DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 29 de agosto de 2023 Páx. 50906

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, pola que se publica o requirimento de emenda da documentación das solicitudes e documentación preceptiva presentadas ao abeiro da Orde do 19 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para a adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos destinados a persoas maiores, a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento BS631G).

A Consellería de Política Social e Xuventude convocou, para o ano 2023, a través da Orde do 19 de xuño de 2023, as subvencións para concellos e mancomunidade da Comunidade Autónoma de Galicia para a adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos destinados a persoas maiores, a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade (Diario Oficial de Galicia número 123, do 29 de xuño).

Así mesmo, no número 1 do artigo 11 da orde determínase a documentación complementaria que as entidades interesadas deberán achegar coa solicitude.

Unha vez revisadas as solicitudes e documentación complementaria presentada ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento das condicións impostas na convocatoria.

Segundo establece o artigo 10.4 da dita Orde do 19 de xuño de 2023 e de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación requirirá as persoas interesadas para que, nun prazo de dez días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos coa indicación expresa de que, se así non o fixeren, se terán por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

Así mesmo, tal e como se establece no artigo 18 da convocatoria, publicaranse no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os actos administrativos de requirimento de emenda de documentación, así como a correspondente resolución. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento ditado polo órgano responsable da tramitación o día 17 de agosto de 2023 de emenda das solicitudes presentadas no procedemento BS631G de concesión de axudas para a concesión de subvencións destinadas a concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para a adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos destinados a persoas maiores, a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, para o ano 2023 que non están debidamente cubertas e/ou que non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Este acto coa relación figura como anexo desta resolución.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as persoas solicitantes relacionadas no anexo de que son requiridas para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. De non facelo, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación, poderán dirixirse á Subdirección Xeral de Programas de Apoio á Discapacidade, a través da conta de correo programas.discapacidade@xunta.gal e dos teléfonos 981 54 46 40 ou 981 54 36 96.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2023

Begoña Abeijón Fernández
Directora xeral de Persoas con Discapacidade

ANEXO

Requirimento de emenda de solicitudes

Procedemento BS631G concesión de subvencións destinadas a concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para a adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos destinados a persoas maiores, a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade.

Acto administrativo e data: requirimento de emenda de solicitudes do 17 de agosto de 2023.

Órgano competente: órgano instrutor.

Efectos: as persoas solicitantes terán un prazo máximo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto no Diario Oficial de Galicia, para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos. De non facelo, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Relación de expedientes:

Núm. de exp.

NIF

Solicitante

Documentación requirida

BS631G/2023/0004

P2704900F

Concello de Portomarín

– Memoria explicativa sobre o investimento obxecto da solicitude da subvención (art. 11.1.b).

– Orzamento detallado do vehículo que se propón adquirir emitido pola empresa concesionaria (art. 11.1.c).

– Documentación acreditativa da representación (art. 11.1.i).

BS631G/2023/0005

P2705100B

Concello de Ribadeo

– Documentación acreditativa da representación (art. 11.1.i)

BS631G/2023/0010

P2704700J

Concello da Pobra do Brollón

– Certificación incompleta emitida e asinada pola persoa secretaria da entidade solicitante (anexo II) (art. 11.1.d).

BS631G/2023/0011

P3604300H

Concello de Ponte Caldelas

– Orzamento detallado do vehículo que se propón adquirir emitido pola empresa concesionaria (art. 11.1.c).

– Certificación emitida e asinada pola persoa secretaria da entidade solicitante (anexo II) (art. 11.1.d). A sinatura impide visualizar a información de autorización de servizos sociais.

BS631G/2023/0012

P3603400G

Concello das Neves

– Documentación acreditativa da representación (art. 11.1.i).

BS631G/2023/0017

P3206800I

Concello de Rairiz de Veiga

– Orzamento detallado do vehículo que se propón adquirir emitido pola empresa concesionaria (art. 11.1.c).

– Certificación emitida e asinada pola persoa secretaria da entidade solicitante (anexo II) (art. 11.1.d). Non aparece marcada a información de autorización de servizos sociais.

BS631G/2023/0020

P2700600F

Concello de Becerreá

– Falta declaración responsable sobre principio transversais Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) (anexo IV) (art. 11.1.e).

– Certificación emitida e asinada pola persoa secretaria da entidade solicitante (anexo II) (art. 11.1.d). Non aparece marcada a información de autorización de servizos sociais.

BS631G/2023/0021

P2705900E

Concello de Sober

– Certificación baleira de contido emitida e asinada pola persoa secretaria da entidade solicitante (anexo II) (art. 11.1.d).

– Certificación emitida e asinada pola persoa secretaria da entidade solicitante (anexo II) (art. 11.1.d). Non aparece marcada a información de autorización de servizos sociais.

BS631G/2023/0026

P1508000E

Concello de Santiso

– Memoria explicativa sobre o investimento obxecto da solicitude da subvención (art. 11.1.b).

– Declaración de aceptación da cesión e tratamento de datos, en relación coa execución e actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia derivado da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro (anexo V) (art. 11.1.f).

– Declaración do compromiso en relación coa execución de actuación do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) (anexo VI) (art. 11.1.g).

BS631G/2023/0028

P3200021H

Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria do Ribeiro

– Documentación acreditativa da representatividade da persoa solicitante para actuar en nome da entidade (art. 10.1.e).

BS631G/2023/0031

P2704000E

Concello de Palas de Rei

– Memoria explicativa sobre o investimento obxecto da solicitude da subvención (art. 11.1.b).

BS631G/2023/0032

P3605900D

Concello de Vila de Cruces

– Orzamento detallado do vehículo que se propón adquirir emitido pola empresa concesionaria (art. 11.1.c).

BS631G/2023/0033

P1500100A

Concello de Abegondo

– Documentación acreditativa da representatividade da persoa solicitante para actuar en nome da entidade (art. 10.1.e).

BS631G/2023/0037

P1502500J

Concello de Cerdido

– Orzamento detallado do vehículo que se propón adquirir emitido pola empresa concesionaria (art. 11.1.c).

BS631G/2023/0039

P3603700J

Concello de Pazos de Borbén

– Orzamento detallado do vehículo que se propón adquirir emitido pola empresa concesionaria (art. 11.1.c).

BS631G/2023/0041

P1508400G

Concello de Toques

– Certificación sen cubrir emitida e asinada pola persoa secretaria da entidade solicitante (anexo II) (art. 11.1.d).

– Declaración responsable sen cubrir sobre principio transversais Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) (anexo IV) (art. 11.1.e).

– Declaración sen cubrir de aceptación da cesión e tratamento de datos, en relación coa execución e actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia derivado da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro (anexo V) (art. 11.1.f).

– Declaración sen cubrir do compromiso en relación coa execución de actuación do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) (anexo VI) (art. 11.1.g).

BS631G/2023/0043

P3208000D

Concello de Taboadela

– Certificación sen cubrir emitida e asinada pola persoa secretaria da entidade solicitante (anexo II) (art. 11.1.d).

– Orzamento detallado do vehículo que se propón adquirir emitido pola empresa concesionaria (art. 11.1.c).

– Memoria explicativa sobre o investimento obxecto da solicitude da subvención (art. 11.1.b).

BS631G/2023/0046

P1507800I

Concello de Santa Comba

– Documentación acreditativa da representación (art. 11.1.i).

BS631G/2023/0049

P3202300D

Concello de Castrelo de Miño

– Documentación acreditativa da representación (art. 11.1.i).

BS631G/2023/0053

P1508500D

Concello de Tordoia

– Orzamento detallado do vehículo que se propón adquirir emitido pola empresa concesionaria (art. 11.1.c).

BS631G/2023/0055

P3204700C

Concello de Melón

– Memoria explicativa sobre o investimento obxecto da solicitude da subvención (art. 11.1.b).

– Orzamento detallado do vehículo que se propón adquirir emitido pola empresa concesionaria (art. 11.1.c).

– Certificación sen cubrir emitida e asinada pola persoa secretaria da entidade solicitante (anexo II) (art. 11.1.d).

– Declaración responsable sen cubrir sobre principio transversais Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) (anexo IV) (art. 11.1.e).

– Declaración sen cubrir de aceptación da cesión e tratamento de datos, en relación coa execución e actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia derivado da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro (anexo V) (art. 11.1.f).

– Declaración sen cubrir do compromiso en relación coa execución de actuación do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) (anexo VI) (art. 11.1.g).

– Documentación acreditativa da representación (art. 11.1.i).

BS631G/2023/0059

P3201500J

Concello da Bola

– Memoria explicativa sobre o investimento obxecto da solicitude da subvención (art. 11.1.b).

– Orzamento detallado do vehículo que se propón adquirir emitido pola empresa concesionaria (art. 11.1.c).

– Documentación acreditativa da representación (art. 11.1.i).

BS631G/2023/0064

P3203700D

Concello de Xunqueira de Ambía

– Declaración responsable sobre principio transversais Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) (anexo IV) (art. 11.1.e).

– Documentación acreditativa da representación (art. 11.1.i).

– Certificación emitida e asinada pola persoa secretaria da entidade solicitante (anexo II) (art. 11.1.d). Non aparece marcada a información de autorización de servizos sociais.

BS631G/2023/0065

P3600700C

Concello de Campo Lameiro

– Memoria explicativa sobre o investimento obxecto da solicitude da subvención (art. 11.1.b).

– Orzamento detallado do vehículo que se propón adquirir emitido pola empresa concesionaria (art. 11.1.c).

– Documentación acreditativa da representación (art. 11.1.i).

BS631G/2023/0066

P1504000I

Concello de Irixoa

– Documentación acreditativa da representación (art. 11.1.i).

BS631G/2023/0068

P3602700A

Concello de Meaño

– Orzamento detallado do vehículo que se propón adquirir emitido pola empresa concesionaria (art. 11.1.c).

BS631G/2023/0073

P3604000D

Concello de Portas

– Declaración do compromiso en relación coa execución de actuación do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) (anexo VI) (art. 11.1.g).

– Certificación emitida e asinada pola persoa secretaria da entidade solicitante (anexo II) (art. 11.1.d). Non aparece marcada a información de autorización de servizos sociais.

BS631G/2023/0074

P2704100C

Concello de Pantón

– Documentación acreditativa da representación (art. 11.1.i).

BS631G/2023/0076

P3209200I

Concello de Vilardevós

– Documentación acreditativa da representación (art. 11.1.i).

BS631G/2023/0077

P3605300G

Concello de Soutomaior

– Documentación acreditativa da representación (art. 11.1.i).

BS631G/2023/0079

P3604900E

Concello de Salceda de Caselas

– Documentación acreditativa da representación (art. 11.1.i).