DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 28 de setembro de 2023 Páx. 54922

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Noia (expediente IN407A 2023/037-1).

Expediente: IN407A 2023/037-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación do proxecto: renovación da LMTS TA2801 entre o CT 15CFN2 e o T 15CG32.

Concello: Noia.

Feitos:

1. O día 3.2.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica. Co obxecto de mellorar a calidade da subministración, así como de incrementar a capacidade de transporte das liñas existentes para atender os aumentos de demanda de enerxía que se produciron na contorna das rúas Santísima Trinidade e Espírito Santo da parroquia de Noia (San Martiño), concello de Noia, proxéctase poñer fóra de servizo un tramo soterrado da liña de distribución LMT TA2801, procedente da subestación Tambre II, e instalar un novo tramo que discorrerá en paralelo ao anterior por unha nova canalización.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, achegan memoria, planos e orzamento ao proxecto de execución, denominado renovación da LMTS TA2801 entre o CT 15CFN2 e o CT 15CG32, asinado o día 20.12.2022 por Tito Arias Santos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico con número de colexiado LE-1010.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, trasladóuselles unha separata do proxecto ás entidades afectadas, na parte en que a instalación puider afectar a bens e dereitos ao seu cargo. A separata contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Así, solicitouse o informe preceptivo ao Concello de Noia, ao Servizo de Urbanismo da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, a Augas de Galicia e ao Servizo de Patrimonio Cultural da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Cultura. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.

4. O día 3.8.2023 emitiuse un informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 59/2023, do 14 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia; o Decreto 79/2023, do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio).

2. Lexislación de aplicación:

a) A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

b) O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

c) O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

d) O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

e) O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

f) Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Características técnicas:

As instalacións atópanse na rúa Santísima Trinidade e rúa Espírito Santo da parroquia de Noia (San Martiño), no concello de Noia, e as súas características técnicas son as seguintes:

– LMTS a 20 kV, de 54 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, con orixe no CT rúa Trinidade (15CFN2, IN407A 2016/1718-1) existente e remate no CT Espírito Santo (15CG32, IN407A 2016/1999-1 e IN407A 2022/316-1) existente. A liña proxectada discorrerá canalizada, en paralelo coa canalización do tramo que se deixará fóra de servizo, no interior dun tubo de polipropileno de 160 mm de diámetro en gabia de dimensións de 0,40 metros de ancho e de 1,00 metros de profundidade. Instalaranse dous tubos de idénticas características, cunha lonxitude total de canalización proxectada de 54 m. Posta fóra de servizo do tramo soterrado TA28014105 (IN407A 2016/2096-1), en condutor UNI-Al-150-RHV, da LMT TA2801, procedente da subestación Tambre II.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 7 de agosto de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña