DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 18 de setembro de 2023 Páx. 53357

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2023/094-4).

Expediente: IN407A 2023/094-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: substitución tramos BAL7270450, BAL7270446, BAL7290855 e BAL7250699 entre varios CT.

Concello: Vigo.

Feitos:

Primeiro. O 16 de febreiro de 2023, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación eléctrica substitución tramos BAL7270450, BAL7270446, BAL7290855 e BAL7250699 entre varios CT.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade a renovación da rede existente mediante as seguintes actuacións previstas ao longo da avenida do Fragoso desde o número 91, en dirección á rúa da Coruña, e finalizando na rúa Conde de Torrecedeira, á altura do número 113, no concello de Vigo:

Déixanse sen servizo 1574 metros no tramo BAL7270450, 93 metros no tramo BAL7290855 e 465 metros no tramo BAL7250699.

Desmóntanse 30 metros no tramo BAL7270446.

Para realizar a renovación, proxéctanse os seguintes tramos de liña de media tensión subterránea en condutor RHZ1:

– 1.679 metros desde o empalme coa LMTS existente BAL7270448 ata o CT Torrecedeira 113 (36SMH5).

– 108 metros desde o empalme coa LMTS BAL7290859 ata o empalme coa LMTS BAL7290855.

– 477 metros desde o empalme coa LMTS existente BAL7250699 ata o empalme coa LMTS BAL7250699.

Segundo. Esta xefatura territorial solicitoulles o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Vigo e o Servizo do Patrimonio Cultural. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Segunda. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

Terceira. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, de 1.679 metros de lonxitude, con orixe no empalme coa LMTS BAL7270448, na avenida do Fragoso á altura do número 91, e final no centro de transformación Conde de Torrecedeira 113.

– LMTS a 15 kV, con condutor RHZ1, de 108 metros de lonxitude, con orixe no empalme coa LMTS BAL7290859, na avenida do Fragoso á altura do número 31, e final no empalme coa LMTS BAL7290855, na rúa Manolo Martínez á altura do número 9.

– LMTS 15 kV, con condutor RHZ1, de 477 metros de lonxitude, con orixe no empalme coa LMTS BAL7250699, na rúa Coruña á altura do número 1, e final no empalme coa LMTS BAL7250699, na praza de Eugenio Fadrique á altura do número 1.

A instalación está situada na avenida do Fragoso e rúa Conde de Torrecedeira, no concello de Vigo (Pontevedra).

Conforme o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgarlle a UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada Substitución tramos BAL7270450, BAL7270446, BAL7290855 e BAL7250699 entre varios CT, expediente IN407A 2023/094-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que se manterán sempre as condicións regulamentarias de seguridade. Deberanse cumprir en todo momento as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Terceiro. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 28 de agosto de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra