DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2023 Páx. 53797

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 30 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Malpica de Bergantiños (expediente IN407A 2023/301-1).

Expediente: IN407A 2023/301-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CTI, RBT Seixas e ampliación potencia CT Piñeiros (15ATY0).

Concello: Malpica de Bergantiños.

1. Características técnicas:

Modificación, mantendo a súa localización actual na parcela con referencia catastral 15044A015012610000ET, do apoio nº 135 (matrícula 9SQPPKIS) metálico tipo AM-AL-CH-630/11-CR pertencente á arquitectura da liña BRT-803 rexistrada no expediente IN407A 2016/2253-1, consistente na instalación dunha nova cruceta para derivación e de elementos de protección e manobra tipo XS.

Nova LMT aérea a 20 kV, de 81 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56 tendido sobre dous (2) apoios metálicos tipo AM-C-1000/14-H35-CA(CS) (apoio Pro-1) e FL-C-2000/14-H35-CA (apoio Pro-2), con orixe no apoio nº 135 modificado e remate no novo apoio metálico Pro-2. Neste novo apoio Pro-2, que se situará na parcela con referencia catastral 15044A015000800000EJ, no lugar de Seixas, proxéctase a instalación dun novo centro de transformación tipo intemperie, de 50 kVA de potencia e relación de transformación de 20/0,4-0,23 kV, dotado de pararraios autoválvulas, interruptor con relé de imaxe térmica e cadro de baixa tensión.

Desconexión e desmontaxe (peche e desmantelamento) do CT intemperie Piñeiros (expediente IN407A 2002/288-1/matrícula 15ATY0) de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20/0,4-0,23 kV.

En substitución do CT Piñeiros que se vai desmantelar, no mesmo apoio nº 74-5-1-CT (matrícula 9R7RK8NQ), de formigón tipo FL-HVH-1600/13 pertencente á arquitectura do treito da liña CBA-805 autorizado no expediente IN407A 1996/1-1, proxéctase a instalación dun novo CT intemperie de 100 kVA de potencia e relación de transformación de 20/0,4-0,23 kV dotado de pararraios autoválvulas, interruptor con relé de imaxe térmica e cadro de baixa tensión con tres (3) saídas (unha de reserva).

Reordenación e reforzo da rede de baixa tensión (RDBT) existente na zona, actualmente alimentada polo CT Piñeiros por desmantelar. Proxéctanse as seguintes operacións:

– Orixe: cadro de baixa tensión do novo CT intemperie proxectado. Conexión coa rede de baixa tensión existente mediante a instalación dun circuíto composto por 9 metros de condutor aéreo tipo RZ 3(1×150/80 mm² Al/Alm) e 53 metros de condutor soterrado tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm² Al) que remata en acoplamento por realizar en apoio de formigón tipo HV-250/9 existente. A partir deste punto desmontaranse 163 metros da rede aérea de baixa tensión (RBTA) en diferentes condutores, que será substituída por 163 metros de nova rede en condutor tipo RZ 3(1×95/54,6 mm² Al/Alm) ata un apoio de formigón tipo HV-300/9 existente e terá continuidade con outros 163 metros de nova rede en condutor tipo RZ 3(1×95/54,6 mm² Al/Alm) que rematará nun apoio de formigón tipo HV-630/11 existente.

– Orixe: cadro de baixa tensión do novo CT Piñeiros reformado. Conexión coa rede de baixa tensión existente mediante a desmontaxe de 13 metros de condutor aéreo tipo RZ 3(1×95/54,6 mm² Al/Alm) que é substituído por 13 metros de condutor aéreo (dous circuítos) tipo RZ 3(1×150/80 mm² Al/Alm). Un deles remata no acoplamento que se realizará en apoio de formigón tipo HV-630/9 existente. O outro circuíto continúa a partir deste acoplamento durante un treito de 120 metros ata alcanzar o novo apoio de formigón tipo HV-630/9 proxectado. Desde este apoio, tenderase un novo circuíto soterrado de baixa tensión (RBTS) de 89 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm² Al) ata rematar nun apoio de formigón tipo HV-630/11 existente.

– Outras melloras na rede. Desde o apoio de formigón tipo HV-300/9 existente situado á beira da Casa do Zoqueiro ata o apoio de formigón tipo HV-250/9 existente, proxéctase o tendido de 84 metros de condutor soterrado tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm² Al).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará a disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que xulguen axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 30 de agosto de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2023/301-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CTI, RBT Seixas e ampliación potencia CT Piñeiros (15ATY0).

Concello: Malpica de Bergantiños.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso
de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m²)

Lonxitude (m)

Superficie (m²)

1

Descoñecido

15044A015012610000ET

Chousa da Costa

Novo apoio Pro-1

2

177

Rústico. Agrario. Matogueira

2

Descoñecido

15044A015000800000EJ

Costa

Novo apoio Pro-1 (CTI)

2

149

Rústico. Agrario. Matogueira

3

Descoñecido

15044A015000370000EK

Agro Rouco

137

Rústico. Agrario. Matogueira