DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 12 de setembro de 2023 Páx. 52426

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 18 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Muxía (expediente IN407A 2023/251-1).

Expediente: IN407A 2023/251-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTA ITC lugar Aldea Merexo.

Situación: concello de Muxía.

1. Características técnicas:

Para atender unha solicitude de aumento de potencia do CT particular Prodemar (matrícula 15PMU2), proxéctase reformar o treito da LMT DVL-805 rexistrado no expediente 50.071 denominado derivada ao CT Merexo (expediente IN407A 2016/2814-1/matrícula 15X677), en condutor tipo LA-30, comprendido entre os seus apoios nº 95-8-11 (matrícula 98BRXER7), de formigón tipo AM-HV-630/15-CR1-CAI, e nº 95-8-12-1-CT (matrícula 98BD0JUU), de formigón tipo FL-HV-1000/11-CR1-CAIII. A reforma consistirá en:

– Instalación, modificando a traza da liña, de xeito intercalado entre os ditos apoios nº 95-8-11 e nº 95-8-12-1-CT en que se atopa instalado o CT intemperie Merexo, de dous (2) novos apoios metálicos tipo AG-C-1000/14-H35-CAI e AG-C-3000/16-H35-CAI, identificados como apoio Pro-1 e apoio Pro-2, respectivamente.

– Tendido de novo condutor tipo LA-56, no novo treito de liña de 45 metros de lonxitude con orixe no novo apoio Pro-1 e remate no apoio nº 95-8-12-1-CT, pasando polo novo apoio Pro-2. Esta operación implicará a desconexión e desmonte do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no treito de 42 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio Pro-1 e o apoio nº 95-8-12-1-CT existente.

– Tendido, no treito de 6 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio Pro-2 e o apoio nº 95-8-12 (matrícula 98BDOJUI), metálico tipo AG-C-2000/18-CR1-CAI, de novo condutor tipo LA-56.

– Instalación, no apoio nº 95-8-12 existente, dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control, que pasa a ter a condición de frecuentado. Esta operación implicará a retirada dos elementos de protección e manobra tipo XS actualmente instalados, que pasarán a ser instalados no novo apoio proxectado Pro-2.

– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no van da LMT derivada ao CT Merexo de 151 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 95-8-11 existente e o novo apoio Pro-1 proxectado.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, de ser o caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará a disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 áss 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 18 de agosto de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2023/251-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTA ITC lugar Aldea Merexo.

Situación: concello de Muxía.

Predio

Lugar

Referencia catastral

Cultivo

Propiedade/titularidade

Apoio (pleno

dominio)

Voo servidume de paso aéreo

de enerxía eléctrica

Núm.

Superf. (m2)

Lonx.

(m)

Superf.

(m2)

1

Prado de Golán

15053A004000270000RL

Rústico. Agrario.

Herdeiros de Manuel Leis Mouzo

Novos apoios Pro-1 e Pro-2

2+2 = 4

30

284,72