DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 29 de agosto de 2023 Páx. 50903

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 18 de febreiro de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 17 de febreiro de 2022 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galicia correspondente á Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as clasificacións na escala de facultativos (especialidades de medicina, psicoloxía, pedagoxía), escala técnica de facultativos (especialidades de enfermaría, educadores, fisioterapia, traballo social, terapeuta ocupacional), escala de axentes técnicos facultativos (especialidade de educación infantil) e escala de auxiliares de clínica; así como a modificación da relación de postos de traballo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia referente ao proceso de funcionarización, aprobada polo Acordo do 24 de xuño de 2021.

Advertido erro na Resolución de 18 de febreiro de 2022, publicada no DOG núm. 36, do martes 22 de febreiro de 2022, cómpre facer a oportuna corrección:

No anexo I:

– Nos postos de traballo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, coa denominación «Médico/a», dos Centros Residenciais Docentes de Culleredo, Ourense e Vigo, na columna observacións debe figurar: dispoñibilidade horaria.

– Nos postos de traballo da Consellería de Política Social e Xuventude, coa denominación «Médico/a», da Residencia de Maiores de Burela, na columna observacións debe figurar: dispoñibilidade horaria.

– Nos postos de traballo da Consellería de Política Social e Xuventude, coa denominación «Director/a de Centro Social», dos Centros Sociocomunitarios da Pobra do Caramiñal, Vilalba, O Porriño, Redondela, Tui e Bouzas, na columna observacións debe figurar tamén: dispoñibilidade horaria.

– No posto de traballo da Consellería de Política Social e Xuventude, coa denominación «Director/a centro de menores», do Centro de Menores A Carballeira, na columna observacións debe figurar: dispoñibilidade horaria.

– Nas características dos postos, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, nos postos coa denominación de «Psicólogo/a, Educador/a, Traballador/a Social», na columna observacións debe figurar dispoñibilidade horaria, nos seguintes centros de destino:

– Edificios xudiciais (A Coruña).

– Equipo técnico de xurisdición provincial de menores da provincia da Coruña. Sección de menores da fiscalía e xulgado de menores.

– Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial da Coruña.

– Edificios xudiciais (Ferrol).

– Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial de Ferrol.

– Edificios xudiciais (Santiago de Compostela).

– Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial de Santiago de Compostela.

– Edificios xudiciais (Lugo).

– Equipo técnico de xurisdición provincial de menores da provincia de Lugo. Sección de menores da fiscalía e xulgado de menores.

– Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial de Lugo.

– Edificios xudiciais (Ourense).

– Equipo técnico de xurisdición provincial de menores da provincia de Ourense. Sección de menores da fiscalía e xulgado de menores.

– Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial de Ourense.

– Edificios xudiciais (Pontevedra).

– Equipo técnico de xurisdición provincial de menores da provincia de Pontevedra. Sección de menores da fiscalía e xulgado de menores.

– Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial de Pontevedra.

– Edificios xudiciais (Vigo).

– Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial de Vigo.