DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 21 de agosto de 2023 Páx. 49318

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 27 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ordes (expediente IN407A 2022/363-1).

Expediente: IN407A 2022/363-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: modificado LMT, CT e RBT Axán-Moscoso-Ardemil.

Situación: concello de Ordes.

1. Características técnicas:

– LMTA a 20 kV, de 206 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio nº 1 proxectado tipo C-3000/18 con ITC, intercalado entre os apoios existentes nº AG5GLHXR//39 e AG45OWOG//40 da LMT MEI809 (Ordes 9), procedente da subestación Meirama, e remate no apoio nº 3 proxectado tipo C-2000/14. Instalación de apoio 2 proxectado intercalado tipo C-1000/16.

– LMTS a 20 kV, de 376 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×150) mm2 Al, con orixe no PA/S proxectado no apoio nº 3 proxectado e remate no CTC proxectado. A nova LMTS irá canalizada baixo tubo en gabias de 0,4 m de ancho e profundidade entre 1 e 1,2 m. Os tubos serán de polietileno de alta densidade, de 16 cm de diámetro.

– CT Moscoso de Arriba, compacto prefabricado fin de liña tipo rural telecontrolado e telexestionado con manobra exterior, cunha potencia de 100 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 1L+1P.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Económia e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello de Ordes.

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 27 de xullo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2022/363-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: modificado LMT, CT e RBT Axán-Moscoso-Ardemil.

Situación: concello de Ordes.

parcela

Lugar

Datos catastrais

Cultivo

Propietario/a

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Cobas

Polígono 511

Parcela 1648

Rústico. Agrario.

Labor ou labradío secaño

Andrés Pazos Calvo

2

2,0

89

1.191

2

Cobas

Polígono 511

Parcela 1647

Rústico. Agrario.

Labor ou labradío secaño

Andrés Pazos Calvo

3

2,0

102

2,0

792

2,0

3

Codeseira

Polígono 511

Parcela 1563

Rústico. Agrario.

Labor ou labradío secaño

José Luis Fariña

Centro de transformación e beirarrúa perimetral

19,90

Abreviacións:

– ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

– ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

– m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

– m2 sot.: superficie de servidume soterrada.