DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 19 de setembro de 2023 Páx. 53428

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 7 de setembro de 2023 pola que se modifica a autorización do centro privado Plurilingüe Liceo La Paz, da Coruña.

A titularidade do centro privado (CPR) Plurilingüe Liceo La Paz, da Coruña, solicita a modificación da autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior (CS) Acondicionamento Físico, e a supresión dun CS Ensinanza e Animación Sociodeportiva.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Autorizar o ciclo formativo de grao superior (CS) Acondicionamento Físico, e suprimir un CS Ensinanza e Animación Sociodeportiva; o centro queda configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: Centro Privado Plurilingüe.

Denominación específica: Liceo La Paz.

Código: 15004265.

Enderezo: Sebastián Martínez Risco, 1.

Localidade: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Titulares: Carlos Pérez Roca e Antonio Pintor Vidal.

Composición resultante:

Educación infantil: 15 unidades.

Educación primaria: 30 unidades.

Educación secundaria obrigatoria: 16 unidades.

Bacharelato:

– 8 unidades das modalidades de Ciencias e Tecnoloxía; Humanidades e Ciencias Sociais.

– 4 unidades da modalidade de Artes: vía de Artes Plásticas, Imaxe e Deseño e vía de Música e Artes Escénicas.

Formación profesional:

a) Ciclos formativos de grao medio (CM), modalidade presencial:

– 1 CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

– 2 CM Coidados Auxiliares de Enfermaría (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

– 1 CM Guía no Medio Natural e de Tempo Libre (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

– 1 CM Emerxencias Sanitarias (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

– 1 CM Farmacia e Parafarmacia (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

– 2 CM Sistemas Microinformáticos e Redes (4 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

– 1 CM Xestión Administrativa (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

b) Ciclos formativos de grao superior (CS) modalidade presencial:

– 2 CS Administración e Finanzas (4 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

– 1 CS Acondicionamento Físico (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

– 1 CS Ensinanza e animación Sociodeportiva (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

– 2 CS Administración de Sistemas Informáticos en Rede (4 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

– 2 CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (4 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

– 1 CS Desenvolvemento de Aplicacións Web (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

– 1 CS Dietética (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

– 1 CS Documentación e Administración Sanitarias (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

– 2 CS Educación Infantil (4 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

– 1 CS Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

– 1 CS Patronaxe e Moda (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

– 1 CS Transporte e Loxística (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

c) Ciclos formativos na modalidade semipresencial e/ou a distancia:

– CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia.

– CM Farmacia e Parafarmacia.

– CM Sistemas Microinformáticos e Redes.

– CM Xestión Administrativa.

– CS Administración e Finanzas.

– CS Administración de Sistemas Informáticos en Rede.

– CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma.

– CS Desenvolvemento de Aplicacións Web.

– CS Dietética.

– CS Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear.

– CS Documentación e Administración Sanitarias.

– CS Educación Infantil.

– CS Transporte e Loxística.

Ensinanzas para persoas adultas en quenda de tarde-noite:

– Educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.

– Bacharelato: 6 unidades das modalidades de Ciencias e Tecnoloxía, e de Humanidades e Ciencias Sociais.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do profesorado que impartirá docencia nos ditos ciclos, así como o equipamento.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Revisión da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando se deba modificar calquera dos datos que sinala esta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional
e Universidades