DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 26 de setembro de 2023 Páx. 54526

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 12 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto de execución do parque eólico Pequecho e infraestruturas de evacuación, nos concellos de Viveiro e Xove (expediente IN408A/2021/001).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Antecedentes:

– O 4.1.2021, Naturgy Renovables, S.L.U. solicitou as autorizacións administrativas previa e de construción, a declaración de utilidade pública, así como a aprobación do proxecto sectorial para o parque eólico Pequecho, nos concellos de Viveiro e Xove, na provincia de Lugo, ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de compensación Ambiental, modificada pola disposición derradeira sétima da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, de 25 de outubro), e modificada pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

– O 1.2.2021, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais notifícalle á dita sociedade o cumprimento dos requisitos establecidos nos artigos 30 e 31 da Lei 8/2009, do 22 de decembro (en diante, Lei 8/2009).

– O 22.7.2022, Naturgy Renovables, S.L.U. presentou unha solicitude de modificación substancial consistente na redución do número e cambio de posición dos aeroxeradores, diminuíndo a potencia ata os 42 MW.

– O 26.10.2022, notificóuselle á dita sociedade o cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 31.

– A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais para continuar co procedemento, procede a solicitar o informe recollido no artigo 33.7 da Lei 8/2009 ao órgano competente en materia do territorio con data do 27.10.2022.

– En resposta á citada solicitude de informe, o 28.11.2022 a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe de referencia do artigo 33.7 da Lei 8/2009 onde se indica que os aeroxeradores cumpren a distancia mínima de 1.000 m ás delimitacións de solo de núcleo rural, urbano e urbanizable.

– O 14.7.2023, e de acordo co artigo 33.9 da Lei 8/2009, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais achega a esta xefatura territorial o expediente para continuar coa súa tramitación.

As instalacións incluídas no proxecto descríbense a seguir:

Solicitante/promotor: Naturgy Renovables, S.L.U., NIF B84160423.

Domicilio social: avenida de Arteixo 171, 15007 A Coruña.

Denominación do proxecto: parque eólico Pequecho e as súas infraestructuras de evacuación.

Situación: concellos de Viveiro e Xove (Lugo).

Áreas de desenvolvemento eólico (ADE): ADE de Viveiro.

Potencia instalada: 42 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 6.

Produción neta anual estimada: 138.760 MWh/ano.

Orzamento total (execución material): 56.494.870,62 €.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

Vértice

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

a

615.217,00

4.835.350,00

b

615.430,00

4.835.548,00

c

616.347,00

4.836.051,00

d

618.304,00

4.835.854,00

e

618.419,00

4.834.767,00

f

619.678,00

4.835.016,00

g

619.578,00

4.837.271,00

h

615.493,00

4.837.271,00

i

614.963,00

4.835.469,00

Coordenadas de localización dos aeroxeradores:

Máquinas

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

Diámetro/altura

Concello

PE-01

615.374,00

4.836.156,00

162 / 119

Viveiro

PE-02

615.737,00

4.836.702,00

162 / 119

Viveiro

PE-03

617.549,00

4.836.724,00

150 / 125

Xove

PE-04

617.938,00

4.836.724,00

162 / 119

Xove

PE-05

617.874,00

4.836.134,00

150 / 125

Xove

PE-06

618.523,19

4.835.902,97

150 / 125

Xove

A subestación ocupará unha superficie de aproximadamente 56×52 m² en que se situará o parque de intemperie, o edificio de control, as vías e zonas de acceso e estacionamento. Coordenadas da localización:

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

Concello

Subestación

618.852,00

4.836.804,00

Xove

Liña interconexión, que conecta a subestación do parque eólico Pequecho, e a subestación colectora (SEC Xove 400/132 kV), onde se eleva a enerxía de 132 a 400 kV no transformador da SET, para a súa posterior vertedura á rede.

Conta cun tramo aéreo a 132 kV que parte do pórtico da SET do parque eólico Pequecho situado nas coordenadas (ETRS89) X=618.823,59 e Y=4.836.813,51 e finaliza no pórtico da posición de Naturgy da SEC Xove 400 kV, situado nas coordenadas (ETRS89) X=621.048,31 e Y=4.838.877,70.

A liña está formada por 1 tramo en simple circuíto situado entre o pórtico da SET do parque eólico Pequecho e o apoio nº 7, e un tramo de dobre circuíto situado entre o apoio nº 7 e o pórtico da SEC Xove 400 kV. O tramo en dobre circuíto realízase en previsión de compartir o trazado da liña de evacuación do parque eólico Caroliño ata a chegada á SEC Xove 400 kV. A lonxitude do trazado aéreo é de 4.397,3 m.

A subestación colectora 400/132 kV onde se sitúa a posición de chegada da liña de evacuación do parque eólico Caroliño, atópase situada nas seguintes coordenadas:

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

Concello

Subestación

colectora

621.043,00

4.838.888,00

Xove

Liña de interconexión 400, que conecta a subestación colectora (SEC Xove 400 kV) coa subestación Xove de Rede Eléctrica onde a enerxía xerada é vertida á rede. Conta cun tramo aéreo a 400 kV que parte do pórtico de 400 kV da SEC Xove 400 kV situado nas coordenadas (ETRS89) X=620.956,13 e Y=4.838.889,54 e finaliza no pórtico da SET de REE. A lonxitude do trazado aéreo é de 326,86 m.

Coordenadas da torre metereolóxica de 125 m de altura:

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

Concello

Torre 1

616.001,00

4.836.492,00

Xove

Características técnicas principais das instalacións:

– Integrado por un total de 6 aeroxeradores tripá. Tres deles terán un diámetro de rotor de 162 m, 7.200 kW de potencia nominal unitaria, e unha altura de buxa de 119 m. Os outros tres terán un diámetro de rotor de 150 m, 6.800 kW de potencia nominal unitaria, e unha altura de buxa de 125 m. Todos eles cunha altura de punta de pa de 200 m.

– Cada aeroturbina xera enerxía a 690 V, a cal se eleva a 30 kV nos transformadores de 7.600 kVA e 7.200 kVA de potencia aparente que hai aloxados no interior da góndola. Os aeroxeradores conectaranse entre si a través dos correspondentes condutores enterrados e cabinas de entrada-saída da liña de forma que se constituirán 2 liñas de xeración en 30 kV, as cales se tenderán soterradas en gabia ata a subestación 30/132 kV do parque eólico. Da subestación do parque eólico Pequecho, sae unha liña de evacuación de 132 kV ata a subestación colectora Xove 400 kV, desde onde se realiza a conexión á rede de transporte.

– Desde a subestación colectora Xove 400 kV partirá unha liña de 400 kV aérea, para realizar a conexión coa rede de transporte na subestación Xove 400 de REE.

– A SEC Xove 400 kV, inclúe as instalacións comúns, así como a posición de chegada da liña de evacuación do parque eólico Pequecho, e os seus elementos de control.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental

Obxecto da información pública:

– Proxecto de execución (visado nº 20222194, do 19.7.2022).

– Estudo de impacto ambiental (EIA) (asinado o 9.2.2023).

– Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) (visado nº 20222204, do 20.7.2022).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses, poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da sección de Enerxía desta Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Industria e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 47), así como nos concellos de Viveiro e Xove (Lugo). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/pequecho

Lugo, 12 de setembro de 2023

O xefe territorial de Lugo
P.A. (Artigo 41.3 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria