DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 11 de setembro de 2023 Páx. 52306

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 29 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador en materia de industria IN635C 2022/59-4.

O día 17 de agosto de 2023, a xefa territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Pontevedra ditou resolución do expediente sancionador INC635C 2022/59-4, incoado á persoa que se sinala no anexo.

Intentouse notificar esta resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio, e segundo o disposto no artigo 44 de dita lei, se lle notifica á persoa interesada o contido da citada resolución.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. Os prazos serán os seguintes:

1. As sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

2. As notificadas entre os días 16 e derradeiro de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non o facer así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Ten dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sitas na avenida María Victoria Moreno, 43, 5º, de Pontevedra, e a obter copia del, segundo o previsto na alínea a) do artigo 53.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) del Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 29 de agosto de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente sancionador: IN635C 2022/59-4.

Interesado:

NIF: 36175050Y.

Acto notificado: resolución.