DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2023 Páx. 53795

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 6 de setembro de 2023, do Servizo de Mobilidade de Lugo, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente LU-01788-O-2023 e catro máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Lugo acordou a incoación do expediente sancionador LU-01788-O-2023 e catro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Lugo.

Outórgaselles un prazo quince días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente e presentaren ou propoñeren as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Lugo, 6 de setembro de 2023

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF denunciado

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

LU-01788-O-2023

CO-1359-AK

26053583B

A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras, ou telo caducado ou falseado.

28.6.2023; 11.01; LU-540; 4,5

Artigo 141.21 da LOTT

Artigo 198.25 do ROTT

Artigo 201.d) do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

401 euros

LU-01933-O-2023

5545-HMM

33318167E

Exceso de peso superior ao 5 %.

9.8.2023; 8.45; AG-64; 55,9

Artigo 142.2 da LOTT

Artigo 143.1.c) da LOTT

301 euros

LU-01934-O-2023

7878-BCB

35561433Y

Realizar transporte privado de mercadorías utilizando un/unha condutor/a que carece do CAP.

11.8.2023; 1.40; N-120; 489,808

Artigo 140.18 da LOTT

Artigo 197.19 do ROTT

Artigo 201.h) do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

2.001 euros

LU-01935-O-2023

7878-BCB

35561433Y

A realización de transporte privado carecendo de autorización.

11.8.2023; 1.27; N-120; 489,808

Artigo 141.14 da LOTT

Artigo 198.18 do ROTT

Artigo 201.1.e) do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

601 euros

LU-01936-O-2023

7878-BCB

35561433Y

A utilización do tacógrafo sen realizar a súa calibración ou revisión periódica nos prazos e na forma establecidos.

11.8.2023; 1.35; N-120; 489,808

Artigo 140.34 da LOTT

Artigo 197.39 do ROTT

Artigo 143.1.g) da LOTT

1.001 euros