DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 11 de setembro de 2023 Páx. 52308

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 29 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se convocan os interesados ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto dos predios afectados por un proxecto de instalación eléctrica no concello de Nogueira de Ramuín (expediente IN407A 2021/139-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...» mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento dos predios afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMTA PRS801 apoios núm. D34 e D35, no Concello de Nogueira de Ramuín, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

As persoas titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer no dito acto por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade. Tamén deberán achegar unha certificación de titularidade da conta bancaria onde, tras a súa solicitude, se lles ingresará o importe do prezo xusto mediante transferencia.

Ourense, 29 de agosto de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Número de expediente: IN407A 2021/139-3.

Instalación: regulamentación LMTA PRS801 apoios núm. D34 e D35.

Concello: Nogueira de Ramuín.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Titular

Incidencia

Lugar da convocatoria

Data

Hora

1

Bacelo

Herdeiros de Dolores Cadavid Rodríguez

Enderezo descoñecido

Concello de Nogueira de Ramuín

24.10.2023

11.00