A Orde do 14 de xuño de 2023 (DOG núm. 121, do 27 de xuño), conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas para completar a etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do sistema de I+D+i galego, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.
O obxecto desta convocatoria é outorgar axudas ás universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur) e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia, que contraten persoas co grao de doutor que se atopen na data de peche da convocatoria nalgún dos seguintes supostos:
a) Que estiveran contratadas na modalidade A da convocatoria de axudas posdoutorais de 2019 e que non renunciasen ao contrato.
b) Que estiveran contratadas a través da modalidade A da convocatoria de axudas posdoutorais de 2018, que tiveron unha interrupción e prórroga do contrato polas causas establecidas na lei, que finalizaron o contrato e que non se presentaron á convocatoria de axudas para completar a etapa de formación posdoutoral de 2022.
No artigo 2.1 da orde de convocatoria determínase quen pode ser beneficiario e no artigo 2.2 os requisitos que deben cumprir as persoas candidatas ás axudas.
De acordo co establecido no artigo 9 desta convocatoria, unha vez analizadas as solicitudes e tras constatar que non existían causas de exclusión en ningunha delas, o día 2 de agosto de 2023 publicouse a lista definitiva de solicitudes admitidas e excluídas.
As solicitudes foron ponderadas por un equipo avaliador formado por persoas expertas de fóra do sistema de I+D+i galego, coa colaboración da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), a partir da documentación indicada no artigo 6 da convocatoria e segundo o baremo que se indica no artigo 10.
O resultado desta avaliación entregóuselle á Comisión de Selección definida no artigo 11 da orde de convocatoria. A Comisión de Selección elaborou un informe para os órganos instrutores en que figuran as entidades beneficiarias, xunto coa prelación das persoas candidatas a seren destinatarias das axudas. Non se estableceu ningunha lista de espera debido a que no ámbito das universidades do SUG o número de solicitudes presentadas foi inferior ao de axudas convocadas e, no ámbito doutras entidades solicitantes do artigo 2 da convocatoria, o número de solicitudes presentadas foi igual ao de axudas convocadas.
A competencia para resolver estas axudas correspóndelles conxuntamente á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e á persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación, de acordo co artigo 12 da convocatoria.
En consecuencia, de acordo co establecido no artigo 11 das bases da convocatoria e atendendo á proposta de concesión elevada polos órganos instrutores a partir do informe da Comisión de Selección, reunida o día 21 de agosto de 2023, a través da Secretaría Xeral de Universidades e da Axencia Galega de Innovación,
RESOLVEMOS:
Primeiro. Conceder as axudas para completar a etapa de formación posdoutoral convocadas pola Orde do 14 de xuño de 2023 ás entidades que contraten as persoas seleccionadas que se relacionan no anexo.
Segundo. Non se establece unha lista de agarda xa que hai un número igual ou inferior de solicitudes que axudas convocadas.
Terceiro. Todas as solicitudes que figuran no anexo desta resolución cumpren os requisitos establecidos nas bases da convocatoria. Así mesmo, as solicitudes que non figuran relacionadas no citado anexo entenderanse denegadas ou desestimadas.
Cuarto. A data de comezo dos contratos será o día 16 de setembro de 2023.
Quinto. As axudas concedidas financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023 e anos sucesivos, de acordo coa seguinte distribución segundo a estrutura de pagamento recollida no artigo 15 das bases da convocatoria.
Universidades do SUG: 16 axudas.
O importe das axudas das universidades do SUG imputarase ao Plan galego de financiamento universitario para o período 2022-2026.
Aplicación orzamentaria |
Universidade |
Nº de axudas |
Crédito (en euros) |
|||
2023 |
2024 |
2025 |
Total |
|||
10.03.561B.444.0 |
USC |
8 |
20.666,64 |
312.000,00 |
311.333,36 |
644.000,00 |
10.03.561B.744.0 |
40.000,00 |
80.000,00 |
80.000,00 |
200.000,00 |
||
Total |
60.666,64 |
392.000,00 |
391.733,36 |
844.000,00 |
||
10.03.561B.444.0 |
UVIGO |
8 |
20.666,64 |
312.000,00 |
311.333,36 |
644.000,00 |
10.03.561B.744.0 |
40.000,00 |
80.000,00 |
80.000,00 |
200.000,00 |
||
Total |
60.666,64 |
392.000,00 |
391.733,36 |
844.000,00 |
||
Total SUG |
121.333,28 |
784.000,00 |
782.666,72 |
1.688.000,00 |
Demais entidades: 3 axudas.
Aplicación orzamentaria |
Entidade |
Nº de axudas |
Crédito (en euros) |
|||
2023 |
2024 |
2025 |
Total |
|||
05.A2.561A.403.0 (2016 00004) |
Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC |
1 |
2.583,33 |
39.000,00 |
38.916,67 |
80.500,00 |
05.A2.561A.703.0 (2016 00004) |
5.000,00 |
10.000,00 |
10.000,00 |
25.000,00 |
||
Total |
7.583,33 |
49.000,00 |
48.916,67 |
105.500,00 |
||
05.A2.561A.403.0 (2016 00004) |
Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC |
1 |
2.583,33 |
39.000,00 |
38.916,67 |
80.500,00 |
05.A2.561A.703.0 (2016 00004) |
5.000,00 |
10.000,00 |
10.000,00 |
25.000,00 |
||
Total |
7.583,33 |
49.000,00 |
48.916,67 |
105.500,00 |
||
05.A2.561A.481.0 (2016 00004) |
Fundación Profesor Novoa Santos |
1 |
2.583,34 |
39.000,00 |
38.916,66 |
80.500,00 |
05.A2.561A.781.0 (2016 00004) |
5.000,00 |
10.000,00 |
10.000,00 |
25.000,00 |
||
Total |
7.583,34 |
49.000,00 |
48.916,66 |
105.500,00 |
||
Total outras entidades |
22.750,00 |
147.000,00 |
146.750,00 |
316.500,00 |
Sexto. As entidades beneficiarias deberán remitir un escrito de aceptación da axuda á Secretaría Xeral de Universidades, no caso das universidades do SUG, ou á Axencia Galega de Innovación, no caso das demais entidades indicadas no artigo 2 da convocatoria, no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, e vincularán as persoas seleccionadas aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato.
Sétimo. O artigo 15 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.
Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e as demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.
Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no caso de solicitudes pertencentes ao SUG, e ante a persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación nos restantes casos, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2023
O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades |
María Jesús Lorenzana Somoza |
ANEXO
Axudas concedidas
Universidade de Santiago de Compostela.
Nº exp. |
Entidade |
Persoa investigadora |
Rama de coñecemento |
Puntos finais |
ED481D 2023/012 |
USC |
Gonzalo Pérez de Lis Castro |
Ciencias |
90,00 |
ED481D 2023/013 |
USC |
Xabier García Feal |
Ciencias |
86,00 |
ED481D 2023/010 |
USC |
Alberto Pardo Montero |
Ciencias da saúde |
85,00 |
ED481D 2023/016 |
USC |
María Jesús García Guimarey |
Enxeñaría e arquitectura |
83,00 |
ED481D 2023/011 |
USC |
Pablo Souza Alonso |
Ciencias |
83,00 |
ED481D 2023/008 |
USC |
Marta Castiñeira Reis |
Ciencias |
82,00 |
ED481D 2023/014 |
USC |
Juan José Parajó Vieito |
Ciencias |
78,00 |
ED481D 2023/001 |
USC |
Lorena Maneiro Boo |
Ciencias sociais e xurídicas |
76,50 |
Universidade de Vigo.
Nº exp. |
Entidade |
Persoa investigadora |
Rama de coñecemento |
Puntos finais |
ED481D 2023/006 |
UVIGO |
Miguel Ángel Álvarez Vázquez |
Arte e humanidades |
98,00 |
ED481D 2023/015 |
UVIGO |
Aida María Díez Sarabia |
Enxeñaría e arquitectura |
92,00 |
ED481D 2023/002 |
UVIGO |
Raquel Fernández González |
Ciencias sociais e xurídicas |
86,63 |
ED481D 2023/005 |
UVIGO |
Jesús Balado Frías |
Enxeñaría e arquitectura |
84,00 |
ED481D 2023/003 |
UVIGO |
Martín Pérez Pérez |
Enxeñaría e arquitectura |
83,00 |
ED481D 2023/009 |
UVIGO |
Ana Sousa Castillo |
Ciencias |
77,89 |
ED481D 2023/007 |
UVIGO |
Andreu Blanco Cartagena |
Ciencias |
76,18 |
ED481D 2023/018 |
UVIGO |
Víctor Hernando Morales |
Ciencias |
75,79 |
Outras entidades.
Nº exp. |
Entidade |
Persoa investigadora |
Rama de coñecemento |
Puntos finais |
IN606C-2023/003 |
Fundación Profesor Novoa Santos |
Marta Varela Eirín |
Ciencias da saúde |
96,4833 |
IN606C-2023/001 |
Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC |
María López Acosta |
Ciencias |
89,0000 |
IN606C-2023/002 |
Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC |
David García Casas |
Artes e humanidades |
80,0000 |