Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica LMTS e CT A Carballeira, no concello de Pontevedra, segundo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados o representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/ NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Vigo, 28 de agosto de 2023
Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/020-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMTS e CT A Carballeira.
Concello: Pontevedra.
Predio |
Ref. catastral |
Lugar |
Titularidade |
Data |
Hora |
1 |
36900A025001700000QJ |
Prado de Arriba |
Descoñecida |
11.10.2023 |
12.00 |
2 |
36900A025002620000QX |
Carballeira |
Descoñecida |
11.10.2023 |
12.00 |