DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 12 de setembro de 2023 Páx. 52487

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tomiño

ANUNCIO de notificación en procedementos de execución subsidiaria de xestión da biomasa.

Mediante decretos de Alcaldía do 6 de xullo de 2023, 7 de xullo de 2023, 13 de xullo de 2023 e 21 de xullo de 2023, acórdase ordenar a execución forzosa mediante a execución subsidiaria de limpeza de parcelas, consistente na xestión da biomasa das parcelas referidas no cadro adxunto.

De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou o medio a que se refire o ordinal 1º deste artigo, ou ben, tentada a notificación, non se puidese efectuar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, poñendo en coñecemento do interesado que o contido íntegro do mencionado decreto está á súa disposición no Departamento de Urbanismo do Concello de Tomiño, de conformidade co disposto no artigo 46 da mencionada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. Unha vez transcorrido dito prazo, a notificación enténdese producida, e o/a interesado/a poderá interpoñer os seguintes recursos: a) Con carácter potestativo, recurso de reposición, ante a Alcaldía, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da notificación. Se transcorre un mes desde o día seguinte ao da interposición do recurso de reposición sen que este fose resolto e notificado, poderá entender que foi desestimado e interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de seis meses. b) Recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo, dentro do prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación.

Poderá interpoñer calquera outro que crea conveniente ao seu dereito.

Nº de expediente

Nome/DNI/CIF

Referencia catastral

1581/2022

Herdeiros de Alejandro Fernández Vizoso

36054A032002470000EQ/ 36054A032002470001RW

1825/2022

En investigación

336054A067000070000EH/ 36054A067000070001RJ

2158/2022

Juan Peixoto

36054A097002270000ET

2353/2022

En investigación

36054A024009190000ED

1906/2022

A36349090

36054A061003700000EJ

2120/2022

A36349090

36054A061003640000ED

2073/2022

B36146769

36054A045001920000EE

2119/2022

Isolina Alonso Senra

36054A061003710000EE

2781/2022

Alba Fernández Martínez

36054B510016890000LY/ 36054B510016890001BU

Tomiño, 11 de agosto de 2023

A alcaldesa
P.D. (Decreto do 21.7.2023)
Ana Belén Casaleiro González
Concelleira de Medio Ambiente e Axenda 2030