fraude, a corrupción e previr o conflito de intereses e o dobre financiamento.

j) Respectar o principio de «non causar un prexuízo significativo» na execución das actuacións subvencionadas nos termos do artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2020/2088.

k) Contribuír ao correcto funcionamento da Base de datos nacional de subvencións en cumprimento do disposto na Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, como ferramenta de consulta no procedemento de concesión de axudas, cumprindo adecuadamente coas obrigacións de subministración de información a esta (Real decreto 130/2019, do 8 de marzo).

l) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

m) Conservar os documentos xustificativos e demais documentación relacionada co financiamento da actuación, en formato electrónico, durante un prazo mínimo de 5 anos a partir da recepción do último pagamento. Este período será de tres anos se o financiamento non supera os 60.000 €.

Sétimo. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interporse o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. A publicación desta resolución producirá os efectos de notificación, nos termos establecidos no artigo 18 da Orde do 19 de xuño de 2023.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2023. A conselleira de Política Social e Xuventude. P.D. (Artigo 17 e disposición adicional única da Orde do 19.6.2023; DOG núm. 123, do 29 de xuño); Begoña Abeijón Fernández, directora xeral de Persoas con Discapacidade.

ANEXO I

Entidades solicitantes, ordenadas de maior a menor puntuación,
co importe da concesión que se propón

CIF

Cod_IGE

Concello

Baremo pob.

Baremo disca.

Baremo >65

Baremo centro

Ptos. total

Importe solicitado

Subvención

Data presentación

Hora presentación

P1501000B

15010

Boimorto

20

4

4

12

40

62.962,94 €

40.000,00 €

2023-07-07

12.22.51

P3207200A

32071

Riós

20

4

4

12

40

39.997,93 €

39.997,93 €

2023-07-14

15.12.53

P3602000F

36020

Agolada

20

4

4

12

40

40.000,00 €

40.000,00 €

2023-07-20

13.14.32

P3206800I

32067

Rairiz de Veiga

20

4

4

12

40

40.000,00 €

40.000,00 €

2023-07-21

10.00.55

P3200500A

32004

Avión

20

4

4

12

40

43.178,09 €

40.000,00 €

2023-07-21

12.09.06

P2705800G

27058

Saviñao, O

20

4

4

12

40

37.998,94 €

37.998,94 €

2023-07-24

13.39.21

P2700100G

27001

Abadín

20

4

4

12

40

42.500,00 €

40.000,00 €

2023-07-24

14.58.41

P3202900A

32028

Cualedro

20

4

4

12

40

38.000,00 €

38.000,00 €

2023-07-26

13.11.36

P3205200C

32051

Muíños

20

4

4

12

40

32.803,49 €

32.803,49 €

2023-07-28

11.15.14

P3202300D

32022

Castrelo de Miño

20

4

4

12

40

39.997,93 €

39.997,93 €

2023-07-28

13.32.56

P3208400F

32083

Veiga, A

20

4

4

12

40

45.044,00 €

40.000,00 €

2023-07-28

13.57.21

P3601400I

36014

Crecente

20

4

4

12

40

42.471,00 €

40.000,00 €

2023-07-28

18.40.56

P3204500G

32044

Manzaneda

20

2

4

12

38

23.575,88 €

23.575,88 €

2023-07-13

12.34.25

P3203000I

32029

Chandrexa de Queixa

20

2

4

12

38

23.575,88 €

23.575,88 €

2023-07-14

13.58.33

P1504300C

15042

Lousame

20

4

2

12

38

36.208,79 €

36.208,79 €

2023-07-24

10.53.44

P3203500H

32034

Gudiña, A

20

4

2

12

38

39.997,93 €

39.997,93 €

2023-07-26

11.15.50

P2704000E

27040

Palas de Rei

20

4

2

12

38

42.471,00 €

40.000,00 €

2023-07-27

12.21.54

P3209300G

32092

Vilariño de Conso

20

2

4

12

38

38.000,00 €

38.000,00 €

2023-07-27

15.09.39

P2703200B

27032

Monterroso

20

4

2

12

38

47.156,52 €

40.000,00 €

2023-07-27

17.58.51

P1508500D

15084

Tordoia

20

4

2

12

38

54.519,13 €

40.000,00 €

2023-07-28

14.18.23

P2705000D

27050

Quiroga

20

2

4

12

38

34.094,96 €

34.094,96 €

2023-07-31

9.49.59

P3203700D

32036

Xunqueira de Ambía

20

4

2

12

38

45.044,00 €

40.000,00 €

2023-07-31

12.11.42

P2706400E

27064

Vicedo, O

20

4

2

12

38

39.132,00 €

39.132,00 €

2023-07-31

12.47.59

P2700600F

27006

Becerreá

20

2

2

12

36

42.500,00 €

40.000,00 €

2023-07-21

14.10.47

P2703500E

27035

Negueira de Muñiz

20

2

2

12

36

31.000,00 €

31.000,00 €

2023-07-31

10.09.26

P3206400H

32063

Pobra de Trives, A

20

2

2

12

36

38.185,05 €

38.185,05 €

2023-07-31

13.47.37

P1509300H

15092

Vimianzo

10

4

2

12

28

41.000,00 €

27.431,22 €

2023-07-10

15.47.52

ANEXO II

Entidades que non son susceptibles de obter subvención por non acadar a puntuación
mínima necesaria para obter a axuda

Cod_IGE

Concello

Puntos

Observacións

Data presentación

Hora presentación

27047

Pobra do Brollón, A

28

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-18

12.48.53

36056

Valga

28

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-19

13.11.39

32007

Baños de Molgas

28

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-20

10.10.26

32084

Verea

28

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-21

13.59.04

32006

Bande

28

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-24

13.41.07

15079

Santiso

28

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-24

15.00.54

36059

Vila de Cruces

28

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-27

12.41.28

32039

Laza

28

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-28

8.43.29

32048

Mezquita, A

28

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-28

12.22.07

32050

Monterrei

28

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-28

13.19.02

32046

Melón

28

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-28

14.31.32

32059

Peroxa, A

28

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-28

15.03.58

15062

Outes

28

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-28

15.20.43

27037

Nogais, As

28

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-28

17.38.01

32014

Bola, A

28

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-30

13.51.07

27034

Navia de Suarna

28

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-31

9.55.21

36027

Meaño

28

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-31

12.54.11

32018

Carballeda de Avia

28

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-31

13.28.00

27041

Pantón

28

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-31

14.21.59

32089

Vilar de Barrio

28

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-31

14.31.00

32091

Vilardevós

28

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-31

14.44.59

36016

Dozón

28

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-31

17.52.30

15090

Vilasantar

26

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-06-30

9.13.45

27049

Portomarín

26

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-11

9.36.20

27051

Ribadeo

26

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-11

9.41.01

15038

Frades

26

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-17

11.46.38

36034

Neves, As

26

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-19

12.07.00

27054

Riotorto

26

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-20

11.45.25

27059

Sober

26

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-21

14.32.23

15086

Trazo

26

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-27

10.44.32

15001

Abegondo

26

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-27

13.48.43

36032

Moraña

26

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-27

14.13.02

15025

Cerdido

26

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-28

8.09.18

36037

Pazos de Borbén

26

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-28

10.39.33

15083

Toques

26

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-28

11.20.53

32003

Arnoia, A

26

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-28

11.53.38

32079

Taboadela

26

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-28

11.55.55

36010

Catoira

26

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-28

12.20.52

27043

Páramo, O

26

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-28

13.39.47

32090

Vilar de Santos

26

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-28

14.27.46

36028

Meis

26

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-31

10.27.28

36007

Campo Lameiro

26

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-31

12.19.57

15039

Irixoa

26

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-31

12.47.41

15047

Mesía

26

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-31

13.21.31

15007

Baña, A

26

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-31

13.33.26

36040

Portas

26

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-31

14.05.53

32431

MIV do Ribeiro

18

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-26

12.46.39

36043

Ponte Caldelas

16

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-18

12.56.16

15077

Santa Comba

16

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-28

12.55.28

32058

Pereiro de Aguiar, O

16

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-28

13.26.04

36053

Soutomaior

16

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-31

14.47.15

36049

Salceda de Caselas

16

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-31

20.13.51

27016

Chantada

14

Non susceptible de obter subvención por non acadar a puntuación mínima necesaria

2023-07-28

13.56.07

ANEXO III

Proposta de solicitudes non susceptibles de obter subvención por desistencia

Nº expediente

Entidade solicitante

CIF

Documentación non emendada

BS631G/2023/0059

Concello da Bola

P3201500J

– Memoria explicativa sobre o investimento obxecto da solicitude da subvención. (Art. 11.1.b)

– Orzamento detallado do vehículo que se propón adquirir emitido pola empresa concesionaria. (Art. 11.1.c)

– Documentación acreditativa da representación. (Art. 11.1.i)

BS631G/2023/0065

Concello de Campo Lameiro

P3600700C