DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 26 de setembro de 2023 Páx. 54520

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 12 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto de execución do parque eólico Caroliño e as súas infraestruturas de evacuación, nos concellos de Cervo e Xove (expediente IN408A/2019/061).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Antecedentes:

– O 6.9.2019, Naturgy Renovables, S.L.U. solicitou as autorizacións administrativas previa e de construción, a declaración de utilidade pública, así como a aprobación do proxecto sectorial para o parque eólico Caroliño, nos concellos de Cervo e Xove, na provincia de Lugo, ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola disposición derradeira sétima da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro) e modificada pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

– O 17.1.2020, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais notificoulle á dita sociedade o cumprimento dos requisitos establecidos nos artigos 30 e 31 da Lei 8/2009, do 22 de decembro (en diante, Lei 8/2009).

– O 26.12.2022, Naturgy Renovables, S.L.U. presentou unha solicitude de modificación substancial consistente na redución do número e cambio de posición dos aeroxeradores, diminuíndo a potencia ata os 35,13 MW.

– O 29.5.2023 notificóuselle á dita sociedade o cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 31.

– A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, para continuar co procedemento, solicitoulle o informe recollido no artigo 33.7 da Lei 8/2009 ao órgano competente en materia do territorio con data do 30.5.2023.

– En resposta á citada solicitude de informe, o 19.6.2023 a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe de referencia do artigo 33.7 da Lei 8/2009, onde se indica que os aeroxeradores cumpren a distancia mínima de 1.000 m ás delimitacións de solo de núcleo rural, urbano e urbanizable.

– Con data do 13.7.2023, e de acordo co artigo 33.9 da Lei 8/2009, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais achega a esta xefatura territorial o expediente para continuar coa súa tramitación.

As instalacións incluídas no proxecto descríbense a seguir:

Solicitante/promotora: Naturgy Renovables, S.L.U., B-84160423.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 (A Coruña).

Denominación do proxecto: parque eólico Caroliño e infraestruturas de evacuación.

Situación: concellos de Cervo e Xove (Lugo).

Áreas de desenvolvemento eólico (ADE): Buio II.

Potencia instalada: 35,13 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 9.

Produción neta anual estimada: 114.500 MWh/ano.

Orzamento total (execución material): 39.611.019,92 €.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

Vértice

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

a

619.355,00

4.835.960,00

b

625.640,00

4.835.595,00

c

626.300,00

4.831.000,00

d

621.695,00

4.831.040,00

e

619.050,00

4.833.930,00

Coordenadas de localización dos aeroxeradores:

Máquinas

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

Concello

CA-01

622.701,00

4.835.068,00

Xove

CA-02

623.070,00

4.835.053,00

Cervo

CA-03

623.100,00

4.833.450,00

Xove

CA-04

623.323,00

4.832.770,03

Xove

CA-05

623.766,00

4.832.626,00

Cervo

CA-06

624.216,00

4.832.568,00

Cervo

CA-07

624.527,00

4.832.103,00

Cervo

CA-08

623.852,00

4.831.532,99

Cervo

CA-09

624.449,00

4.831.502,00

Cervo

A subestación ocupará unha superficie de aproximadamente 54×50 m², na cal se situarán o parque de intemperie, o edificio de control, as vías e zonas de acceso e estacionamento. Coordenadas na localización:

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

Concello

Subestación

622.321,00

4.835.388,00

Xove

A subestación colectora onde se sitúa a posición de chegada da liña de evacuación do PE Caroliño está situada nas seguintes coordenadas:

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

Concello

Subestación

colectora

621.043,00

4.838.888,00

Xove

Coordenadas da torre meteorolóxica de 125 m de altura, son as seguintes:

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

Concello

Torre 1

623.161,00

4.833.058,00

Xove

Liña de evacuación de 132 kV, componse de dous tramos: un tramo aéreo simple circuíto que finaliza no apoio nº 7 da liña de 132 kV de evacuación do parque eólico de Pequecho e un tramo de dobre circuíto, compartido coa mencionada liña de evacuación do PE Pequecho, ata acadar a posición da liña correspondente na SET colectora de Xove.

O tramo aéreo de simple circuíto parte do pórtico da SET do PE Caroliño nas coordenadas (ETRS89) X=622.325,21 e Y=4.835.410,34 e finaliza no apoio nº 7 da LAT de 132 kV de evacuación do PE Pequecho, situado nas coordenadas (ETRS89) X=618.731,07 e Y=4.837.610,76. Lonxitude tramo simple circuíto=5.108 m.

O tramo aéreo compartido de dobre circuíto parte do apoio nº 7 da LAT de 132 kV de evacuación do PE Pequecho situado nas coordenadas (ETRS89) X=618.731,07 e Y=4.837.610,76, onde se xuntan ambas as liñas, ata a posición de liña de Naturgy na SET colectora de Xove, situada nas coordenadas X=621.048,31 e Y=4.838.877,70. A liña de alta tensión en 132 kV de evacuación do parque eólico Caroliño discorrerá polos montes do concello de Xove, cruzando varias estradas autonómicas, provinciais e municipais. Lonxitude tramo dobre circuíto=3.243 m.

A lonxitude da totalidade do trazado aéreo é de 8.351 m.

Características técnicas principais das instalacións:

– Integrado por un total de 9 aeroxeradores tripá cun diámetro de rotor de 150 m, 3.903 kW de potencia nominal unitaria e unha altura de buxa de 125 metros.

– Cada aeroturbina xera enerxía a 690 V, a cal se eleva a 30 kV nos transformadores de 4.500 kVA de potencia aparente que hai aloxados no interior da góndola. Os aeroxeradores conectaranse entre si a través dos correspondentes condutores soterrados e cabinas de entrada-saída de liña, de forma que se constituirán 3 liñas de xeración en 30 kV, as cales se tenderán soterradas en gabia ata a subestación 30/132 kV do parque eólico.

– Da subestación do parque eólico Caroliño sae unha liña de evacuación de 132 kV ata o apoio nº 7 da liña de evacuación 132 kV do PE Pequecho, a partir do cal irá en dobre circuíto ata a subestación colectora Xove 400 kV, desde onde se realiza a conexión á rede de transporte.

– En canto á subestación colectora SEC Xove 400 kV, é obxecto deste proxecto a posición de chegada da liña de evacuación do PE Caroliño e os seus elementos de control.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Obxecto da información pública:

– Proxecto de execución (visado nº 20223946, con data do 21.12.2022).

– Estudo de impacto ambiental (EIA) (asinado o 23.12.2022).

– Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) (visado nº 20223967, con data do 23.12.2022).

O que se fai público de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses, poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que xulguen oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Industria e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 47), así como nos concellos de Cervo e Xove (Lugo). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/carolino

Lugo, 12 de setembro de 2023

O xefe territorial de Lugo
P.A. (Artigo 41.3 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria