DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 12 de setembro de 2023 Páx. 52489

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilamartín de Valdeorras

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que non se pode determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa ou se ignora o lugar de notificación, os titulares dos bens que se relacionan a seguir son descoñecidos ou resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da acta inspección

Ref. catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa responsable

4.8.2023

32089A003000070000QH

Saraballa, barrio Santiago (polígono 3, parcela 7)

Saturnina Simón Rodríguez

4.8.2023

32089A003003680000QQ

Nogueiro Pinto, barrio Santiago (polígono 3, parcela 368)

Saturnina Simón Rodríguez

4.8.2023

32089A003004930000QA

Buqueriña, barrio Santiago (polígono 3, parcela 493)

Descoñecido

4.8.2023

32089A003002800000QT

Sarabella, barrio Santiago (polígono 3, parcela 280)

Jaime Casal Álvarez

4.8.2023

32089A003000980000QJ

Viña Cerrada, barrio Santiago (polígono 3, parcela 98)

Belisario González Real

4.8.2023

32089A003000970000QI

Viña Cerrada, barrio Santiago (polígono 3, parcela 97)

Manuel Álvarez Pumares

4.8.2023

32089A003000950000QD

Viña Cerrada, barrio Santiago (polígono 3, parcela 95)

Domingo López González

4.8.2023

32089A003000890000QO

O Souto, barrio Santiago (polígono 3, parcela 89)

Servando Pérez Potente

4.8.2023

32089A003000880000QM

O Souto, barrio Santiago (polígono 3, parcela 88)

Vicente Fernández Fernández

4.8.2023

32089A003017370000QI

Santiago, barrio Santiago (polígono 3, parcela 1737)

Emilia Fernández Nogueira

4.8.2023

32089A003000810000QY

O Souto, barrio Santiago (polígono 3, parcela 81)

Alfonso Sánchez Álvarez

4.8.2023

32089A003003670000QG

Devesa, barrio Santiago

(polígono 3, parcela 367)

Adelina Barjacoba González

4.8.2023

32089A001020760000QF

Horto, barrio Santiago

(polígono 1, parcela 2076)

Adelina Barjacoba González

4.8.2023

32089A003003660000QY

Nogueiro Pinto, barrio Santiago

(polígono 3, parcela 366)

Pastora Fernández Campos

4.8.2023

32089A003003640000QA

Nogueiro Pinto, barrio Santiago

(polígono 3, parcela 364)

Pedro Álvarez Fernández

4.8.2023

32089A001020730000QP

Padro Aberto, barrio Santiago

(polígono 1, parcela 2073)

Pedro Álvarez Fernández

4.8.2023

32089A001020630000QH

Nogueiro Pinto, Barrio Santiago

(polígono 1, parcela 2063)

Manuel González Calvo

4.8.2023

32089A001020680000QG

Nogueiro Pinto, barrio Santiago

(polígono 1, parcela 2068)

Gervasio González Álvarez

1º. En virtude do que antecede, comunícaselles que na acta de inspección referenciada se comprobou que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispoñen dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas cada tres (3) meses, cuxa contía será de 900,00 euros por hectáreas de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área for inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben poderase proceder á execución subsidiaria a través da realización, por parte da Administración, das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto. En todo caso, a contía mínima que se impoñerá por multa coercitiva será de 100 euros, con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión de biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias pola Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. O Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obriga de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria, e será notificada á persoa responsable para o seu pagamento.

Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:

Nº de expediente

Ref. catastral

ha afectadas por execución subsidiaria

Estimación prezo por ha

Liquidación provisional

335/2023

32089A003000070000QH

0,0062 ha

5.300,00 €

32,86 €

335/2023

32089A003003680000QQ

0,00932 ha

5.300,00 €

49,40 €

335/2023

32089A003004930000QA

0,00255 ha

5.300,00 €

13,51 €

335/2023

32089A003002800000QT

0,00684 ha

5.300,00 €

36,25 €

335/2023

32089A003000980000QJ

0,0112 ha

5.300,00 €

59,36 €

335/2023

32089A003000970000QI

0,01398 ha

5.300,00 €

74,09 €

335/2023

32089A003000950000QD

0,00981 ha

5.300,00 €

51,99 €

335/2023

32089A003000890000QO

0,00137 ha

5.300,00 €

7,26 €

335/2023

32089A003000880000QM

0,00619 ha

5.300,00 €

32,81 €

335/2023

32089A003017370000QI

0,01752 ha

5.300,00 €

92,86 €

335/2023

32089A003000810000QY

0,03379 ha

5.300,00 €

179,09 €

335/2023

32089A003003670000QG

0,01428 ha

5.300,00 €

75,68 €

335/2023

32089A001020760000QF

0,01576 ha

5.300,00 €

83,53 €

335/2023

32089A003003660000QY

0,00724 ha

5.300,00 €

38,37 €

335/2023

32089A003003640000QA

0,00309 ha

5.300,00 €

16,38 €

335/2023

32089A001020730000QP

0,03981 ha

5.300,00 €

210,99 €

335/2023

32089A001020630000QH

0,00222 ha

5.300,00 €

11,77 €

335/2023

32089A001020680000QG

0,00651 ha

5.300,00 €

34,50 €

4º. A falta de cumprimento das obrigas indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no cal se poderán adoptar medidas de carácter provisional, consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais e comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VIII da Lei 3/2007.

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a. A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b. O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c. A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer no caso de infracción leve: 1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000,00 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

Vilamartín de Valdeorras, 22 de agosto de 2023

Enrique Álvarez Barreiro
Alcalde presidente