DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 21 de agosto de 2023 Páx. 49314

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 27 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2023/208-1).

Expediente: IN407A 2023/208-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMT SCY-806-apoio A759AGMA//C22-1.

Termo municipal: Santiago de Compostela.

1. Características técnicas:

Modificación do treito da liña SCY-806 que transcorre pola contorna da rúa das Casas Novas, de 535,7 metros de lonxitude en condutores tipo LA-30 e LA-56, comprendido entre o apoio nº C-22 e o apoio nº C-22-4, consistente en:

– Na parcela con referencia catastral 6589105NH3468H0000ZG, e sen alterar a actual traza da LMT SCY-806, intercalado entre os apoios existentes nº C-22 (matrícula: A77AUME0) de formigón tipo AL-AM-Pórtico (2 x 14/3A)-DC2-CAIII e nº C-22-1 (matrícula: A759AGMA) metálico de celosía tipo AL-AM-C-3000/14-H35-CAIII-(REC), instalación dun novo apoio metálico de celosía tipo FL-C-2000/14-H-35-CAIII, en que se proxecta a instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S) e dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control.

– Desconexión e desmantelamento do treito da LMT SCY-806 de 517 metros de lonxitude en condutores tipo LA-30 e LA-56, comprendido entre o novo apoio metálico proxectado e o apoio nº C-22-4 (matrícula: A6WS1QNN) de formigón tipo FL-AM-HVH-1600/15-CR1-CAI-(PA/S), que implicará a retirada dos apoios sobre os que se atopa tendido, do reconectador actualmente instalado no apoio nº C-22-1 e do paso aéreo-soterrado (PA/S) actualmente instalado no apoio nº C-22-4.

– Retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente) no van da liña SCY-806 de 18,7 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº C-22 existente e o novo apoio metálico proxectado.

Instalación de liña de media tensión soterrada, a 20 kV, de 643 metros de lonxitude, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1 x 240 mm² Al), con orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) para instalar no novo apoio metálico proxectado e remate en arqueta proxectada sobre a LMTS de alimentación ao CT Pedroso (matrícula: 15CSR9).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de junio).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como na casa do concello de Santiago de Compostela. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 27 de xullo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Regulamentación LMT SCY-806-apoio A759AGMA//C22-1

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Santiago de Compostela

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Descoñecido

6589105NH3468H0000ZG

Lugar de Casas Novas

Novo apoio metálico (PA/S e ITC)

2

5,4

17

Rústico. Agrario