DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 12 de setembro de 2023 Páx. 52422

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 18 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Valdoviño (expediente IN407A 2023/281-1).

Expediente: IN407A 2023/281-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: substitución do CT Carballal 15CU83 para instalación de telecontrol.

Situación: concello de Valdoviño.

1. Características técnicas:

– Modificación do treito soterrado da LMT CDR-803 denominado derivada ao CT Carballal, autorizado no expediente IN407A 1999/86-1, consistente na instalación dunha nova arqueta diante do CT Carballal (expedientes 5.246 e IN407A 2016/1565-1/matrícula 15CU83) e a desconexión e desmonte do treito de liña comprendido entre a arqueta proxectada e a cela de liña convencional do CT Carballal.

– Desconexión e desmonte (peche e desmantelamento) do CT tipo caseta alta Carballal existente, de 400 kVA de potencia e relación de transformación 20/0,4-0,23 kV, así como de toda a súa aparellaxe de media e baixa tensión.

– Montaxe, na pegada que deixará o dito CT Carballal unha vez desmantelado, dun novo apoio metálico tipo FL-C-2000/12-H35-CA(CS) no que se proxecta a instalación dun paso aéreo-soterrado (PAS/) dotado de xogo de pararraios autoválvulas. Esta operación implicará, coa finalidade de darlle continuidade á LMT CDR-803, o retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente) no treito aéreo de 29 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio metálico proxectado e o apoio nº 90 existente (matrícula ASJXAXT3) de formigón tipo FL-HV-1600/12-T1-CAII.

– En substitución do CT Carballal, proxéctase a instalación dun centro de transformación prefabricado de formigón, compacto de manobra exterior, de 400 kVA de potencia, relación de transformación 20/0,4-0,23 kV e configuración de celas 2L+1P, telecontrolado e dotado de equipamento de telexestión e cadro de baixa tensión (CBT) con catro (4) saídas, que se situará na parcela con referencia catastral 9695102NJ6299N0001KJ, no lugar do Carballal, e disporá de acceso directo á rúa Gándara de Arriba.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV, de 50 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm² Al), con orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) que se instalará no novo apoio metálico proxectado e remate en empalmes feitos na nova arqueta proxectada diante do CT Carballal por desmantelar sobre a LMTS autorizada no expediente IN407A 1999/86-1, tras entrar e saír no novo CT proxectado.

– Reordenación da rede de baixa tensión (RDBT) mediante a instalación de 90 metros de condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm2 Al) disposto en catro (4) novos circuítos soterrados de baixa tensión (RBTS), con orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do novo CT proxectado e remates nos pasos soterrado-aéreos (PS/A) que se instalarán en novos apoios de formigón tipo HV-630/11 e HV-1000/11 e en apoio de formigón tipo HV-1000/9 existente, en que se conectará coa rede aérea de baixa tensión existente, e desmontaxe de 66 metros da rede aérea de baixa tensión existente en condutores tipo RZ 3(1×25/54,6 mm2 Al/Alm) e RZ 3(1×150/80 mm2 Al/Alm).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Económia e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo. A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, de ser o caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 18 de agosto do 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2023/281-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: substitución do CT Carballal 15CU83 para instalación de telecontrol.

Situación: concello de Valdoviño.

Nº de predio

Lugar

Referencia catastral

Cultivo

Propietario/a

Afección de solo en pleno dominio

CT/nº de apoio

m2

1

Avenida San Sadurniño

9695102NJ6299N0001KJ

Urbano.

Solo sen edificar

Fidelina López Romeo

CT e beirarrúa

perimetral

24,6