DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 18 de setembro de 2023 Páx. 53361

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Guarda (expediente IN407A 2023/066-4).

Expediente: IN407A 2023/066-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS ROS808 e substitución CTI Vixases (36AN07) por CTC.

Concello: A Guarda.

Feitos:

Primeiro. O 9 de febreiro de 2023, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMTS ROS808 e substitución CTI Vixases (36AN07) por CTC.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade as seguintes actuacións no lugar de Fonte Quente, no concello da Guarda:

Retirada do centro de transformación intemperie (CTI) Vixases (36AN07) de 160 kVA situado en dous apoios de formigón (9O6KLD8C), localizados na parcela con referencia catastral 36023A022090010000UK.

En substitución do CTI Vixases proxéctase a instalación dun centro de transformación de 250 kVA de potencia, compacto de manobra exterior 2L1P telecontrolado con GPRS/FO en envolvente prefabricada de formigón con telexestión BT, conectado aos tramos ROS8080068 e ROS8080020.

Retirada de 102 metros de liña de media tensión aérea (LMTA) no tramo ROS8080068, 11 metros no tramo ROS8080020 e 29 metros no tramo ROS8080067. Tamén se retiran os apoios de formigón 9O7C2EWB e 9O73SJF4 e os XS 36HM40.

Instalación de dous apoios frecuentados de tipo C-2000/18 e C-2000/14 que se instalarán baixo o trazado da liña de media tensión existente, así como o retensado dos vans contiguos (88 metros).

Para alimentar o centro de transformación proxéctase a instalación dunha liña de media tensión subterránea (LMTS) de 272 metros.

Segundo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello da Guarda, a Axencia Galega de Infraestruturas e o Instituto de Estudos do Territorio.

Os organismos non emitiron os condicionados técnicos, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, consonte co disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar.

Terceiro. Mediante escrito do 17 de marzo de 2023, esta xefatura territorial notificou a solicitude da autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da referida instalación eléctrica ás persoas que figuran afectadas pola declaración de utilidade pública na relación de bens e dereitos achegada pola empresa promotora.

Cuarto. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 17 de marzo de 2023 publicada nos seguintes medios:

– DOG (Diario Oficial de Galicia): 17 de abril de 2023.

– Xornal Faro de Vigo: 8 de maio de 2023.

– Taboleiro de anuncios do Concello da Guarda.

– Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

Durante este trámite non se recibiron alegacións.

Quinto. O 6 de marzo e o 31 de marzo de 2023, UFD comunicou que chegou a un acordo coas persoas afectadas e, polo tanto, xa non é necesaria a declaración de utilidade pública das instalacións obxecto do proxecto. Coa solicitude, UFD presentou copia dos acordos acadados.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG nº 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

Segundo. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

Terceiro. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, en dúas actuacións. A primeira é de 227 metros, con orixe no paso aéreo subterráneo (PAS) no apoio proxectado C-2000/14, no tramo ROS8080068, e final no centro de transformación proxectado. A segunda é de 45 metros, con orixe no centro de transformación proxectado e final no paso aéreo subterráneo no apoio proxectado C-2000/18 no tramo ROS8080020.

Centro de transformación compacto (CTC) a 250 kVA, con RT 20 kV/400 V, situado nas parcelas 961 e 956 do polígono 24 do lugar Bouza Grande.

Retensado dos vans contiguos aos apoios proxectados.

Retirada do centro de transformación intemperie Vixases (36AN07)

A instalación está situada en Fonte Quente, no municipio da Guarda (Pontevedra).

Consonte co indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTS ROS808 e substitución CTI Vixases (36AN07) por CTC, expediente IN407A 2023/066-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberanse cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Terceiro. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 28 de agosto de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra