A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3, da Coruña, polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PA 176/2023, en relación coa Resolución do 6 de marzo de 2023 (DOG núm. 52, do 15 de marzo) pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade de educadores, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019.
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos do referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos ao referido xulgado no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2023
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública