DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 21 de agosto de 2023 Páx. 49310

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 27 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Ribeira (expediente IN407A 2023/210-1).

Expediente: IN407A 2023/210-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: ampliación de potencia CT Castiñeira Aldea (15AZ15).

Concello: Ribeira.

1. Características técnicas:

Desconexión e desmontaxe (desmantelamento) do CT tipo intemperie Castiñeira Aldea (expediente 21.673/matrícula 15AZ15), de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20/0,4-0,23 kV, actualmente instalado no apoio nº 112-3-2-CT (matrícula 9HPB7JRU), tipo pórtico, pertencente á arquitectura da LMT PMR-806.

En substitución do CT tipo intemperie Castiñeira Aldea, na parcela con referencia catastral 15074A019015510000KF, sita no lugar de Aldea, proxéctase instalar un novo centro de transformación prefabricado de formigón, compacto de manobra exterior, cunha configuración de celas 2L+1P con illamento en SF6, telecontrolado, de 250 kVA de potencia e relación de transformación 20/0,4-0,23 kV, dotado de cadro de baixa tensión (CBT) con catro (4) saídas e equipamento de telexestión.

Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV, de 16 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm2 Al), con orixe nun dos apoios que forman o pórtico nº 112-3-2-CT e remate en cela de liña do novo CT proxectado.

Reordenación e reforzo da rede de baixa tensión (RDBT) existente, mediante a instalación de dous novos circuítos soterrados de baixa tensión (RBTS), de 2×14 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm2 Al) con orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate nos acoplamentos coa rede aérea de baixa tensión existente por realizar no apoio tipo pórtico nº 112-3-2-CT existente, e a instalación dun circuíto soterrado de baixa tensión (RBTS) de 39 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm2 Al), con orixe no acoplamento coa rede aérea de baixa tensión existente por realizar no paso soterrado-aéreo (PS/A) proxectado en apoio de formigón tipo HV-250/9 existente e remate na CXPM dun solicitante de subministración de enerxía eléctrica para atender a demanda na parcela con referencia catastral 15074A019015700000KH.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como na Casa do Concello de Ribeira. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 27 de xullo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Denominación: ampliación de potencia CT Castiñeira Aldea (15AZ15).

Concello: Ribeira.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso
de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Descoñecido

15074A019015510000KF

Lugar de Aldea (Viña Real)

CT e acceso

19,57

6

16,46

Rústico. Agrario.