DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 12 de setembro de 2023 Páx. 52494

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilamartín de Valdeorras

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e intentada a notificación á persoa responsable sen que fose posible efectuala por causas non imputables ao Concello de Vilamartín de Valdeorras, mediante este anuncio ponse de manifesto o incumprimento por parte da persoa responsable que a continuación se indica da obriga de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas en relación coa parcela que se describe, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da acta de inspección

Referencia catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa responsable

6.7.2023

32089A011003530000QF

Os Cortiñeiros, San Miguel do Outeiro/polígono 11/parcela 353

Agustín López Cao

6.7.2023

32089A011003460000QQ

Os Cortiñeiros, San Miguel do Outeiro/polígono 11/parcela 346

Víctor Santalla Crespo (hros.)

6.7.2023

32089A011003470000QP

Os Cortiñeiros, San Miguel do Outeiro/polígono 11/parcela 347

Víctor Santalla Crespo (hros.)

6.7.2023

32089A011003510000QL

Os Cortiñeiros, San Miguel do Outeiro/polígono 11/parcela 351

Víctor Santalla Crespo (hros.)

6.7.2023

32089A011003550000QO

Os Cortiñeiros, San Miguel do Outeiro/polígono 11/parcela 355

Víctor Santalla Crespo (hros.)

6.7.2023

32089A011003560000QK

Os Cortiñeiros, San Miguel do Outeiro/polígono 11/parcela 356

Víctor Santalla Crespo (hros.)

6.7.2023

32089A011003570000QR

Os Cortiñeiros, San Miguel do Outeiro/polígono 11/parcela 357

Víctor Santalla Crespo (hros.)

1º. En virtude do que antecede, comunícaselles que na acta de inspección indicada se comprobouse que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispoñen dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas cada tres (3) meses, cuxa contía será de 900 euros por hectáreas de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área for inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben poderase proceder á execución subsidiaria a través da realización, por parte da Administración, das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto. En todo caso, a contía mínima que se impoñerá por multa coercitiva será de 100 euros, con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da dita Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de que proceda a execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias pola Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. O Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obriga de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria, e será notificada á persoa responsable para o seu pagamento.

Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:

Nº de expediente

Ref. catastral

ha afectadas por execución subsidiaria

Estimación
prezo por ha

Liquidación provisional

297/2023

32089A011003530000QF

0,0041 ha

5.300 €

21,730 €

297/2023

32089A011003460000QQ

0,00575 ha

5.300 €

30,475 €

297/2023

32089A011003470000QP

0,00928 ha

5.300 €

49,184 €

297/2023

32089A011003510000QL

0,00604 ha

5.300 €

32,012 €

297/2023

32089A011003550000QO

0,00618 ha

5.300 €

32,754 €

297/2023

32089A011003560000QK

0,00472 ha

5.300 €

25,016 €

297/2023

32089A011003570000QR

0,0120 ha

5.300 €

63,653 €

4º. A falta de cumprimento das obrigas indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no cal se poderán adoptar medidas de carácter provisional, consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais e comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

5º. O texto íntegro da comunicación estará á disposición das persoas destinatarias na sede electrónica do Concello de Vilamartín de Valdeorras.

Vilamartín de Valdeorras, 22 de agosto de 2023

Enrique Álvarez Barreiro
Alcalde presidente