DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 25 de setembro de 2023 Páx. 54143

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

ORDE do 18 de setembro de 2023 pola que se modifica a Orde do 22 de marzo de 2021 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2021, 2022 e 2023 (código de procedemento BS212A).

O 31 de marzo de 2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 61 a Orde do 22 de marzo de 2021 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2021, 2022 e 2023 (código de procedemento BS212A).

Esta convocatoria de axudas está dirixida á posta en marcha a partir do ano 2021 de proxectos destinados á atención de persoas maiores de 60 anos en situación de dependencia moderada e severa, grao I e grao II, respectivamente, e para persoas maiores sen dependencia, como recurso de promoción da autonomía persoal, mediante o establecemento da casa do maior nos concellos que non dispoñan de recursos de atención diúrna a persoas maiores ou naqueles concellos en que que, existindo un único destes recursos de atención diúrna a persoas maiores, se teña presentado ante a Consellería de Política Social e Xuventude a solicitude do seu cesamento total e permanente de actividade.

O 27 de agosto de 2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 165 a Orde do 20 de agosto de 2021 pola que se incrementa o crédito da Orde do 22 de marzo de 2021 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2021, 2022 e 2023 (código de procedemento BS212A), na contía de 927.076,62 euros, con cargo aos fondos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia. O crédito orzamentario total asignado para estas axudas tras a ampliación ascendeu a 6.198.076,83 euros, distribuído en tres anualidades, que se financiarán con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias:

Aplicación

orzamentaria

Importe 2021

Importe 2022

Importe 2023

Importe total

13.04.312E.770.0

1.197.226,62 €

-----------------

------------------

1.197.226,62 €

13.04.312E.470.0

1.081.500,21 €

1.959.675,00 €

1.959.675,00 €

5.000.850, 21 €

Total

2.278.726,85 €

1.959.675,00 €

1.959.675,00 €

6.198.076,83 €

Dentro do marco do compromiso económico da referida Orde do 22 de marzo de 2021, a presente modificación ten por obxecto incrementar na anualidade 2023 nun 15 % a contía da prima destinada a apoiar estas iniciativas e nun 100 % a axuda para asumir o desprazamento das persoas usuarias establecidas no número 5 do artigo 2, referido ás características do proxecto, e no número 3 do artigo 7, referido ao tipo de axudas e contías co obxecto de promover que as persoas beneficiarias promotoras das casas do maior poidan continuar mantendo a viabilidade da casa do maior e seguir prestando a atención en condicións óptimas que permitan compensar o incremento experimentado polos prezos das subministracións e outros gastos correntes que repercuten nos custos do servizo.

Por outra banda, de conformidade co artigo 3.2 da Orde do 22 de marzo de 2021, increméntase en 373.600 euros a cobertura dos proxectos de casas do maior postos en marcha ao abeiro da Orde do 22 de marzo de 2021, financiadas pola Unión europea-NextGenerationEU, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia destinado ao financiamento da prima polo desenvolvemento do proxecto e servizo de desprazamento das persoas usuarias na anualidade 2023, na aplicación orzamentaria 13.04.312E.470.0, que se recolle coa modificación do número 1 do artigo 3.

En consecuencia, facendo uso das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1993, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta de Galicia e da súa Presidencia,

RESOLVO:

Artigo único. Modificación da Orde do 22 de marzo de 2021 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2021, 2022 e 2023 (código de procedemento BS212A).

A Orde do 22 de marzo de 2021, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2021, 2022 e 2023 (código de procedemento BS212A), queda redactada como segue:

Un. O número 5 do artigo 2, referido ás características do proxecto, queda redactado como segue:

«5. Se a persoa promotora da casa opta por asumir o desprazamento das persoas usuarias ata ela, percibirá unha axuda adicional da Xunta de Galicia, a razón de 5 euros por persoa e día nas anualidades 2021 e 2022, e de 10 euros por persoa e día na anualidade 2023. Para estes efectos, deberá cubrir unha declaración responsable en que manifeste a súa vontade de prestar o servizo de desprazamento, no caso de que as persoas usuarias queiran facer uso del».

Dous. O número 1 do artigo 3, referido ao financiamento, queda redactado como segue:

«1. A contía total máxima destinada ás axudas reguladas na presente orde é de 6.571.676,83 euros, distribuídos en tres anualidades e que se financiarán con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias:

Aplicación orzamentaria

Importe 2021

Importe 2022

Importe 2023

Importe total

13.05.312E.770.0

1.197.226,62 €

-----------------

----------------

1.197.226,62 €

13.05.312E.470.0

1.081.500,21 €

1.959.675,00 €

2.333.275,00 €

5.374.450,21 €

Total

2.278.726,83 €

1.959.675,00 €

2.333.275,00 €

6.571.676,83€»

Tres. O artigo 7 queda redactado como segue:

«Artigo 7. Tipos de axuda e contías

1. As axudas para gastos de investimento consistirán nunha subvención de ata o 100 % dos gastos elixibles, cun límite máximo global por casa do maior de 15.000 euros. Consideraranse como elixibles aqueles gastos en que o promotor incorra para a reforma e adaptación da vivenda destinada a servir de casa do maior, así como o seu equipamento e dotación material, sempre que sexan necesarios.

2. A axuda polo desenvolvemento do proxecto piloto consistirá nunha achega económica de 19.600 €/ano en forma de prima destinada a apoiar esta iniciativa emprendedora ao comezo da súa andaina, que se liquidará nos termos previstos no artigo 23.

Para o exercicio 2023, a prima destinada a apoiar esta iniciativa consistirá nunha achega económica de 22.540 €/ano. Este importe minorarase proporcionalmente en función dos meses efectivos de desenvolvemento.

3. Adicionalmente, no caso de que os promotores opten por asumir o desprazamento das persoas usuarias, as persoas beneficiarias das axudas desta orde percibirán un máximo de 5 euros por persoa e día nas anualidades 2021 e 2022, e un máximo de 10 euros por persoa e día na anualidade 2023. Para estes efectos, a persoa beneficiaria da axuda deberá acreditar o número de usuarios deste servizo mediante a cobertura do anexo VI».

Disposición adicional única. Prazo de presentación de solicitudes

A publicación desta orde non supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2023

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Xuventude