DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 9 de outubro de 2023 Páx. 56161

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2023 pola que se dá publicidade das persoas beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 19 de abril de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e dando cumprimento ao artigo 45.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación do conselleiro,

RESOLVE:

Dar publicidade da resolución da concesión das axudas por parte Consellería do Medio Rural, ao abeiro da Orde do 19 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2023, que figuran como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2023

O conselleiro do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015, artigo 2.3; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura
e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 19 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR506A e MR506B) e Orde do 29 de xuño de 2023 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 19 de abril de 2023.

b) Aplicación orzamentaria: 14.04.713E.770.2.

Crédito orzamentario: 1.412.990,23 €.

Esta axuda está cofinanciada polo Feaga da UE ata un 50 %, polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) ata un 25 % e a porcentaxe restante pola Xunta de Galicia en virtude do Regulamento (CE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, e o Real decreto 906/2022. As ditas aplicacións orzamentarias poderán incrementarse con fondos adicionais, comunitarios, estatais e da Comunidade Autónoma.

c) Finalidade:

Poderán ser obxecto das axudas, de acordo coa normativa comunitaria, aquelas actividades ou investimentos que estean recollidos no anexo I do Real decreto 906/2022, do 25 de outubro, encamiñados a acadar os obxectivos dos seguintes tipos de intervención:

Intervención 1. Servizos de asesoramento, asistencia técnica, formación, información e intercambio de mellores prácticas, en particular mediante actividades de colaboración en redes, para apicultores/as e organizacións de apicultores/as.

Intervención 2. Investimentos en activos materiais e inmateriais, así como outras accións.

Intervención 3. Actuacións para prestar axudas aos laboratorios na análise de produtos apícolas, a perda de abellas ou as caídas na produtividade, e de substancias potencialmente tóxicas para as abellas.

Intervención 6. Promoción, comunicación e comercialización, incluídas accións e actividades de vixilancia do mercado destinadas, en particular, a sensibilizar os consumidores sobre a calidade dos produtos apícolas.

Intervención 7. Actuacións para aumentar a calidade dos produtos.

d) Destinatarios:

a) As persoas físicas ou xurídicas, ou entes sen personalidade xurídica, titulares de explotacións apícolas, incluídas aquelas que sexan integrantes de explotacións de titularidade compartida recollidas na Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias.

b) As agrupacións de apicultores/as, na medida en que os seus socios ou asociados beneficiarios das axudas cumpran cos requisitos establecidos na letra a) do número 1 do artigo 4 da orde de convocatoria.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Tamén poderá interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

e) Beneficiarios e importe concedido:

Expediente

NIF/CIF

Beneficiario/a

Contía

API-2023-15-0019

***9088**

Apia Natura, S.L.

1.237,50 €

API-2023-32-0002

***4296**

Apiben, S.C.

11.720,25 €

API-2023-32-0001

***7427**

Aroamel

3.337,10 €

API-2023-32-0032

***4901**

Asociación Agrogandeira Apícola e Forestal de Bande

15.074,89 €

API-2023-27-0031

***7022**

Asociación Provincial Lucense de Apicultura

180.857,04 €

API-2023-32-0029

***2524**

Asociación Agrupación Apícola de Galicia

425.541,72 €

API-2023-32-0028

***4674**

Asociación Apícola Abellas Nais

144.184,98 €

API-2023-15-0025

***2438**

Asociación Casa do Mel

57.139,34 €

API-2023-15-0027

***0772**

Asociación Galega de Apicultores

370.710,93 €

API-2023-32-0024

***4962**

Asociación Galega de Apicultores Profesionais

56.309,02 €

API-2023-32-0030

***4960**

Asociación Proxectos Galegos de Apicultura, S.C.G.

13.127,70 €

API-2023-32-0003

***2292**

Benigno Basteiro Rodríguez

6.844,05 €

API-2023-27-0006

***6618**

Catalina Ruíz Cabrera

6.925,23 €

API-2023-27-0026

***2796**

Cauru, S.C.G.

12.198,55 €

API-2023-15-0013

***0638**

Elías Seoane Corral

3.592,54 €

API-2023-32-0008

***0276**

Felisindo Gago Anta

200,00 €

API-2023-32-0011

***3472**

Flora Fernández Fernández

180,00 €

API-2023-27-0020

***4318**

Gosto Productores, S.L.

6.956,40 €

API-2023-32-0010

***9115**

José Valencia Rodríguez

5.234,03 €

API-2023-32-0014

***0076**

Manuel Murias Fernández

327,00 €

API-2023-27-0022

***3516**

Mieles Anta, S.L.

55.769,12 €

API-2023-15-0021

***9409**

Nueve Uvas, S.L.U.

360,00 €

API-2023-27-0023

***9909**

Pazo de Lusío, S.L.

34.960,34 €

API-2023-32-0015

***7033**

Raquel Rodríguez Martínez

67,50 €

API-2023-32-0017

***7027**

Susana Vega Domínguez

135,00 €

f) Solicitudes denegadas relacionadas a continuación por incumprimento do recollido no punto 1 a) 2º do artigo 4: «Seren titulares dunha explotación con máis de 15 colmeas para o caso das persoas apicultoras que soliciten a axuda a título individual»:

Expediente

NIF

Nome/razón social

Accións denegadas por incumprimento de requisitos

API-2023-27-0009

***6694**

José Manuel Chao Álvarez

2.1.1; 2.1.4; 2.1.5.1; 2.3.1

API-2023-32-0016

***9201**

Susana Concepción Gómez Núñez

2.1.1

API-2023-32-0005

***2970**

Jorge Blanco Rodríguez

2.1.1

g) Solicitude denegada para a acción 1.1 do expediente relacionado a continuación por incumprimento do recollido na letra m) 1º do artigo 7: «Independentemente da acción para a cal se solicite a axuda e do tipo de gasto subvencionable, en todos os gastos, a agrupación de apicultores/as deberá incluír un sistema de avaliación dos custos que lle permita á Administración comprobar o valor de mercado dos gastos subvencionables, como é a comparación de ofertas»:

Expediente

NIF

Nome/razón social

Accións denegadas por incumprimento de requisitos

API-2023-32-0032

***4901**

Asociación Agrogandeira Apícola e Forestal de Bande

1.1

h) Solicitudes nas cales se declara rematado o procedemento por desistencia ao non presentar a documentación requirida:

Expediente

NIF

Nome/razón social

Accións denegadas
por desistencia

API-2023-27-0007

***5741**

David González Pousa

2.1.1; 2.1.4; 2.1.5.1; 2.3.1; 2.5.2; 2.5.6

API-2023-27-0018

***1481**

María Teresa Regueiro Casas

2.1.2; 2.1.3; 2.1.5.1; 2.5.1; 2.5.4

API-2023-32-0004

***2633**

Johnny Trigas Rodríguez

2.5.6