DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 19 de setembro de 2023 Páx. 53433

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), imponlle a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade nos meses de maio a agosto de 2023, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2023

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería
de Promoción do Emprego e Igualdade

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2023

Convenio

Data da
sinatura

Importe total

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, e a Congregación Hermanas Mercedarias de la Caridad para o mantemento de vivendas de transición para mulleres vítimas de violencia de xénero previas a un recurso de acollida, no marco do Pacto do Estado contra a violencia de xénero

11.5.2023

150.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, para a atención psicolóxica a mulleres e menores que sofren violencia de xénero e complementariamente a outras persoas do seu contorno familiar que vivan ou padezan situacións de violencia de xénero, e atención psicolóxica a homes con problemas de control de violencia no ámbito familiar

2.6.2023

337.039 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Concello da Coruña para o mantemento do centro de acollida para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero dependente do Concello

4.8.2023

49.950 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Concello de Ferrol para o mantemento do centro de acollida para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero dependente do concello

4.8.2023

49.950 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Concello de Lugo para o mantemento do centro de acollida para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero dependente do Concello

4.8.2023

49.950 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e Cáritas Diocesana de Ourense, para o mantemento dun dispositivo para a atención e acollida de mulleres vítimas de explotación sexual e trata

4.8.2023

20.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, para o mantemento dun dispositivo para a atención e acollida de mulleres vítimas de explotación sexual e trata

4.8.2023

20.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a entidade Aliad-Ultreia, para o mantemento dun dispositivo para a atención e acollida de mulleres vítimas de explotación sexual e trata

4.8.2023

45.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Fundación de Solidaridad Amaranta para o mantemento dun recurso de acollida en Ourense para mulleres que sofren violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

2.6.2023

252.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Fundación Secretariado Xitano para o desenvolvemento de accións de sensibilización e prevención da violencia de xénero entre a comunidade xitana en Galicia, enmarcadas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero

11.5.2023

25.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Asociación Saúde Mental A Mariña, para o mantemento dunha vivenda tutelada para mulleres con enfermidade mental que sofren violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

11.5.2023

150.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Confederación Galega de Asociacións Veciñais Rosalía de Castro (Cogave), para a posta en marcha dun programa de concienciación en igualdade, prevención e loita contra a violencia de xénero: Xuntos contra a violencia de xénero por unha sociedade libre e sen violencia, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

11.8.2023

15.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Asociación para Proxectos Globais de Inserción e Integración Sociolaborais-ALAR Galicia, para o desenvolvemento do proxecto Fénix, de medidas de prevención e intervención integral con menores agresores de violencia de xénero, enmarcado no Pacto de Estado contra a violencia de xénero

11.5.2023

60.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) para garantir unha atención integral ás mulleres xordas que sofren violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

4.8.2023

20.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a entidade Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, para o mantemento dun servizo de quenda psicolóxica para mulleres e os seus fillos e fillas menores afectados/as por violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

4.8.2023

60.000 €

Convenio de Colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Fundación Meniños para o desenvolvemento dun programa de intervención con mulleres vítimas de violencia sexual en Galicia

11.8.2023

140.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (Fademur) para o desenvolvemento de accións de información e formación fronte á violencia de xénero e apoio ás súas vítimas

4.8.2023

20.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra (Femupo) para o desenvolvemento do proxecto Mulleres en construción 3.0

4.8.2023

20.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro), para o desenvolvemento de accións de información e apoio ás vítimas da violencia de xénero no ámbito rural

4.8.2023

20.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Federación de Mulleres do Rural da Provincia de Lugo (Afammer), para o desenvolvemento de accións de sensibilización fronte á violencia de xénero e apoio ás súas vítimas.

4.8.2023

20.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (Fademur) para o desenvolvemento de actuacións en execución do Plan Corresponsables

4.8.2023

100.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Federación pola Igualdade das Mulleres da provincia de Pontevedra (Femupo) para o desenvolvemento de actuacións en execución do Plan Corresponsables

4.8.2023

100.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro) para o desenvolvemento de actuacións en execución do Plan Corresponsables

4.8.2023

100.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Universidade da Coruña para o desenvolvemento das actuacións necesarias para levar a cabo un estudo sobre corresponsabilidade nos coidados en Galicia, repartición do traballo doméstico e de coidados en execución do Plan Corresponsables

25.8.2023

20.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento das actuacións necesarias para levar a cabo un estudo sobre corresponsabilidade nos coidados en Galicia, repartición do traballo doméstico e de coidados en execución do Plan Corresponsables

25.8.2023

20.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento das actuacións necesarias para levar a cabo un estudo sobre corresponsabilidade nos coidados en Galicia, repartición do traballo doméstico e de coidados en execución do Plan Corresponsables

29.8.2023

20.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Club Praia de Pantín para desenvolver distintas accións previstas no Plan Corresponsables

28.8.2023

144.977,50 €

Convenio entre o Ministerio de Igualdade (Dirección Xeral de Diversidade Sexual e Dereitos LGTBI) e a Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación do servizo telefónico de información e atención integral en materia de LGTBIfobia

7.8.2023

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Asociación Alas Coruña (Asociación pola Liberdade Afectiva Sexual da Coruña) para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais)

5.7.2023

6.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Asociación Arelas (Asociación de Familias de Menores Trans de Galicia) para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais)

5.7.2023

6.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Asociación Avante LGTBI+ para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais)

5.7.2023

4.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Asociación Comité Ciudadano Antisida da Coruña-Casco para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais)

5.7.2023

6.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Asociación de mulleres para a Igualdade e a Visibilidade Lésbica LES-Coruña para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais)

5.7.2023

6.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Asociación Nós Mesmas para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais)

5.7.2023

6.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Fundación Ronsel para o desenvolvemento dun Programa mentoring traballo autónomo

23.5.2023

250.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria (Cixug) para o fomento do emprendemento a través de iniciativas empresariais de base tecnolóxica no ambito universitario de Galicia

20.7.2023

75.000 €

Convenio de colaboración entre a consellería de promoción do emprego e igualdade e as entidades beneficiarias do programa de formación dual nos centros especiais de emprego dentro das políticas activas de emprego previstas na Comunidade Autónoma, no marco do plan de recuperación, transformación e resiliencia

27.7.2023

360.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de actividades do Centro de Estudos Cooperativos (Cecoop) durante o ano 2023

4.5.2023

25.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Foro pola Economía Social Galega para a visibilización e fomento da participación da economía social galega durante o ano 2023

11.5.2023

60.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a Unión de Cooperativas Espazocoop e a Unión de Cooperativas Asociación Galega de Cooperativas Agrarias Agaca para a posta en marcha dun programa Es-mentoring en economía social, durante o ano 2023

14.6.2023

180.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Fundación Cel, Iniciativas por Lugo, para a financiación do Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Lugo Central e do Polo de emprendemento e apoio ao emprego da montaña lucense, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU

5.5.2023

240.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Fundación Venancio Salcines para o financiamento do Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Terras de Santiago e do Polo de emprendemento e apoio ao emprego das Mariñas, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU

5.5.2023

240.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Fundación Ronsel, para o financiamento do Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Valdeorras e do Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Pontevedra Leste e Sur, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU

10.5.2023

240.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Fundación Juana de Vega para o financiamento dun Polo de emprendemento e apoio ao emprego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU

5.5.2023

120.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Fundación Roberto Rivas para o financiamento do Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Miño Central, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU

12.5.2023

120.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a Universidade de Santiago de Compostela e a Confederación de Empresarios de Galicia, para o desenvolvemento do Global Entrepreneurship Monitor (Proxecto GEM) en España a nivel rexional

2.6.2023

40.000 €

Convenio entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a Secretaría Xeral de Emigración e Nuevo Microbank, S.A.U para o establecemento dunha liña de financiamento para emprendedores galegos retornados

14.6.2023

Sen contido económico

Convenio de colaboracion entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e as organizacións sindicais e empresariais no marco do proxecto FEAG-Empregal

24.8.2023

1.215.400 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Parques Empresariais (Fegape) para a formación en materia de igualdade a través do campus en liña da Dirección Xeral de Relacións Laborais

16.5.2023

Sen contido económico

Addenda de modificación do convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e o Comité Español de representantes de persoas con discapacidade de Galicia (Cermi Galicia) para a realización de programas integrados para o fomento da empregabilidade das persoas con discapacidade de Galicia, dentro das políticas activas de emprego previstas na Comunidade Autónoma, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia

13.6.2023

5.502.000 €

Addenda de modificación do convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Rede europea de loita contra a pobreza e a exclusión social no Estado español-Comunidade Autónoma de Galicia, para a realización de programas integrados para o fomento da empregabilidade dirixido a persoas vulnerables, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia

13.6.2023

2.100.000 €