DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 21 de agosto de 2023 Páx. 49306

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 27 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Aranga (expediente IN407A 2023/212-1).

Expediente: IN407A 2023/212-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: novo centro de transformación en Aranga.

Termo municipal: Aranga.

1. Características técnicas.

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña SDG-708 autorizado no expediente 27.318, de 172,3 m de lonxitude en condutor tipo LA-110, comprendido entre o apoio nº 82-53 e o apoio nº 82-54, consistente en:

• Instalación, intercalado entre os apoios existentes nº 82-53 (matrícula: B0KVK8SA) de formigón tipo S-AL-HVH-Bóveda-3xCS e o apoio nº 82-54 (matrícula: B0N4EHWH) de formigón tipo S-AL-HVH-Bóveda-3xCS, na parcela con referencia catastral 15003A015002620000WO, sita no lugar da Revolta (Vilarraso), dun novo apoio metálico de celosía tipo A-AL-C-2000/14-H35-6xCA(CS) no cal se proxecta a instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S) e dun seccionador, que se identificará co nº 82-53-bis.

• Retensado do condutor tipo LA-110 (condutor existente) nos vans anterior e posterior ao novo apoio proxectado, de 134,2 e 36,1 metros de lonxitude, respectivamente.

Instalación dun novo centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural, compacto de manobra exterior, de 100 kVA de potencia, relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres saídas (unha de reserva), para instalar na parcela con referencia catastral 15003A015002610000WM, sita no lugar da Revolta (Vilarraso).

Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 40 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1 x 150 mm² Al), con orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) para instalar no novo apoio nº 82-53-bis proxectado e remate en cela de liña do CT proxectado.

Reordenación e reforzo da rede de baixa tensión (RDBT) actualmente alimentada polo CT Castellana (expediente IN407A 2016/1766-1/matrícula: 15CHXR), que resultará parcialmente descargado, mediante a substitución de 511 metros de rede aérea de baixa tensión existente por 184 metros en condutor tipo RZ 3 (1 x 150/80 mm2 Al/Alm) e 331 metros en condutor tipo RZ 3 (1 x 95/54,6 mm2 Al/Alm) e de dez (10) dos apoios sobre os cales se atopa tendida por outros novos e a instalación de dous (2) novos circuítos soterrados de baixa tensión (RBTS) de 2 x 24 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1 x 240 mm2 Al), con orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate no acoplamento coa rede aérea de baixa tensión reformada por realizar no paso soterrado-aéreo (PS/A) proxectado en novo apoio de formigón tipo HV-630/9.

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como na casa do Concello de Aranga. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 27 de xullo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Novo centro de transformación en Aranga

Relación de bens e dereitos afectados, termo municipal de Aranga

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Descoñecido/a

15003A015002620000WO

Lugar da Revolta

CT e acceso + novo apoio

nº 82-53-bis

(PA/S + SEC)

33,73

Matogueira

2

Descoñecido/a

15003A015002610000WM

Lugar da Revolta

Acceso a CT

16,01

5,5

16,51

Matogueira