DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 19 de setembro de 2023 Páx. 53423

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se fai pública a aprobación definitiva da corrección de erros na normativa e planos de ordenación do Plan xeral de ordenación municipal de Ares.

En cumprimento do disposto no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 144.18 e 199 do Decreto 143/2016, do 23 de setembro, polo que se aproba o seu regulamento, faise pública a aprobación definitiva da corrección de erros na normativa e planos de ordenación do Plan xeral de ordenación municipal de Ares, mediante a Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda do 30 de agosto de 2023, que figura como anexo.

Unha vez inscrita a devandita corrección de erros do Plan xeral de ordenación municipal no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia, a documentación íntegra deste, incluído o extracto ambiental, poderá consultarse na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/rexistro-de-planeamento-urbanistico-de-galicia

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2023

Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

ANEXO

Orde de aprobación definitiva da corrección de erros na normativa e planos de ordenación do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) de Ares

I. Antecedentes.

Primeiro. O PXOM do concello de Ares consta con aprobación definitiva, parcial e condicionada, segundo a Orde de aprobación definitiva do PXOM de Ares da Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, do 5.2.2020, publicada no DOG núm. 31, do 14.2.2020.

Segundo. En data 9.12.2021 (entrada 95534/RX 2887069) o Concello de Ares remítelle á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, para a súa aprobación definitiva, unha corrección de erro material na normativa e planos de ordenación do PXOM de Ares. A documentación achegada é a seguinte:

– Oficio de remisión.

– Certificado do acordo de aprobación polo Pleno.

– Informe técnico-xurídico municipal.

– Documento denominado Corrección de erro material na normativa e planos de ordenación do PXOM de Ares (ADP 5.2.2020).

Terceiro. En data 16.3.2022 (entrada 17496/RX 698741) o Concello de Ares remítelle á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo os planos debidamente dilixenciados, en cumprimento do requirimento efectuado pola Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo de data 7.3.2022.

A documentación achegada é a seguinte: planos 2_1_4, 2_1_5, 4_1, 4_2, 4_3, 4_4, 4_5, 4_6, 4_7, 5_1, 5_2, e 6_1, xunto co oficio de remisión.

Analizada a documentación, unicamente son obxecto de corrección de erros os seguintes planos: 2_1_4, 2_1_5, 4_4, 4_5, 4_6, 4_7 e 5_2.

Os planos 4_4, 4_5, 4_6, 4_7 e 5_2 conteñen unha deficiencia gráfica respecto dos aprobados no documento refundido do PXOM, xa que non achegan a trama do corredor ecolóxico POL (nin na ordenación nin na lenda), cuestión que debe ser emendada.

II. Análise e consideracións.

Primeiro. O documento remitido baixo a denominación Corrección de erro material na normativa e planos de ordenación do PXOM de Ares (ADP 05/02/2020), datado no mes de abril de 2021, expón que o PXOM de Ares posúe un erro material na redacción dada aos artigos 115 e 116 da súa normativa (rubricados como Plan especial fachada marítima de Ares (PE-1) e Plan especial fachada marítima de Redes (PE-2), respectivamente). Nos dous casos (PE-1 y PE-2) a remisión da ordenación a un plan especial fundaméntase expresamente na previsión contida na disposición transitoria terceira, número 3 da Lei 22/1988, de costas, considerando que o dito precepto exixe o seguinte: «o sinalamento ou reaxuste de aliñacións e rasantes e a ordenación dos volumes no ámbito delimitado deberase realizar mediante a redacción dun plan especial» cando a dicción literal do precepto o que establece é o seguinte: «(…) O sinalamento de aliñacións e rasantes, a adaptación ou reaxuste dos existentes, a ordenación dos volumes e o desenvolvemento da rede viaria levarase a cabo mediante estudos de detalle e outros instrumentos urbanísticos adecuados, que deberán respectar as disposicións desta lei e as determinacións das normas que se aproban conforme ela».

A corrección proposta consiste en substituír, en cada un dos preceptos citados, a referencia ao «plan especial» pola dun «estudo de detalle ou outros instrumentos de ordenación axeitados», en consonancia co teor literal da DT 3ª.3 da Lei 22/1988, de costas.

De igual forma, a simboloxía que se incorpora nos planos de ordenación, identificando os ámbitos como plan especial (PE) deberá substituírse por «fachada marítima» (FM).

Segundo. Segundo o artigo 109 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, estas poderán rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia de parte, os errores materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos.

Constitúe reiterada doutrina xurisprudencial a consideración que para poder aplicar o mecanismo procedemental de rectificación de erros materiais ou de feito se require que se trate de simples equivocacións elementais de nomes, datas, operacións aritméticas ou transcricións de documentos; é mester considerar que o erro material ou de feito se caracteriza por ser ostensible, manifesto, indiscutible e evidente por si mesmo, sen necesidade de maiores razoamentos, e que se aprecie tendo en conta exclusivamente os datos do expediente administrativo en que se advirte.

Aínda que sempre debe empregarse a corrección de erros de xeito restritivo, no caso que nos ocupa o erro material da transcrición é indiscutible, evidente, manifesto e constatado coa comprobación dos documentos que obtiveron a aprobación definitiva, o que fai que sexa procedente a súa emenda, polo que procede a súa rectificación ao abeiro do previsto no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Consonte a xustificación achegada polo Concello de Ares, cúmprense os requisitos do erro material, pois trátase dun erro material constatable, que non precisa de interpretación nin valoración xurídica.

III. Competencia.

O artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, establece que «As administracións públicas poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes non seus actos».

A competencia para resolver correspóndelle á Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, de conformidade co disposto nos artigos 60, 61 e 83.5 da Lei do solo de Galica, e no Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

IV. Resolución.

En consecuencia, visto o que antecede e a proposta literal da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, e de acordo co establecido no artigo 60.16 da Lei 2/2016, do solo de Galicia,

RESOLVO:

1. Outorgarlle a aprobación á presente corrección de erros na normativa e planos de ordenación do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Ares, segundo a documentación aprobada polo Pleno do Concello en data 23.11.2021 e que afecta os artigos 115 e 116 da Normativa, e planos 2_1_4, 2_1_5, 4_4, 4_5, 4_6, 4_7 e 5_2, coa condición da corrección dos planos 4_4, 4_5, 4_6, 4_7 e 5_2, nos cales se debe engadir o corredor ecolóxico POL que figura no documento refundido aprobado.

2. De conformidade co artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e o artigo 212.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo inscribirá de oficio a corrección de erros do Plan xeral de ordenación municipal de Ares no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia.

3. De conformidade co disposto polos artigos 82 e 88.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o Concello deberá publicar no BOP a Normativa e Ordenanzas, unha vez inscrito no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico.

4. Notifíqueselle esta orde ao Concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 199.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.

5. Contra esta orde cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 a 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.