DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 12 de setembro de 2023 Páx. 52430

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 7 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto de execución do parque eólico Carballal, no concello da Pastoriza (expediente IN408A/2018/016).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; así como na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Antecedentes:

• O 23.4.2018, Greenalia Wind Power, S.L.U. presentou solicitude de autorización administrativa previa e de construción, a declaración de utilidade pública, así como a aprobación do proxecto sectorial para o parque eólico Carballal (IN408A/2018/016), no concello da Pastoriza, na provincia de Lugo, ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola disposición derradeira sétima da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro) e modificada pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

• O 24.10.2018, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais notificoulle á citada sociedade o cumprimento dos requisitos establecidos nos artigos 30 e 31 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

• O 20.1.2020, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe de referencia do artigo 33.7 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, onde se indica que o cumprimento da distancia mínima de 500 m dos aeroxeradores a núcleos de poboación (regulada no punto 3.1 do Psega respecto das delimitacións dos núcleos rurais, solo urbano e solo urbanizable).

• O 12.8.2022, a promotora presenta renuncia o trámite de declaración de utilidade pública, indicando que se solicitará nun futuro.

• O 5.9.2023 e de acordo co artigo 33.9 da Lei 8/2009, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais achega a esta xefatura territorial o expediente completo para continuar coa súa tramitación.

As instalacións incluídas no proxecto descríbense a seguir:

Solicitante/promotora: Greenalia Wind Power, S.L.U. NIF B70501473.

Domicilio social: praza María Pita, nº 10-1º, 15001 A Coruña.

Denominación do proxecto: proxecto de execución do parque eólico Carballal, no termo municipal da Pastoriza.

Situación: concello da Pastoriza (Lugo).

Áreas de desenvolvemento eólico (ADE): Pastoriza e A Pastoriza.

Potencia instalada: 37,80 MW.

Número de aeroxeradores que se vai instalar: 9.

Produción neta anual estimada: 104.888 MWh/ano.

Orzamento total (execución material): 27.530.403,25 €.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

Vértice

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

1

633.810

4.799.786

2

633.809

4.795.217

3

633.759

4.791.786

4

632.108

4.791.786

5

631.872

4.795.028

6

632.288

4.799.786

7

632.769

4.799.786

8

633.163

4.800.144

9

633.163

4.799.786

Coordenadas de localización dos aeroxeradores:

Nº aeroxerador

ETRS89 (fuso 29)

Concello

UTM-X

UTM-Y

AE 01

633.042

4.799.574

A Pastoriza

AE 02

633.375

4.799.389

A Pastoriza

AE 03

632.736

4.796.880

A Pastoriza

AE 04

633.044

4.796.602

A Pastoriza

AE 05

632.830

4.794.882

A Pastoriza

AE 06

632.727

4.794.486

A Pastoriza

AE 07

632.815

4.793.416

A Pastoriza

AE 08

632.807

4.793.085

A Pastoriza

AE 09

633.043

4.792.627

A Pastoriza

Coordenadas da torre meteorolóxica que se vai instalar:

Torre

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X (m)

UTM-Y (m)

TM1

632.798

4.796.674

Coordenadas da localización da subestación colectora do parque:

SET

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X (m)

UTM-Y (m)

Carballal

633.117

4.795.303

Por outra parte, as coordenadas da envolvente da subestación colectora do parque:

Vértices

envolventes

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

1

633.098

4.795.337

2

633.148

4.795.323

3

633.131

4.795.262

4

633.091

4.795.274

5

633.096

4.795.291

6

633.085

4.795.294

Características técnicas principais das instalacións:

• Nove (9) aeroxeradores Vestas V136 de potencia nominal 4,2 MW, cun diámetro de rotor de 136 m e altura de buxa 112 m.

• Nove (9) centros de transformación, instalados no interior da torre de cada un dos aeroxeradores, formados por transformadores de 5.000 kVA de potencia aparente e relación de transformación 0,72/30 kV, celas de media tensión de 30 kV e os correspondentes equipamentos de protección, telemando e demais elementos auxiliares.

• Rede colectora soterrada, conformada polos cables de evacuación de enerxía a 30 kV con condutores tipo RHZ1-OL 18/30 kV que unen os aeroxeradores entre si e coa subestación colectora do parque.

• Torre meteorolóxica: torre de medición denominada Carballal, de 98 m de altura, autosoportada, de celosía.

• Subestación colectora do parque (SET Carballal), recolle enerxía do parque a 30 kV e elévaa ata 130 kV. Potencia subestación 95 MVA (deseñada para recibir enerxía dos parques eólicos Carballal, Acevedal e Graxón). Composta por:

– Sistema alta tensión 132 kV, intemperie, configuración simple barra, cunha posición de liña e unha posición de transformador de potencia.

– Sistema de 30 kV en celas de interior, configuración simple barra con tres posicións de liña, unha posición transformador, unha posición de servizos auxiliares, dúas posicións de medida de barras, acoplamento e remonte de barras. Paramenta disposta en celas blindadas con illamento SF6.

– Conxunto de transformación formado por un transformador instalado en intemperie, tensións nominais de acordo as normalizadas e potencia de 90/95 MVA ONAN/ONAF.

– Sistema de posta a terra.

– Sistema de control, sistema de proteccións, sistema de servizos auxiliares e instalacións complementarias.

Os equipos de control, protección, comunicacións, servizos auxiliares e celas de 30 kV irán aloxados no edificio construído segundo planos incluídos no proxecto.

Os elementos de 132 kV irán localizados en parque exterior, delimitado por un peche perimetral, formado por postes metálicos e malla de simple torsión con recubrimento plástico.

• Obra civil consistente en rede viaria de acceso ao parque e rede viaria interior a aeroxeradores e subestación, cimentacións e plataformas dos aeroxeradores, cimentacións, bancadas para os transformadores e muro cortalumes, arquetas e gabias para tendido de cables de media tensión, comunicacións e rede de terras e obras auxiliares.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.d) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) y el proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico, PIA) das instalacións.

Documentación que se expón:

• Proxecto de execución: «Proxecto de execución do parque eólico Carballal, no termo municipal da Pastoriza (Lugo)» e declaración responsable da técnica competente (asinado electronicamente o 31.8.2023).

• Estudo de impacto ambiental: «Estudo de impacto ambiental do parque eólico Carballal» (asinado electronicamente o 11.8.2023).

• Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico, PIA): «Proxecto de interese autonómico do parque eólico Carballal, no termo municipal da Pastoriza (Lugo)» e declaración responsable da técnica competente (asinado electronicamente o 31.8.2023).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses, poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada, e de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Industria e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 48 04), así como no concello da Pastoriza (Lugo). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/carballal

Lugo, 7 de setembro de 2023

O xefe territorial de Lugo
P.A. (Artigo 41.3 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria