DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 21 de agosto de 2023 Páx. 49131

I. Disposicións xerais

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

DECRETO 126/2023, do 20 de xullo, polo que se establece o currículo do ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais e do ámbito de Ciencias Aplicadas dos ciclos formativos de grao básico de formación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, determina que é competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia a regulación e a administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o punto primeiro do seu artigo 81, a desenvolvan.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece no seu capítulo III do título preliminar que se entende por currículo o conxunto de obxectivos, competencias, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación e, no caso da formación profesional, tamén se considerarán parte do currículo os resultados de aprendizaxe.

A Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, modificou a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, e entre outros aspectos creou os ciclos de formación profesional básica, conducentes ao título profesional básico. Estes ciclos incorporaron, ademais dos módulos asociados a unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, módulos relacionados cos bloques comúns de Ciencias Aplicadas, e de Comunicación e Sociedade.

O Real decreto 127/2014, do 28 de febreiro, polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo, se aproban catorce títulos profesionais básicos, se fixan os seus currículos básicos e se modifica o Real decreto 1850/2009, do 4 de decembro, sobre expedición de títulos académicos e profesionais correspondentes ás ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, estableceu o currículo básico de catorce títulos de formación profesional básica.

Adicionalmente, publicáronse o Real decreto 356/2014, do 16 de maio, polo que se establecen sete títulos de formación profesional básica do catálogo de títulos das ensinanzas de formación profesional, e o Real decreto 774/2015, do 28 de agosto, polo que se establecen outros seis títulos de formación profesional básica do catálogo de títulos das ensinanzas de formación profesional.

No ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, publicouse o Decreto 107/2014, do 4 de setembro, polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia e se establecen vinte e un currículos de títulos profesionais básicos. Este decreto desenvolve o currículo dos títulos incluídos no Real decreto 127/2014, do 28 de febreiro, e no Real decreto 356/2014, do 16 de maio, anteriormente citados.

Posteriormente publicouse o Decreto 71/2017, do 24 de maio, polo que se establecen seis currículos de títulos profesionais básicos, os incluídos no Real decreto 774/2015, do 28 de agosto.

No artigo 8 do Decreto 107/2014, do 4 de setembro, indícase que os ciclos formativos de formación profesional básica incluirán, entre outros, os módulos asociados aos bloques comúns regulados no artigo 42.4 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de acordo coa redacción dada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa: os módulos de Comunicación e Sociedade I e II, e os módulos de Ciencias Aplicadas I e II.

Coa publicación da Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, créanse os ciclos formativos de grao básico que dan lugar a un novo título do sistema educativo, o título de técnico básico na especialidade correspondente.

De conformidade co artigo 3.3 da nova redacción da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, os ciclos formativos de grao básico, xunto á educación primaria e á educación secundaria obrigatoria, constitúen o ensino básico.

No artigo 30.2 establécese que os ciclos formativos de grao básico facilitarán a adquisición das competencias da educación secundaria obrigatoria e a través de ensinanzas organizadas nos seguintes ámbitos:

a) Ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais, que incluirá as seguintes materias: 1º Lingua castelá, 2º Lingua estranxeira de iniciación profesional, 3º Ciencias sociais, 4º Lingua cooficial, se for o caso.

b) Ámbito de Ciencias Aplicadas, que incluirá as seguintes materias: 1º Matemáticas aplicadas, 2.º Ciencias aplicadas.

c) Ámbito Profesional, que incluirá, polo menos, a formación necesaria para obter unha cualificación de nivel 1 do Catálogo nacional das cualificacións profesionais a que se refire o artigo 7 da Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional.

No anexo I do Real decreto 217/2022, do 29 de marzo, polo que se establecen a ordenación e as ensinanzas mínimas da educación secundaria obrigatoria, establécese o perfil de saída do alumnado ao termo do ensino básico, as competencias clave da etapa, xunto cos descritores operativos das competencias clave. Este perfil de saída é único e o mesmo para todo o territorio do Estado. O perfil de saída identifica e fixa as competencias clave que o alumnado debe adquirir e desenvolver ao finalizar o ensino básico, e constitúe o referente último sobre o nivel de desempeño competencial esperado, tanto na avaliación como para a titulación en educación secundaria obrigatoria a través dos correspondentes descritores operativos.

Na Comunidade Autónoma de Galicia, o perfil de saída figura no anexo I do Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Adicionalmente, no anexo V do Real decreto 217/2022, do 29 de marzo, fíxanse as competencias específicas, os criterios de avaliación e os contidos, para os ámbitos de Comunicación e Ciencias Sociais, e de Ciencias Aplicadas. Estes ámbitos veñen substituír os módulos asociados cos bloques comúns de Comunicación e Sociedade, e de Ciencias Aplicadas da anterior ordenación de formación profesional básica.

De conformidade co establecido polo artigo 25.2 do Real decreto 217/2022, do 29 de marzo, os ciclos formativos de grao básico irán dirixidos preferentemente a quen presente maiores posibilidades de aprendizaxe e de alcanzar as competencias da educación secundaria obrigatoria nunha contorna vinculada ao mundo profesional, velando para evitar a segregación do alumnado por razóns socioeconómicas ou doutra natureza, co obxectivo de preparalo para a continuación da súa formación. Adicionalmente, de acordo co establecido no punto 7 do mesmo artigo, a superación da totalidade dos ámbitos incluídos nun ciclo de grao básico conducirá á obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria. Para favorecer a xustificación no ámbito laboral das competencias profesionais adquiridas, o alumnado a que se refire este apartado recibirá, así mesmo, o título de técnico básico na especialidade correspondente.

Para dar cumprimento á obriga establecida na normativa estatal, e de acordo co establecido na disposición derradeira terceira do Real decreto 217/2022, do 29 de marzo, no curso 2022-2023 foi anticipada, para o primeiro curso dos ciclos formativos de grao básico, a aplicación dos novos elementos curriculares dos ámbitos de Comunicación e Ciencias Sociais I e de Ciencias Aplicadas I, polo que de feito se produciu unha aplicación retroactiva deste decreto.

Consonte o anterior, este decreto desenvolve e establece o currículo do ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais, e do ámbito de Ciencias Aplicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co disposto no artigo 6 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e nos artigos 13 e 25.4 do Real decreto 217/2022, do 29 de marzo.

O Ministerio de Educación e Formación Profesional ten pendente o establecemento da ordenación académica dos ciclos de grao básico.

Desde o punto de vista formal, o decreto consta de tres artigos, dúas disposicións adicionais, unha disposición transitoria, unha disposición derrogatoria e tres disposicións derradeiras.

No articulado deste decreto establécese o obxecto e o ámbito de aplicación, e regúlase o currículo do ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais, e do ámbito de Ciencias Aplicadas dos novos ciclos de grao básico.

Nas disposicións adicionais abórdanse a preferencia na incorporación do alumnado a un ciclo de grao básico e as titulacións que acadará o alumnado que supere estas ensinanzas.

Na disposición transitoria regúlase a carga horaria destes ámbitos, e a avaliación e a titoría do alumnado.

Desde o punto de vista da mellora da calidade normativa, este decreto adecúase aos principios de boa regulación previstos no artigo 129 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así como aos principios de necesidade, proporcionalidade, seguridade xurídica, transparencia, accesibilidade, simplicidade e eficacia, que se recollen no artigo 37 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico.

No que se refire aos principios de necesidade e eficacia, trátase dunha norma necesaria para a regulación do currículo do ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais, e do ámbito de Ciencias Aplicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co disposto na nova redacción do artigo 6 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e no artigo 25 do Real decreto 217/2022, do 29 de marzo, polo que se establecen a ordenación e as ensinanzas mínimas da educación secundaria obrigatoria.

De acordo co principio de proporcionalidade e de simplicidade, contén a regulación imprescindible da estrutura desta ensinanza, ao non existir ningunha alternativa regulatoria menos restritiva de dereitos.

Conforme os principios de seguridade xurídica e eficiencia, resulta coherente co ordenamento xurídico e permite unha xestión máis eficiente dos recursos públicos.

Cumpre tamén o principio de transparencia e accesibilidade, xa que se identifica claramente o seu propósito e durante o procedemento de tramitación da norma permitiuse a participación activa das persoas potenciais destinatarias a través do trámite de audiencia e información pública no portal de transparencia e goberno aberto da Xunta de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en exercicio das facultades outorgadas polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, consultado o Consello Escolar de Galicia, de acordo co Consello Consultivo de Galicia, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do vinte de xullo de dous mil vinte e tres,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Este decreto ten por obxecto establecer o currículo do ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais, e do ámbito de Ciencias Aplicadas dos ciclos formativos de grao básico de formación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co disposto no artigo 6 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e no artigo 25 do Real decreto 217/2022, do 29 de marzo, polo que se establecen a ordenación e as ensinanzas mínimas da educación secundaria obrigatoria.

Artigo 2. Ámbito de aplicación

Este decreto será de aplicación nos centros docentes correspondentes ao ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia que impartan ciclos formativos de grao básico.

Artigo 3. Currículo dos ámbitos de Comunicación e Ciencias Sociais, e de Ciencias Aplicadas

1. De conformidade co establecido no artigo 6.1 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, enténdese por currículo o conxunto de obxectivos, competencias, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación de cada unha das ensinanzas reguladas na citada lei. No caso da formación profesional, tamén se considerarán parte do currículo os resultados de aprendizaxe.

2. O currículo dos ámbitos de Comunicación e Ciencias Sociais I e II, e de Ciencias Aplicadas I e II, para cada un dos cursos dos ciclos de grao básico, 1º e 2º, será o establecido no anexo deste decreto.

Será de aplicación desde o curso 2022/23 o currículo para os ámbitos de Comunicación e Ciencias Sociais I, e de Ciencias Aplicadas I e desde o curso 2023/24 o currículo para os ámbitos de Comunicación e Ciencias Sociais II, e de Ciencias Aplicadas II correspondente aos primeiros e segundos cursos dos ciclos de grao básico.

3. O perfil de saída do alumnado ao finalizar o ensino básico, xunto ás competencias clave e os descritores operativos das competencias clave, é o establecido no anexo I do Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

4. De conformidade co punto terceiro do artigo 30 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, os criterios pedagóxicos con que se desenvolverán os programas formativos dos ciclos de grao básico adaptaranse ás características específicas do alumnado, adoptando unha organización do currículo desde unha perspectiva aplicada, e fomentarán o desenvolvemento de habilidades sociais e emocionais, o traballo en equipo e a utilización das tecnoloxías da información e a comunicación.

Disposición adicional primeira. Incorporación aos ciclos de grao básico

De acordo co inciso final do artigo 30.1 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, os ciclos formativos de grao básico irán dirixidos preferentemente a quen presente maiores posibilidades de aprendizaxe e de alcanzar as competencias da educación secundaria obrigatoria nunha contorna vinculada co mundo profesional, velando para evitar a segregación do alumnado por razóns socioeconómicas ou doutra natureza, co obxectivo de o preparar para a continuación da súa formación.

Disposición adicional segunda. Titulación

De conformidade co artigo 25.7 do Real decreto 217/2022, do 29 de marzo, a superación da totalidade dos ámbitos incluídos nun ciclo de grao básico conducirá á obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria. Para favorecer a xustificación no ámbito laboral das competencias profesionais adquiridas, o alumnado a que se refire este punto recibirá, así mesmo, o título de técnico básico na especialidade correspondente.

Disposición adicional terceira. Currículo dos ciclos de grao básico da formación profesional básica

O currículo de cada un dos ciclos de grao básico será o establecido no Decreto 107/2014 e no Decreto 71/2017, salvo no referente aos elementos curriculares dos módulos profesionais dos bloques comúns, que serán substituídos. En concreto:

Os elementos curriculares dos módulos profesionais de Comunicación e Sociedade I e II serán substituídos polos correspondentes aos ámbitos de Comunicación e Ciencias Sociais I e II, respectivamente, establecidos neste decreto.

Os elementos curriculares dos módulos profesionais de Ciencias Aplicadas I e II serán substituídos polos correspondentes aos ámbitos de Ciencias Aplicadas I e II, respectivamente, establecidos neste decreto.

Disposición transitoria única. Ordenación académica nos ciclos de grao básico da formación profesional básica

1. A carga horaria dos novos ciclos de grao básico será a seguinte:

a) Para o ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais I, a establecida para o módulo profesional de Comunicación e Sociedade I no Decreto 107/2014, do 4 de setembro, polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia e se establecen vinte e un currículos de títulos profesionais básicos.

b) Para o ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais II, a establecida para o módulo profesional de Comunicación e Sociedade II no Decreto 107/2014, do 4 de setembro.

c) Para o ámbito de Ciencias Aplicadas I, a establecida para o módulo profesional de Ciencias Aplicadas I no Decreto 107/2014, do 4 de setembro.

d) Para o ámbito de Ciencias Aplicadas II, a establecida para o módulo profesional de Ciencias Aplicadas II no Decreto 107/2014, do 4 de setembro.

e) Para o resto de módulos profesionais, incluíndo o módulo de Formación en centros de traballo, a establecida no Decreto 107/2014, do 4 de setembro.

f) Para titoría semanal, a establecida no Decreto 107/2014, do 4 de setembro.

2. A avaliación, segundo o caso, realizarase por módulos profesionais ou por ámbitos profesionais.

3. A titoría e a orientación educativa e profesional terán unha especial consideración, realizando un acompañamento socioeducativo personalizado.

4. O establecido no artigo 30 do Decreto 107/2014, do 4 de setembro, relativo ás condicións que debe cumprir o profesorado para impartir os módulos profesionais de Comunicación e Sociedade I e II, e de Ciencias Aplicadas I e II, seralle de aplicación ao profesorado que imparte nos ámbitos de Comunicación e Ciencias Sociais I e II, e de Ciencias Aplicadas I e II.

5. A consellería con competencias en materia de educación promoverá medidas metodolóxicas de atención á diversidade que permitan aos centros docentes, no exercicio da súa autonomía, unha organización das ensinanzas adecuada ás características dos alumnos e as alumnas, con especial atención no relativo á adquisición das competencias lingüísticas contidas no ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais para os alumnos e as alumnas que presenten dificultades na súa expresión oral, sen que as medidas adoptadas supoñan unha minoración da avaliación das súas aprendizaxes.

6. Será de aplicación aos ciclos de grao básico, cando non se opoñan ao establecido neste decreto ou en normas de rango superior, os aspectos específicos da formación profesional básica regulados no Decreto 107/2014, do 4 de setembro, e a normativa que o desenvolve, así como a normativa do resto das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo de Galicia.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa

Quedan derrogadas todas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao disposto neste decreto.

Disposición derradeira primeira. Modificación do Decreto 107/2014, do 4 de setembro, polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia e se establecen vinte e un currículos de títulos profesionais básicos

O artigo 15.1 do Decreto 107/2014, do 4 de setembro, queda redactado do seguinte xeito:

1. De conformidade co artigo 41.1 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, o acceso aos ciclos formativos de grao básico requirirá o cumprimento simultáneo das seguintes condicións:

a) Ter feitos quince anos, ou facelos durante o ano natural en curso.

b) Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso.

c) Ter proposto o equipo docente ao pai, á nai ou aos titores ou ás titoras legais a incorporación do alumno ou da alumna a un ciclo formativo de grao básico.

Disposición derradeira segunda. Desenvolvemento normativo

1. A consellería con competencias en materia de educación establecerá:

a) A oferta de ciclos de grao básico.

b) O procedemento de incorporación do alumnado nestas ensinanzas, que incluirá, de acordo co artigo 30.1 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, a intervención do propio alumnado, das súas familias e dos equipos ou servizos de orientación neste proceso.

2. Facúltase a persoa titular da consellería con competencias en materia de educación para ditar cantas outras disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e o desenvolvemento deste decreto.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte de xullo de dous mil vinte e tres

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Anexo

Currículo do ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais,
e de Ciencias Aplicadas

Segundo o artigo 25.3 do Real decreto 217/2022, do 29 de marzo, polo que se establecen a ordenación e as ensinanzas mínimas da educación secundaria obrigatoria, o currículo dos ámbitos de Comunicación e Ciencias Sociais, e de Ciencias Aplicadas dos ciclos formativos de grao básico contribúe a alcanzar as competencias do perfil de saída do alumnado ao finalizar o ensino básico.

Na comunidade Autónoma de Galicia, o perfil de saída do alumnado ao finalizar o ensino básico, xunto ás competencias clave e os descritores operativos das competencias clave, é o establecido no anexo I do Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

O perfil de saída é a ferramenta en que se concretan os principios e os fins do sistema educativo referidos á educación básica que fundamenta o resto de decisións curriculares, así como as estratexias e as orientacións metodolóxicas na práctica lectiva. O perfil de saída identifica e fixa as competencias clave que o alumnado debe adquirir e desenvolver ao finalizar a educación básica, e constitúe o referente último sobre o nivel de desempeño competencial esperado, a través dos correspondentes descritores operativos, tanto na avaliación das distintas etapas e modalidades da formación básica (incluíndo os ciclos de grao básico de formación profesional), como na obtención da titulación en educación secundaria obrigatoria, sexa cursando a ensino secundario obrigatorio ou sexa cursando un ciclo de grao básico de formación profesional.

As competencias clave que aparecen recollidas no perfil de saída son a adaptación ao sistema educativo das competencias clave establecidas na Recomendación do Consello da Unión Europea do 22 de maio de 2018 relativa ás competencias clave para a aprendizaxe permanente. Constitúen os desempeños que se consideran imprescindibles para que o alumnado poida progresar con garantías de éxito no seu itinerario formativo e afrontar os principais retos e desafíos globais e locais. Así mesmo, eses desempeños evidéncianse nas capacidades para aplicar de forma integrada os contidos propios de cada ensinanza e etapa educativa, co fin de lograr a realización axeitada de actividades e a resolución eficaz de problemas complexos.

Nas seguintes epígrafes deste anexo establécese o currículo dos ámbitos de Comunicación e Ciencias Sociais, e de Ciencias Aplicadas dos ciclos formativos de grao básico para o primeiro e o segundo cursos destas ensinanzas, e defínense os obxectivos de cada ámbito, os criterios de avaliación, os contidos, os resultados de aprendizaxe e as orientacións pedagóxicas.

Por obxectivos de ámbito enténdese os desempeños que o alumnado debe poder despregar en actividades ou en situacións cuxa abordaxe requira as aprendizaxes asociadas aos contidos de cada ámbito. Estes obxectivos constitúen un elemento de conexión entre, por unha banda, o perfil de saída do alumnado e, por outra, os criterios de avaliación e os contidos dos ámbitos.

Os criterios de avaliación son os referentes que indican os niveis de desempeño e/ou o grao de consecución esperados no alumnado nas situacións ou actividades ás que se refiren os obxectivos de cada ámbito nun momento determinado do seu proceso de aprendizaxe. Nese sentido, actúan como unha ponte de conexión entre os contidos e os obxectivos do ámbito, polo que son o referente específico para avaliar a aprendizaxe do alumnado, e describen aquilo que se quere valorar e que o alumnado debe lograr, tanto en coñecementos como en competencias.

Na súa formulación competencial, formúlanse enunciando o proceso ou a capacidade que o alumnado debe adquirir, xunto co contexto ou o modo de aplicación e uso do devandito proceso ou da capacidade. O establecemento dos criterios de avaliación vén determinado de xeito gradual polo nivel de madureza e o desenvolvemento psicoevolutivo do alumnado, e deberá garantir sempre a adecuación ás súas experiencias, así como ás súas circunstancias e ás súas características específicas.

Os contidos xuntan os coñecementos (saber), as destrezas (saber facer) e as actitudes (saber ser) que se precisan para a adquisición dos obxectivos propios dun ámbito e cuxa aprendizaxe é necesaria para adquirir o nivel de desempeño indicado nos criterios de avaliación. Así mesmo, os contidos favorecen a avaliación das aprendizaxes a través dos criterios de avaliación.

Os criterios de avaliación e os contidos correspondentes agrúpanse de forma coherente en bloques, e por cada bloque defínese un resultado de aprendizaxe.

Como resultado do proceso de ensino e aprendizaxe de cada bloque, o resultado de aprendizaxe representa o conxunto de obxectivos acadados polo alumnado nese bloque. O conxunto de resultados de aprendizaxe dun ámbito constitúe a evidencia suficiente que permite inferir que se acadan os obxectivos dese ámbito.

As orientacións pedagóxicas son indicacións para orientar o profesorado no deseño e na planificación das estratexias, os procedementos e as accións docentes, de xeito consciente e reflexivo, coa finalidade de posibilitar a aprendizaxe do alumnado que lle permita o logro dos obxectivos e a adquisición das competencias.

1. Comunicación e Ciencias Sociais.

1.1. Introdución.

A rápida evolución das sociedades actuais e as súas múltiples interconexións exixen o desenvolvemento das competencias que axuden aos individuos a exercer unha cidadanía democrática, independente, activa e comprometida coa realidade contemporánea. As competencias clave, que forman parte do perfil de saída do alumnado ao termo do ensino básico, abranguen todos os coñecementos, as destrezas e as actitudes que os individuos necesitan para a súa realización e o seu desenvolvemento persoais, para mellorar as súas capacidades e facilitar a súa inclusión social, para poder desenvolver un estilo de vida responsable, sustentable e saudable e, fundamentalmente, para preparar o alumnado para a súa saída ao mundo laboral. Estas competencias permitirán poder afrontar de maneira satisfactoria os retos e os desafíos do século XXI que, no caso dos ciclos formativos de grao básico, estarán máis conectados coa realidade laboral e ofrecerán ao alumnado a oportunidade de se converter en persoal cualificado e especializado nos distintos sectores da actividade profesional.

O eixe do currículo do ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais aborda de maneira directa as dimensións comunicativas, interculturais, cidadás e cívicas necesarias para desenvolver esa cidadanía democrática, independente, activa e comprometida, así como para exercer profesións cualificadas. Os obxectivos do ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais supoñen unha progresión con respecto aos adquiridos polo alumnado durante os anos de escolarización previa, que serán o punto de partida para esta nova etapa en que se deberán ter en conta tanto as características específicas do alumnado como os seus repertorios e as súas experiencias, co fin de garantir a súa inclusión social e profesional.

Os obxectivos deste ámbito, relacionados cos descritores das competencias clave do perfil de saída e cos retos do século XXI, permítenlle ao alumnado asumir responsablemente os seus deberes, e coñecer e exercer os seus dereitos a partir da aprendizaxe da orixe e a evolución das sociedades, a construción europea, os valores democráticos e a cidadanía activa. En combinación cos aspectos máis intimamente vinculados coas ciencias sociais, a dimensión comunicativa deste currículo implica comunicarse eficazmente e con corrección nas linguas galega e castelá, tanto no nivel oral como no escrito, así como comprender e expresarse adecuadamente nunha lingua estranxeira, de modo que o alumnado poida ampliar o seu repertorio lingüístico individual aproveitando as experiencias propias para mellorar as súas destrezas comunicativas. Así mesmo, ocupan un lugar importante a procura da satisfacción coa lectura, para o que se fomentará unha lectura guiada e compartida na aula de obras que presenten unha certa resistencia para o alumnado, mais que permitan, coa mediación docente, non só a satisfacción, senón tamén a apropiación dos seus elementos relevantes. Ademais disto, é relevante a aceptación e a adecuación á diversidade lingüística e cultural, así como o respecto polo diálogo intercultural e pola situación bilingüe en que vivimos na nosa comunidade autónoma.

Este ámbito, ademais, permítelle ao alumnado desenvolverse mellor nas contornas informacionais, pois abrangue aspectos relacionados coas destrezas básicas para a procura e a selección de información como medio para adquirir novos coñecementos. Iso leva consigo, tamén, adquirir as ferramentas necesarias para enfrontar os riscos de manipulación e desinformación, e abordar a información e a comunicación cun sentido crítico e adecuado ás propias necesidades do alumnado. Neste sentido, as ferramentas dixitais posúen un potencial indispensable para a aprendizaxe, o ensino e a avaliación deste ámbito. Xa que logo, o desenvolvemento do pensamento crítico, a alfabetización mediática e informacional e o uso adecuado, seguro, ético e responsable das tecnoloxías da información e da comunicación supoñen un elemento de aprendizaxe sumamente relevante.

Os criterios de avaliación e os contidos estrutúranse en tres bloques, que se corresponden coas materias de Ciencias sociais, de Lingua castelá e de Lingua galega (nun só bloque), e de Lingua estranxeira de iniciación profesional.

O bloque «Ciencias Sociais» abrangue os saberes que é necesario mobilizar para o desenvolvemento do pensamento histórico, a comprensión da integración europea e os valores democráticos, así como fomentar os valores da tolerancia, o respecto ás ideas das demais persoas e a igualdade de xénero, co fin de permitir que o alumnado poida exercer unha cidadanía activa e responsable. Preténdese substituír a acumulación enumerativa enciclopedista baseada na memorización de datos polo esencial. Focalízase cara aos feitos históricos máis relevantes nun sentido xeral coa intención de que o alumnado chegue a comprender a súa incidencia no presente e a súa proxección no futuro. Todo iso débese formular maiormente desde unha aplicación práctica da aprendizaxe e o desenvolvemento de competencias para que o alumnado amose e potencie todas as súas capacidades.

O bloque «Comunicación en Lingua Castelá e en Lingua Galega» integra os saberes relacionados coa capacidade de comunicarse en ambas as linguas de xeito eficaz e correcto, así como os saberes necesarios para acceder á información de forma crítica e respectuosa coa propiedade intelectual e o desenvolvemento e o fomento do hábito de lectura no alumnado.

Por último, no bloque «Comunicación en Lingua Estranxeira» agrúpanse os contidos que permiten a comprensión e a expresión na lingua estudada, orientada ás necesidades específicas de cada ámbito profesional, así como un achegamento ao plurilingüismo e á interculturalidade como formas de abordar a aprendizaxe da lingua e a cultura estranxeiras, partindo dos coñecementos e das experiencias propias, e dos repertorios individuais.

O enfoque, a gradación e a distribución dos contidos, e a definición dos elementos do currículo están formulados a partir da concepción da aprendizaxe como un proceso dinámico e continuado, flexible e aberto, que debe adecuarse ás circunstancias, ás necesidades e aos intereses do alumnado. Espérase que este sexa quen de empregar convenientemente todos os contidos no seo de situacións comunicativas propias dos diferentes ámbitos: persoal, social, educativo e profesional. A finalidade última desta concepción educativa radica na necesidade de que o alumnado logre enriquecer e ampliar os coñecementos e as aptitudes que se relacionan con temas cotiáns e próximos, de relevancia persoal ou profesional para el ou de interese público próximo á súa experiencia, que inclúan os vinculados cos obxectivos de desenvolvemento sustentable e os retos e desafíos do século XXI. O carácter competencial deste currículo invita o profesorado a fomentar a aprendizaxe construtiva, a crear tarefas interdisciplinarias, contextualizadas, significativas e relevantes, e a desenvolver situacións de aprendizaxe onde se considere o alumnado como axente social progresivamente autónomo e gradualmente responsable do seu propio proceso de aprendizaxe. Para iso, é necesario involucralo en tarefas que lle permitan traballar de maneira colaborativa e que culminen en resultados reais e creativos xerados polo propio alumnado, fomentando así a súa motivación. Este currículo promove a interacción do alumno ou da alumna con outras persoas, especialmente cun mentor ou unha mentora, ou guía, o que redundará, en termos de Vygotsky, nunha potenciación da zona de desenvolvemento próximo, favorecendo a aprendizaxe de novas competencias e o desenvolvemento cognitivo das persoas. Isto implica ter en conta os seus repertorios, os seus intereses e as súas emocións, así como as súas circunstancias específicas, co fin de sentar as bases para a aprendizaxe ao longo de toda a vida.

1.2. Obxectivos.

Obxectivos do ámbito

OBX1. Identificar e comprender a natureza histórica e xeográfica das relacións sociais, as actividades económicas, as manifestacións culturais e os bens patrimoniais, analizando as súas orixes e a súa evolución, e identificando as causas e as consecuencias dos cambios producidos, os problemas actuais e os seus valores presentes, para realizar propostas que contribúan ao benestar futuro e ao desenvolvemento sustentable da sociedade.

• Vivir en sociedade, interactuar coa contorna e comprender as relacións que establecemos e as normas de funcionamento que as rexen resulta algo esencial para que o alumnado poida asumir os seus dereitos e as súas responsabilidades, e poida contribuír ao benestar futuro e ao desenvolvemento sustentable. Entender como funcionan e que valor teñen as relacións sociais, as actividades económicas, as relacións culturais e os bens patrimoniais pasa por comprender cales son as cuestións que preocuparon a humanidade e cal foi a orixe e a evolución das sociedades ao longo do tempo e do espazo. Por iso, neste obxectivo abórdanse as etapas históricas de forma que o alumnado poida comprender as permanencias e os cambios, contextualizando os fenómenos que se foron producindo e as respostas que se deron en cada momento da historia ata o presente.

• Para a adquisición desta competencia será necesaria a aplicación das estratexias e de métodos propios das ciencias sociais, que permitan dar resposta ás principais cuestións xeográficas e históricas que deron lugar á realidade en que vivimos. Entender a orixe e a evolución das relacións sociais, económicas, culturais e políticas, identificando as causas e as consecuencias dos cambios que se foron producindo ao longo do tempo e do espazo, constitúe a base para comprender o mundo actual, e achégalle ao alumnado as ferramentas necesarias para contribuír ao benestar e ao desenvolvemento sustentable da sociedade de que forma parte, creando así unha futura cidadanía democrática e responsable.

OBX2. Comprender as orixes e a evolución dos procesos de integración europea e a súa relevancia no presente e no futuro da sociedade española e das comunidades locais, destacando a contribución do Estado, as súas institucións e as entidades sociais á paz, á seguridade cidadá e á cooperación internacional, ao desenvolvemento sustentable fronte ao cambio climático e á cidadanía global, para contribuír a crear un mundo máis seguro, solidario, sustentable e xusto.

• A globalización fai difícil concibir a vida dunha sociedade allea ao contacto e á interacción con outros pobos. Para poder entender a historia dun país é necesario situalo no escenario dos grandes fluxos de difusión cultural e técnica e no contexto das relacións políticas e da economía internacional. A integración de España no espazo europeo supón un elemento imprescindible para entender a política, a sociedade e a cultura do país. Ademais, formar parte de Europa facilita a mobilidade da cidadanía entre os estados membros.

• O alumnado de ciclos formativos de grao básico debe ser quen de valorar o papel que desempeñou España nas redes de intercambio europeas, e que implicacións ten no presente e no futuro da sociedade española o feito de formar parte da Unión. As actividades encamiñadas á adquisición deste obxectivo deberían promover o interese do alumnado pola realidade internacional e os problemas e os retos que presenta o mundo en que vivimos e, en concreto, no ámbito europeo, para poder entender e asumir o compromiso colectivo de formar parte dunha sociedade globalizada, a partir da riqueza que supón a diversidade cultural.

OBX3. Recoñecer os principios, os valores, os dereitos e os deberes do noso sistema democrático e constitucional analizando de forma crítica as formulacións históricas e xeográficas, as institucións e as organizacións políticas e económicas en que se enmarcan e se manifestan, para adecuar o comportamento propio ao cumprimento dos devanditos principios, valores, dereitos e deberes.

• A Constitución española é a norma suprema que recolle os principios e os fundamentos que conforman o modelo de convivencia no territorio español. Promove a responsabilidade civil, a iniciativa cidadá, o compromiso social e o traballo en favor de movementos e accións que contribúan á cohesión social e ao cumprimento efectivo dos dereitos humanos e as liberdades fundamentais, tanto en España como no resto do mundo, adoptando unha actitude crítica ante as desigualdades e ante todo tipo de discriminación, especialmente a referida ao xénero, á orientación sexual ou á pertenza a minorías etnoculturais. A Constitución española é produto tanto do período de transición á democracia como dos movementos, as accións e os acontecementos que, ao longo da historia, afianzaron as ideas e os valores que conforman o noso actual sistema democrático.

• A Constitución española, ademais, establece os principios básicos do sistema democrático español e garante a soberanía nacional, que necesita o exercicio dunha cidadanía activa, pois implica que toda a cidadanía é titular do poder público do que derivan os poderes lexislativo, executivo e xudicial. Por iso, é necesario que o alumnado sexa consciente dos seus dereitos e dos seus deberes en canto que cidadáns e cidadás, e poida adecuar o seu comportamento ao cumprimento dos principios e dos valores democráticos e constitucionais. A adquisición deste obxectivo está finalmente dirixida a que o alumnado sexa capaz de actuar exercendo unha cidadanía ética e ecosocialmente responsable, e participando plenamente da vida social, política e cívica.

OBX4. Procurar e seleccionar información a partir de diferentes fontes de maneira progresivamente autónoma, avaliando a súa fiabilidade e a súa pertinencia en función das necesidades detectadas, e evitando os riscos de manipulación e desinformación, para a integrar como coñecemento e compartila desde un punto de vista crítico, persoal e respectuoso coa propiedade intelectual.

• As destrezas e os procesos asociados á procura, á selección e ao tratamento da información son instrumentos imprescindibles para se desenvolver na sociedade do coñecemento. Por iso, cómpre que o alumnado adquira habilidades necesarias para localizar, valorar e interpretar a información, e para a transformar en coñecemento, sabendo identificala, xestionala, avaliala e comunicala correctamente. É necesario, ademais, adoptar un punto de vista crítico e persoal que evite os posibles riscos de manipulación e desinformación, e evidenciar unha actitude ética e responsable coa propiedade intelectual e coa identidade dixital.

• Débese facilitar que o alumnado, de xeito individual ou colectivo, consulte fontes de información variadas con obxectivos determinados e sobre unha diversidade de temas próximos á súa experiencia e ao seu interese, tanto profesional como persoal. As actividades xeradas para aplicar este obxectivo deberían adaptarse e contextualizarse a cada ciclo formativo, tratando de relacionalo cos contidos específicos de cada familia profesional e con aspectos e elementos próximos ao ámbito persoal, cultural, social e territorial do alumnado. No labor de procura e selección de información débese tender a unha abordaxe progresivamente autónoma canto á planificación e ao respecto polas convencións establecidas para a difusión dos coñecementos adquiridos (organización en epígrafes, procedementos de cita, notas, bibliografía e webgrafía, etc.), respectando sempre a propiedade intelectual e aplicando estratexias para evitar os riscos de manipulación e desinformación. É tamén imprescindible o desenvolvemento dunha aprendizaxe construtiva, da motivación, a creatividade e a adecuación ao contexto na difusión da nova aprendizaxe. Neste sentido, a biblioteca escolar, entendida como un espazo creativo de aprendizaxe, será unha contorna ideal para a adquisición desta competencia.

OBX5. Comunicar en linguas galega e castelá de xeito cooperativo e respectuoso, atendendo ás convencións propias dos xéneros discursivos e á súa adecuación a diferentes ámbitos e contextos, para dar resposta a necesidades concretas.

• O desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado en linguas galega e castelá –que abrangue a comprensión, a produción e a interacción, tanto orais como escritas e multimodais– require destrezas específicas dentro da área vinculadas e definidas pola diversidade de situacións, contextos e necesidades persoais e sociais do alumnado. Por iso, débense desenvolver prácticas discursivas que incidan na interacción, na comprensión e na expresión dun catálogo diversificado de textos orais, escritos e multimodais. Os obxectivos asociados á comprensión oral inclúen anticipar o contido, reter información relevante en función do propio obxectivo, distinguir entre feitos e opinións, captar o sentido global e a relación entre as partes do discurso, identificar a intención do emisor, analizar procedementos retóricos ou valorar a fiabilidade, a forma e o contido do texto. Pola súa vez, a interacción oral require coñecer as estratexias para tomar e ceder a palabra, despregar actitudes de escoita activa, expresarse con fluidez e claridade, e co ton e o rexistro adecuados, así como pór en xogo as estratexias de cortesía e de cooperación conversacional na expresión de ideas ou opinións atendendo aos elementos da comunicación non verbal. A produción oral de carácter formal, monologada ou dialogada, ofrece marxe para a planificación e comparte, por tanto, estratexias co proceso de escritura. As tecnoloxías da información e da comunicación facilitan novos formatos para a comunicación oral multimodal, tanto síncrona como asíncrona, e favorecen o rexistro das achegas orais do alumnado para a súa difusión en contextos reais e para a súa posterior análise e revisión.

• Desenvolver a competencia de lectura implica incidir no uso das estratexias que deben despregarse antes, durante e despois do acto de lectura, co propósito de formar lectores e lectoras competentes e con autonomía ante todo tipo de textos. Comprender un texto implica captar o seu sentido global e a información máis relevante en función do propósito de lectura e do contexto en que este se produza, integrar a información explícita e realizar as inferencias necesarias, formular hipóteses acerca da intención comunicativa que subxace aos devanditos textos, e reflexionar sobre a súa forma e o seu contido. Para iso, convén acompañar os procesos de lectura do alumnado de maneira detida na aula. Por último, saber escribir significa hoxe en día saber facelo en diferentes soportes e formatos, moitos deles de carácter hipertextual e multimodal, e require o coñecemento e a apropiación dos «moldes» en que cristalizaron as prácticas comunicativas escritas propias dos diferentes ámbitos de uso: os xéneros discursivos. A elaboración dun texto escrito é froito dun proceso que ten polo menos catro momentos: a planificación, a redacción, a revisión –que pode ser autónoma pero tamén compartida con outros e outras estudantes ou guiada pola persoa docente– e a edición do texto final. A composición do texto escrito debe atender tanto a criterios de coherencia, cohesión e adecuación, como á corrección gramatical e ortográfica e á propiedade léxica.

OBX6. Interpretar e valorar obras diversas como fonte de pracer e coñecemento, compartindo experiencias de lectura, para construír a propia identidade de lectura e gozar da dimensión social desta actividade.

• O desenvolvemento deste obxectivo implica recorrer un camiño de progreso planificado que pasa pola dedicación dun tempo periódico e constante á lectura tanto individual como compartida, acompañado de estratexias e estruturas adecuadas para fomentar o hábito e o gusto pola lectura e configurar a autonomía e a identidade de lectura. Este obxectivo debe facilitar o tránsito desde unha lectura puramente identificativa ou argumental das obras a outra máis consciente e elaborada, e que abra as portas a textos inicialmente arredados da experiencia inmediata do alumnado.

• É esencial a configuración dun corpus de textos adecuado, formado por obras de calidade que posibiliten tanto a lectura autónoma como o enriquecemento da experiencia persoal de lectura e que inclúa o contacto con formas literarias actuais impresas e dixitais, así como con prácticas culturais emerxentes. Xunto a iso, é recomendable traballar para configurar unha comunidade de lectores e lectoras con referentes compartidos; brindar estratexias que axuden a cada lector ou lectora a seleccionar os textos do seu interese, próximos ás súas experiencias, apropiarse deles e compartir a súa experiencia persoal de lectura. É conveniente, ademais, desenvolver de maneira guiada as habilidades de interpretación que permiten relacionar o sentido da obra cos seus elementos textuais e contextuais, así como establecer vínculos entre a obra lida, outras obras e outras manifestacións artísticas, construíndo un mapa cultural que conxugue os horizontes nacionais propios da literatura en galego e en castelán cos europeos e universais.

OBX7. Comunicarse en lingua estranxeira, con crecente autonomía, empregando recursos analóxicos e dixitais e usando estratexias básicas de comprensión, produción e interacción, para responder de maneira creativa e eficaz a necesidades persoais e profesionais concretas.

• A comunicación en lingua estranxeira supón pór en práctica os coñecementos, as destrezas e as actitudes que cómpren para a comprensión, a produción e a interacción, tanto oral como escrita e multimodal, sobre temas frecuentes e cotiáns, de relevancia persoal ou propios do seu ámbito profesional de especialización do alumnado. A comprensión, neste nivel, implica entender e interpretar os textos e extraer o seu sentido xeral para satisfacer necesidades comunicativas concretas, tanto persoais como profesionais. Entre as estratexias de comprensión máis útiles para o alumnado están a inferencia e a identificación de elementos lingüísticos clave. A produción, pola súa parte, en diversos formatos e soportes, debe dar lugar á redacción e á exposición oral de textos. Nos ciclos formativos de grao básico pode incluír a exposición dunha pequena descrición ou anécdota, unha presentación formal sobre un tema propio do ámbito profesional de especialización do ciclo ou a redacción de textos útiles para o futuro profesional do alumnado, mediante ferramentas dixitais e analóxicas. No seu formato multimodal, a produción inclúe o uso conxunto de diferentes recursos para producir significado (escritura, imaxe, gráficos, táboas, diagramas, son, xestos, etc.) e a selección e a aplicación do máis adecuado en función da tarefa e as necesidades en cada caso. A interacción implica dúas ou máis persoas participantes na construción dun discurso. Para a súa posta en práctica entran en xogo a cortesía lingüística e a etiqueta dixital, os elementos verbais e non verbais da comunicación, así como a adecuación aos rexistros e aos xéneros dialóxicos, tanto orais como escritos e multimodais, en contornas síncronas ou asíncronas. Por último, o léxico en lingua estranxeira tamén debe ter en conta a familia profesional en que se insire o ciclo formativo, co fin de facilitar estratexias comunicativas para unha saída ao mundo laboral.

OBX8. Valorar criticamente a diversidade lingüística e cultural, e adecuarse a ela, usando os repertorios persoais e tomando conciencia das estratexias e dos coñecementos propios, para xestionar de forma empática e respectuosa en situacións interculturais.

• O plurilingüismo e a interculturalidade supoñen experimentar a diversidade lingüística e cultural, analizándoa e beneficiándose dela. O plurilingüismo permite o uso dos repertorios lingüísticos persoais para que, partindo das experiencias propias, o alumnado poida ampliar e mellorar a aprendizaxe de linguas novas, ao mesmo tempo que desenvolve e enriquece ese repertorio. Pola súa banda, a interculturalidade, que favorece o entendemento coas demais persoas, merece unha atención específica para que forme parte da experiencia do alumnado e para evitar que a súa percepción sobre a diversidade estea distorsionada polos estereotipos e constitúa a orixe de calquera tipo de discriminación. A valoración crítica e a adecuación á diversidade débenlle permitir ao alumnado actuar de forma empática e respectuosa en situacións propias do ámbito persoal e do seu ámbito profesional de especialización.

• A conciencia da diversidade tanto lingüística como cultural proporciónalle ao alumnado a posibilidade de relacionar distintas linguas e culturas. Ademais, favorece o desenvolvemento da súa capacidade para identificar e utilizar unha gran variedade de estratexias que lle permitan establecer relacións con persoas doutras culturas. Esta competencia específica permite ao alumnado abrirse a novas experiencias, ideas, sociedades e culturas, amosando interese e respecto cara ao diferente, así como relativizar a propia perspectiva e o propio sistema de valores culturais, e distanciarse e evitar as actitudes sustentadas sobre calquera tipo de discriminación ou reforzo de estereotipos. A conciencia da diversidade tamén lle permitirá ao alumnado comprender a situación de bilingüismo en que se atopa, amosando unha actitude de respecto cara ás linguas cooficiais da nosa comunidade autónoma, e permitiralle entender o bilingüismo como unha fonte de enriquecemento persoal. Todo o anterior estará orientado ao obxectivo de prover o alumnado das ferramentas necesarias para exercer a actividade propia do seu ámbito de especialización, así como desenvolver unha cultura compartida e unha cidadanía comprometida coa sustentabilidade e os valores democráticos. Erradicar os usos discriminatorios e manipuladores da linguaxe, así como os abusos de poder a través da palabra, capacita o alumnado para participar na construción dunha sociedade máis equitativa e menos desigual, incidindo na indispensable dimensión ética da comunicación.

1.3. Criterios de avaliación e contidos.

1º curso.

Ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais

1º curso

Bloque 1. Ciencias Sociais

Identifica, comprende e procura información sobre as causas e as consecuencias dos procesos históricos e a súa permanencia no tempo, así como as características do espazo xeográfico, os seus elementos e as súas interrelacións, recoñecendo o valor dos bens patrimoniais e culturais, o grao de sustentabilidade da contorna e a necesidade de protexelos e de conservalos.

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.1. Analizouse e interpretouse a contorna nos seus aspectos xerais e locais desde unha perspectiva sistémica e integradora, a través de conceptos e procedementos xeográficos, identificando os seus principais elementos e as interrelacións existentes, e valorando o grao de sustentabilidade e equilibrio dos espazos a partir de actitudes de defensa, protección, conservación e mellora da contorna (natural, rural e urbana).

OBX1

• CA1.2. Relacionáronse as culturas e as civilizacións que se desenvolveron ao longo da historia desde a prehistoria á Idade Moderna nun contexto xeral e próximo, e reflexionouse sobre os múltiples significados que adoptan e as súas finalidades, explicando e valorando a realidade multicultural que se xerou ao longo do tempo, e analizando as situacións e os problemas do presente.

OBX1

• CA1.3. Valorouse a protección e conservación do patrimonio artístico, histórico, natural e cultural como fundamento da nosa identidade colectiva, considerándoo un ben recreativo e cultural e un recurso para o desenvolvemento dos pobos, apreciando o legado histórico, institucional, artístico e cultural en Europa, España e Galicia como patrimonio común, e realizáronse propostas que contribúan á súa conservación e a un desenvolvemento ecosocial sustentable.

OBX2

• CA1.4. Interpretouse a realidade europea, española e galega actual desde a perspectiva do desenvolvemento sustentable e a cidadanía global, recoñecendo a importancia de implicarse na procura de solucións e no modo de concretalas desde a propia capacidade de acción, e valorando a contribución de programas e misións dirixidos polos estados, os organismos internacionais e as asociacións civís para o logro da paz, a seguridade integral, a convivencia social e a cooperación entre os pobos.

OBX2

• CA1.5. Recoñecéronse e explicáronse os mecanismos que regularon a convivencia e a vida en común ao longo da historia, desde a orixe da sociedade ata a Idade Moderna, sinalando os principais modelos de organización social e política que se foron xestando, e valorando a contribución das mulleres na historia.

OBX3

• CA1.6. Adecuouse o comportamento propio ao cumprimento dos principios, valores, dereitos e deberes democráticos e constitucionais, identificando os motivos e os argumentos que sustentan a súa validez e rexeitando calquera tipo de discriminación, especialmente a que se dá por motivos socioeconómicos, de xénero, de orientación sexual ou de pertenza a minorías etnoculturais.

OBX3

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.7. Aplicáronse estratexias tanto analóxicas como dixitais de procura, selección e organización de información, avaliando a súa fiabilidade e a súa pertinencia en función do obxectivo perseguido e evitando os riscos de manipulación e desinformación.

OBX4

• CA1.8. Elaboráronse contidos propios a partir de diferentes fontes de maneira progresivamente autónoma, procurando e seleccionando a información máis adecuada, adoptando un punto de vista crítico e respectuoso cos principios de propiedade intelectual e citando as fontes consultadas.

OBX4

• CA1.9. Realizáronse exposicións orais con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, ecosocial, educativo e profesional, axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez, coherencia e o rexistro adecuado, en diferentes soportes e utilizando de xeito eficaz recursos verbais e non verbais.

OBX5

Contidos

• Obxectivos e estratexias das ciencias sociais: procedementos, termos e conceptos.

• Fontes históricas e arqueolóxicas do coñecemento histórico como base para a construción deste (arquivos, bibliotecas, museos, etc.). Riscos do uso das tecnoloxías da información e da comunicación. Uso ético da información. O problema da desinformación.

• As grandes migracións humanas e o nacemento das primeiras culturas prehistóricas e as primeiras persoas poboadoras na Península Ibérica e en Galicia.

• As raíces clásicas de Grecia e Roma no mundo occidental: as institucións e a construción das identidades culturais e do eurocentrismo a través do pensamento e da arte.

• Principais fitos da historia medieval e moderna mundial, europea, española e galega: causas e consecuencias sociais, políticas, económicas e culturais.

• Organización social e política ao longo da historia: a transformación política do ser humano desde as civilizacións antigas ás monarquías da Idade Moderna.

• A cidade e o mundo rural ao longo da historia: poles, urbes, cidades, vilas e aldeas. As súas características en España e en Galicia.

• A pegada humana e a conservación, a protección e a defensa do patrimonio ambiental, histórico, artístico, cultural e natural. Legado cultural en España e en Galicia. A relación do ser humano e a natureza ao longo da historia.

• Significado e función das expresións artísticas e culturais nas distintas civilizacións do período histórico que se aborda no curso, e exemplos puntuais dalgunha das obras universais e galegas ou dalgún dos movementos artísticos máis significativos.

• Diversidade social e multiculturalidade: integración e cohesión social.

• Compromiso e acción ante os obxectivos de desenvolvemento sustentable.

• A emerxencia climática e os problemas ecosociais. A conciencia ambiental. Compromiso e acción ante os obxectivos do desenvolvemento sustentable. Os efectos da globalización nas sociedades actuais.

• Discriminacións: causas e consecuencias. Respecto polas minorías etnoculturais.

• Contribución das mulleres á historia: da prehistoria á etapa moderna.

• Exposición de ideas e argumentos sobre diferentes feitos históricos que se abordan no curso.

Bloque 2. Comunicación en Lingua Castelá e en Lingua Galega

RA2. Utiliza estratexias comunicativas para interpretar e comunicar información oral e escrita en linguas galega e castelá, e para interpretar textos literarios anteriores ao século XIX nas dúas linguas, xerando criterios estéticos para a construción do gusto persoal e aplicando os principios da escoita activa, estratexias sinxelas de composición, as normas lingüísticas básicas e estratexias de análise, síntese e clasificación, de xeito estruturado e progresivo.

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA2.1. Localizouse e organizouse información obtida a partir de diversas fontes, avaliando a súa fiabilidade e a súa pertinencia en función do obxectivo e das necesidades propostas.

OBX4

• CA2.2. Elaboráronse contidos propios a partir de diferentes fontes de xeito progresivamente autónomo, buscando e seleccionando a información máis axeitada, adoptando un punto de vista crítico e respectuoso cos principios de propiedade intelectual e citando as fontes consultadas.

OBX4

• CA2.3. Aplicáronse estratexias tanto analóxicas como dixitais de procura e de selección de información, evitando os riscos de manipulación e de desinformación.

OBX4

• CA2.4. Comprendeuse e interpretouse o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais, escritos e multimodais de diferentes ámbitos, avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada.

OBX5

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA2.5. Realizáronse exposicións orais con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, ecosocial, educativo e profesional axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez, coherencia e o rexistro axeitado, en diferentes soportes e utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.

OBX5

• CA2.6. Planificouse a redacción de textos escritos e multimodais atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle; redactáronse e revisáronse borradores, e presentouse un texto final coherente, cohesionado e co rexistro axeitado, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical.

OBX5

• CA2.7. Participouse de xeito activo e adecuado en interaccións orais informais, no traballo en equipo e en situacións orais formais de carácter dialogado, con actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e cortesía lingüística.

OBX5

• CA2.8. Léronse de xeito autónomo textos seleccionados en función dos propios gustos, dos intereses e das necesidades, deixando constancia do progreso do propio itinerario de lectura e cultural, e explicáronse os criterios de selección das lecturas.

OBX6

• CA2.9. Actuouse de forma empática e respectuosa en situacións interculturais, construíndo vínculos entre as linguas e as culturas, rexeitando calquera tipo de discriminación, prexuízo e estereotipo en contextos comunicativos cotiáns dos ámbitos profesional e persoal.

OBX8

• CA2.10. Aceptouse e valorouse a diversidade lingüística e cultural como fonte de enriquecemento persoal, amosando interese e identificando elementos culturais e lingüísticos que fomenten o respecto, a sustentabilidade e a democracia.

OBX8

Contidos

• Alfabetización mediática e informacional. Procura e selección da información con criterios de fiabilidade, calidade e pertinencia; análise, valoración, reorganización e síntese da información en esquemas propios.

– Fontes de información: criterios de procura e selección de información fiable, pertinente e de calidade. Aspectos básicos da propiedade intelectual.

– Comunicación e difusión da información de maneira creativa e respectuosa coa propiedade intelectual.

– Estratexias de procura e selección de información.

– Análise dos riscos e das consecuencias da manipulación e da desinformación.

– Estratexias de organización da información: a escrita como mecanismo para organizar o pensamento (notas, esquemas, mapas conceptuais, resumos…).

– Achegamento ao correcto emprego do sistema de citación e ao uso das referencias bibliográficas nas creacións propias

– Utilización responsable das tecnoloxías da información. Dispositivos, aplicacións informáticas e plataformas dixitais de procura de información.

• Comunicación. Estratexias de produción, comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais de diferentes ámbitos.

– Contexto: compoñentes do feito comunicativo: grao de formalidade da situación e carácter público ou privado; distancia social entre as persoas interlocutoras; propósitos comunicativos e interpretación de intencións; canle de comunicación e elementos non verbais da comunicación.

– Comprensión e creación de secuencias textuais básicas (narrativas, descritivas, dialogadas, expositivas e argumentativas).

– Emprego correcto das propiedades textuais: coherencia, cohesión e adecuación.

– Xéneros discursivos propios do ámbito persoal: a conversa, con especial atención aos actos de fala que ameazan a imaxe da persoa interlocutora (a discrepancia, a queixa, a orde e a reprobación).

– Xéneros discursivos propios do ámbito social. Redes sociais e medios de comunicación. Etiqueta dixital e riscos da desinformación, a manipulación e a vulneración da privacidade. Análise da imaxe e dos elementos paratextuais dos textos icónico-verbais e multimodais.

– Interacción oral e escrita de carácter informal e formal. Cooperación conversacional e cortesía lingüística. Escoita activa, asertividade e resolución dialogada dos conflitos. Comunicación emocional. Autoconfianza: posta en valor de puntos fortes. O erro na comunicación como oportunidade de mellora.

– Comprensión oral: sentido global do texto e relación entre as súas partes; selección e retención da información relevante. A intención do emisor.

– Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal. Valoración da forma e do contido do texto. Os prexuízos lingüísticos.

– Produción oral formal: planificación e procura de información, textualización e revisión. Adecuación á audiencia e ao tempo de exposición. Elementos non verbais. Trazos discursivos e lingüísticos da oralidade formal. A deliberación oral argumentada.

– Comprensión de lectura: sentido global do texto e relación entre as súas partes. A intención do emisor. Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal e icónica. Valoración da forma e do contido do texto.

– Produción escrita: planificación, redacción, revisión e edición en diferentes soportes. Corrección gramatical e ortográfica. Propiedade léxica. Usos da escritura para a organización do pensamento: toma de notas, esquemas, mapas conceptuais, resumos, etc.

– Identificación y emprego de recursos lingüísticos para amosar a implicación do emisor nos textos: formas de deíxe (persoal, temporal e espacial) e procedementos de modalización.

– Uso coherente das formas verbais nos textos. Os tempos de pretérito na narración. Correlación temporal no discurso relatado.

– Corrección lingüística e revisión ortográfica e gramatical dos textos. Uso de dicionarios, de manuais de consulta e de correctores ortográficos en soporte analóxico ou dixital.

– Emprego correcto dos signos de puntuación como mecanismo organizador do texto escrito. A súa relación co significado.

• Educación literaria.

– Lectura guiada de fragmentos de obras relevantes do patrimonio literario español desde a Idade Media ata o século XVIII inscritas nun itinerario temático ou de xénero.

– Lectura guiada de fragmentos de obras relevantes do patrimonio literario galego desde a Idade Media ata o século XIX inscritas nun itinerario temático ou de xénero.

– Lectura guiada de fragmentos de obras relevantes do patrimonio literario universal desde a Idade Media ata o século XVIII inscritas nun itinerario temático ou de xénero.

– Expresión, a través de modelos, da experiencia de lectura e de diferentes formas de apropiación e recreación dos textos lidos.

– Relación e comparación dos textos lidos en lingua castelá con outros textos orais, escritos ou multimodais, con outras manifestacións artísticas e coas novas formas de ficción en función de temas, estruturas e linguaxes.

– Relación e comparación dos textos lidos en lingua galega con outros textos orais, escritos ou multimodais, con outras manifestacións artísticas e coas novas formas de ficción en función de temas, estruturas e linguaxes.

– Lectura expresiva, dramatización e recitación dos textos escritos en lingua castelá atendendo aos procesos de comprensión, apropiación e oralización implicados.

– Lectura expresiva, dramatización e recitación dos textos escritos en lingua galega atendendo aos procesos de comprensión, apropiación e oralización implicados.

– Estratexias para interpretar obras e fragmentos literarios, atendendo aos valores culturais, éticos e estéticos presentes nos textos. Lectura con perspectiva de xénero. Visibilización do universo feminino. Lectura con perspectiva ambiental e ecolóxica, con especial incidencia no cambio climático e na protección e o benestar dos animais.

• Reflexión sobre a lingua.

– Análise da diversidade lingüística da contorna. Biografía lingüística.

– Estratexias de construción guiada de conclusións propias sobre o sistema lingüístico. Observación, comparación e clasificación de unidades comunicativas (morfemas, palabras e oracións). Manipulación de estruturas, formulación de hipóteses, contraexemplos, xeneralizacións e contraste entre linguas, co uso da metalinguaxe específica.

Bloque 3. Comunicación en Lingua Estranxeira

RA3. Comunica e interpreta información oral e escrita en lingua estranxeira, en situacións de comunicación habituais e frecuentes dos ámbitos profesional, persoal e público, utilizando estratexias e técnicas básicas de planificación, execución e reparación para a comprensión, a produción e a coprodución de textos orais e escritos breves, sinxelos, claros e ben estruturados.

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA3.1. Aplicáronse estratexias tanto analóxicas como dixitais de procura, selección e organización de información, avaliando de forma guiada a súa fiabilidade e a súa pertinencia en función do obxectivo perseguido e evitando os riscos de manipulación e desinformación.

OBX4

• CA3.2. Elaboráronse contidos propios a partir de diferentes fontes de maneira progresivamente autónoma, procurando e seleccionando de xeito guiado a información máis adecuada, adoptando un punto de vista crítico e respectuoso cos principios de propiedade intelectual e citando as fontes consultadas

OBX4

• CA3.3. Interpretouse de forma guiada o sentido global e a información específica e explícita de textos orais, escritos e multimodais breves e sinxelos sobre temas frecuentes e cotiáns, propios do seu ámbito profesional de especialización ou de relevancia persoal, expresados de forma clara e no rexistro estándar da lingua estranxeira, a través de diversos soportes.

OBX7

• CA3.4. Producíronse en lingua estranxeira textos orais, escritos e multimodais breves, sinxelos, estruturados, comprensibles e adecuados á situación comunicativa, seguindo pautas e modelos establecidos e facendo uso de ferramentas e recursos analóxicos e dixitais.

OBX7

• CA3.5. Participouse en situacións interactivas e accións guiadas síncronas e asíncronas, breves e sinxelas, en lingua estranxeira, sobre temas cotiáns próximos ao seu ámbito profesional ou de relevancia persoal, amosando empatía e respecto pola cortesía lingüística e a etiqueta dixital, así como polas diferentes necesidades, ideas, inquietudes, iniciativas e motivacións das persoas interlocutoras.

OBX7

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA3.6. Utilizáronse de forma guiada e en contornas persoais e profesionais da propia especialidade próximas á súa experiencia, estratexias adecuadas para iniciar, manter e terminar a comunicación, tomar e ceder a palabra, solicitar e formular aclaracións e explicacións en lingua estranxeira.

OBX7

• CA3.7. Mellorouse a capacidade de se comunicar en lingua estranxeira utilizando os coñecementos e as estratexias do repertorio lingüístico e cultural propio, con apoio doutras persoas participantes e de soportes analóxicos e dixitais.

OBX8

• CA3.8. Aceptouse e valorouse, desde unha perspectiva de xénero, a diversidade lingüística e cultural como fonte de enriquecemento persoal, amosando interese por compartir elementos culturais e lingüísticos que fomenten o respecto, a sustentabilidade e a democracia.

OBX8

Contidos

• Estratexias e técnicas para a adquisición de autoconfianza. O erro como instrumento de mellora.

• Estratexias básicas para a planificación, a execución, o control e a reparación da comprensión, a produción e a coprodución de textos orais, escritos e multimodais.

• Funcións comunicativas básicas dos ámbitos profesional e persoal adecuadas ao contexto comunicativo: saudar, despedirse e presentarse; describir persoas, obxectos e lugares; situar eventos no tempo; situar obxectos, persoas e lugares no espazo; pedir e intercambiar información; dar instrucións e ordes; ofrecer, aceptar e rexeitar axuda, proposicións ou suxestións; expresar parcialmente o gusto ou o interese e as emocións básicas; narrar acontecementos pasados, describir situacións presentes e expresar sucesos futuros; expresar a opinión e a posibilidade, etc.

• Modelos contextuais e xéneros discursivos básicos na comprensión, na produción e na coprodución de textos orais, escritos e multimodais, breves e sinxelos, dos ámbitos tanto profesional de especialización como persoal.

• Unidades lingüísticas básicas e significados asociados ás devanditas unidades, tales como expresión da entidade e as súas propiedades, cantidade e calidade, o espazo e as relacións espaciais, o tempo e as relacións temporais, a afirmación, a negación, a interrogación e a exclamación, e relacións lóxicas básicas.

• Léxico, frases e expresións de uso común da familia profesional en que se insire o ciclo formativo e doutros ámbitos persoais do ámbito profesional.

• Padróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación básicos, e significados e intencións comunicativas xerais asociadas a eses padróns.

• Convencións ortográficas básicas e significados e intencións comunicativas asociados aos formatos, aos padróns e aos elementos gráficos.

• Ferramentas analóxicas e dixitais básicas para a comprensión, a produción e a coprodución oral, escrita e multimodal, e plataformas virtuais de interacción e colaboración para a aprendizaxe e a comunicación, tanto no ámbito profesional de especialización como no persoal.

• Estratexias e técnicas para responder eficazmente a unha necesidade comunicativa básica e concreta de forma comprensible, malia as limitacións derivadas do nivel de competencia na lingua estranxeira e nas demais linguas do repertorio lingüístico propio.

• Estratexias básicas para identificar, recuperar e utilizar unidades lingüísticas (léxico, morfosintaxe, padróns sonoros, etc.), a partir da comparación das linguas e das variedades que conforman o repertorio lingüístico persoal.

• Aspectos socioculturais e sociolingüísticos básicos relativos ás situacións propias do seu ámbito profesional de especialización e á vida cotiá.

• Estratexias básicas para entender e apreciar a diversidade lingüística e cultural.

2º curso.

Ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais

2º curso

Bloque 1. Ciencias Sociais

Identifica, comprende e procura información sobre as causas e as consecuencias dos procesos históricos e xeográficos, e a súa permanencia no tempo, procurando un mundo máis seguro e xusto baseado na valoración da cohesión social, da cooperación internacional, dos procesos da integración en Europa, dos valores democráticos e constitucionais, e da contribución do Estado e as súas institucións á consecución da paz e da seguridade cidadá.

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.1. Relacionáronse as culturas e as civilizacións que se desenvolveron desde o século XIX ata a actualidade e os feitos máis relevantes en España e en Galicia, reflexionando sobre os múltiples significados que adoptan e as súas finalidades, explicando e valorando a realidade multicultural que se xerou ao longo do tempo, e analizando as situacións e os problemas do presente.

OBX1

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.2. Sinalouse e explicouse o proceso de unificación do espazo europeo e a súa relevancia na construción da sociedade española e galega, analizando a súa evolución e argumentando a súa influencia na política nacional.

OBX2

• CA1.3. Identificáronse e valoráronse as principais institucións europeas, analizando os seus principios reitores, as súas normas de funcionamento e as súas funcións, xulgando o seu papel nos conflitos internacionais e recoñecendo a súa contribución á paz e á cooperación internacional, ao desenvolvemento sustentable, á loita contra o cambio climático e á cidadanía global.

OBX2

• CA1.4. Interpretouse a realidade europea, española e galega actual desde a perspectiva do desenvolvemento sustentable e a cidadanía global, expresando a importancia de implicarse na procura de solucións e no modo de concretalos desde a propia capacidade de acción, e valorouse a contribución das misións e dos programas dirixidos polos estados, os organismos internacionais e as asociacións civís para o logro da paz, a seguridade integral, a convivencia social e a cooperación entre os pobos.

OBX2

• CA1.5. Identificáronse, interpretáronse e analizáronse os principios, valores, deberes e dereitos fundamentais da Constitución española, o sistema democrático, as súas institucións e as súas organizacións sociais, políticas e económicas, así como a importancia do sistema constitucional e dos estatutos autonómicos, e explicouse a súa función como mecanismos que regulan a convivencia e a vida en comunidade.

OBX3

• CA1.6. Recoñecéronse e explicáronse os mecanismos que regularon a convivencia desde o século XIX ata a actualidade no contexto xeral e máis próximo, e sinaláronse os principais modelos de organización social e política que se foron xestando.

OBX3

• CA1.7. Adecuouse o comportamento propio ao cumprimento dos principios, valores, dereitos e deberes democráticos e constitucionais, identificando os motivos e os argumentos que sustentan a súa validez e rexeitando calquera tipo de discriminación, especialmente a que se dá por motivos socioeconómicos, de xénero, de orientación sexual ou de pertenza a minorías etnoculturais.

OBX3

• CA1.8. Elaboráronse contidos propios a partir de diferentes fontes de maneira progresivamente autónoma, procurando e seleccionando a información máis adecuada, adoptando un punto de vista crítico e respectuoso cos principios de propiedade intelectual e citando as fontes consultadas.

OBX4

• CA1.9. Aplicáronse estratexias tanto analóxicas como dixitais de procura e de selección de información, evitando os riscos de manipulación e de desinformación.

OBX4

• CA1.10. Realizáronse exposicións orais con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, ecosocial, educativo e profesional, axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez, coherencia e o rexistro adecuado, en diferentes soportes e utilizando de xeito eficaz recursos verbais e non verbais.

OBX5

Contidos

• Principais fitos da historia mundial, europea, española e galega: causas e consecuencias sociais, políticas, económicas e culturais, desde o século XIX á actualidade.

• Organización social e política desde o século XIX ata a actualidade: a transformación política do ser humano (desde a servidume á cidadanía).

• A lei como contrato social: a constitución e o exercicio da cidadanía.

• As relacións internacionais e o estudo de conflitos e violencias. O Holocausto

• Significado e función das expresións artísticas e culturais do período histórico que se aborda no curso, e exemplos puntuais de obras ou movementos artísticos significativos.

• As formacións identitarias (ideoloxías, nacionalismos e movementos supranacionais).

• O proceso de construción europea: integración económica, monetaria e cidadá.

• Institucións europeas: orixe, principios básicos, funcionamento e funcións.

• Cidadanía europea e global: ideas e actitudes para a formación dunha identidade común.

• España e Galicia en Europa: proceso de transformación e contextualización dos aspectos políticos, sociais, económicos e culturais na formación da identidade.

• Diversidade social e multiculturalidade: integración e cohesión social en España como exemplo de país de migrantes.

• A Constitución española. Modelo territorial de España e de Galicia; ordenamento normativo autonómico, estatal e supranacional.

• A Declaración Universal dos Dereitos Humanos: orixe, xustificación e implicacións na vida cotiá.

• O sistema democrático: a súa construción, os seus principios básicos recollidos na Constitución; distintos modelos e norma institucional básica dos estatutos de autonomía; o Estatuto de Galicia.

• Institucións e organizacións sociais, políticas e económicas na actualidade.

• A contribución do Estado e as súas institucións á paz, á seguridade integral cidadá e á convivencia social.

• España en Europa e no mundo. A seguridade e a cooperación internacional. Os compromisos internacionais de España.

• O compromiso social: mediación, resolución pacífica de conflitos e proxectos comunitarios.

• Convivencia cívica e cultura democrática: incorporación e implicación na sociedade civil. O recoñecemento dos dereitos LGTBI.

• Discriminacións: causas e consecuencias. Movementos cara á igualdade das mulleres, con exemplos de mulleres relevantes da historia contemporánea. Logro dunha efectiva igualdade de xénero. Manifestacións e condutas non sexistas.

• Exposición de ideas e argumentos sobre diferentes feitos históricos contemporáneos e actuais.

Bloque 2. Comunicación en Lingua Castelá e en Lingua Galega

RA2. Utiliza estratexias comunicativas para interpretar e comunicar información oral e escrita en linguas galega e castelá, e para interpretar textos literarios nas dúas linguas, xerando criterios estéticos para a construción do gusto persoal e aplicando os principios da escoita activa, estratexias sinxelas de composición, as normas lingüísticas básicas, estratexias de análise, síntese e clasificación de xeito estruturado e progresivo.

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA2.1. Elaboráronse contidos propios a partir de diferentes fontes de maneira progresivamente autónoma, procurando e seleccionando a información máis adecuada, adoptando un punto de vista crítico e respectuoso cos principios de propiedade intelectual e citando as fontes consultadas

OBX4

• CA2.2. Aplicáronse estratexias tanto analóxicas como dixitais de procura e de selección de información, evitando os riscos de manipulación e de desinformación.

OBX4

• CA2.3 Comprendeuse e interpretouse o sentido global, a estrutura e a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais, escritos e multimodais de diferentes ámbitos, avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada.

OBX5

• CA2.4. Realizáronse exposicións orais con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, ecosocial, educativo e profesional, axustándose ás convencións propias dos xéneros discursivos, con fluidez, coherencia e o rexistro adecuado, en diferentes soportes e utilizando de xeito eficaz recursos verbais e non verbais.

OBX5

• CA2.5. Planificouse a redacción de textos escritos e multimodais atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle; redactáronse borradores e revisáronse, e presentouse un texto final coherente, cohesionado e co rexistro adecuado, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical.

OBX5

• CA2.6. Participouse de maneira activa e adecuada en interaccións orais informais, no traballo en equipo e en situacións orais formais de carácter dialogado, con actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e cortesía lingüística.

OBX5

• CA2.7. Léronse con autonomía textos seleccionados en función dos propios gustos, os intereses e as necesidades, deixando constancia do progreso do propio itinerario de lectura e cultural, e explicáronse os criterios de selección das lecturas.

OBX6

• CA2.8. Compartiuse a experiencia de lectura literaria en soportes diversos, relacionando o sentido da obra cos seus elementos formais e contextuais, e relacionando o texto lido con outras manifestacións artísticas en función de temas, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos.

OBX6

• CA2.9. Actuouse con empatía e respecto en situacións interculturais, construíndo vínculos entre as linguas e as culturas, rexeitando calquera tipo de discriminación, prexuízo e estereotipo en contextos comunicativos cotiáns dos ámbitos persoal e profesional.

OBX8

• CA2.10. Aceptouse e valorouse a diversidade lingüística e cultural como fonte de enriquecemento persoal, amosando interese por compartir elementos culturais e lingüísticos que fomenten a sustentabilidade e a democracia.

OBX8

Contidos

• Alfabetización informacional. Procura e selección da información con criterios de fiabilidade, calidade e pertinencia; análise, valoración, reorganización e síntese da información en esquemas propios.

– Comunicación e difusión da información de maneira creativa e respectuosa coa propiedade intelectual.

– Análise dos riscos e das consecuencias da manipulación e da desinformación.

– Achegamento ao correcto emprego do sistema de citación e ao uso das referencias bibliográficas nas creacións propias.

– Utilización responsable das tecnoloxías da información. Dispositivos, aplicacións informáticas e plataformas dixitais de procura de información.

• Comunicación. Estratexias de produción, comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais de diferentes ámbitos.

– Comprensión e creación de secuencias textuais básicas (narrativas, descritivas, dialogadas, expositivas e argumentativas).

– Emprego correcto das propiedades textuais (coherencia, cohesión e adecuación) e respecto por elas nas creacións propias.

– Xéneros discursivos propios do ámbito educativo: a estrutura e as principais características dos textos científicos, técnicos e humanísticos.

– Xéneros discursivos propios do ámbito profesional: o currículo, a carta de motivación e a entrevista de traballo.

– Interacción oral e escrita de carácter informal e formal. Cooperación conversacional e cortesía lingüística. Escoita activa, asertividade e resolución dialogada dos conflitos. Comunicación emocional.

– Comprensión oral: sentido global do texto e relación entre as súas partes; selección e retención da información relevante. Intención do emisor.

– Produción oral formal: planificación e procura de información, textualización e revisión. Adecuación á audiencia e ao tempo de exposición. Elementos non verbais. Trazos discursivos e lingüísticos da oralidade formal. Deliberación oral argumentada

– Comprensión de lectura: sentido global do texto e relación entre as súas partes. A intención do emisor. Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal e icónica. Valoración da forma e do contido do texto.

– Produción escrita: planificación, redacción, revisión e edición en diferentes soportes. Corrección gramatical e ortográfica. Propiedade léxica. Usos da escritura para a organización do pensamento: toma de notas, esquemas, mapas conceptuais, resumos, etc.

– Identificación e emprego de recursos lingüísticos para adecuar o rexistro á situación de comunicación.

– Emprego correcto dos mecanismos de cohesión. Recoñecemento e utilización de conectores textuais. Identificación e uso de mecanismos de referencia interna gramaticais (substitucións pronominais) e léxicos (repeticións, sinónimos, hiperónimos e elipses).

– Corrección lingüística e revisión ortográfica e gramatical dos textos. Uso de dicionarios, de manuais de consulta e de correctores ortográficos en soportes analóxico ou dixital.

– Emprego correcto dos signos de puntuación como mecanismo organizador do texto escrito. A súa relación co significado.

• Educación literaria.

– Lectura guiada de fragmentos de obras relevantes do patrimonio literario español desde o século XIX ata a actualidade.

– Lectura guiada de fragmentos de obras relevantes do patrimonio literario galego desde o século XX ata a actualidade.

– Lectura guiada de fragmentos de obras relevantes do patrimonio literario universal desde o século XIX ata a actualidade.

– Implicación na lectura de forma progresivamente autónoma e reflexión sobre os textos lidos e sobre a propia práctica de lectura sustentada en modelos.

– Estratexias de construción compartida da interpretación das obras. Discusións, conversacións literarias, debates ou emisión razoada das opinións persoais.

– Construción do sentido da obra a partir da análise dos seus elementos formais e contextuais. Efectos dos seus recursos expresivos na recepción.

– Estratexias de mobilización da experiencia persoal, de lectura e cultural para establecer vínculos de maneira argumentada entre a obra lida e aspectos da actualidade, así como con outros textos e manifestacións artísticas e culturais. A lectura compartida e a lectura dialóxica.

– Estratexias para interpretar obras e fragmentos literarios, atendendo aos valores culturais, éticos e estéticos presentes nos textos. Lectura con perspectiva de xénero. Visibilización do universo feminino. Lectura con perspectiva ambiental e ecolóxica, con especial incidencia no cambio climático e na protección e o benestar dos animais.

– Creación de textos a partir da apropiación das convencións da linguaxe literaria e en referencia a modelos dados (imitación, transformación, continuación, etc.).

• Reflexión sobre a lingua.

– Recoñecemento das linguas oficiais de España e das súas variedades dialectais, con especial atención ao galego e ao castelán. As linguas de signos. Exploración e cuestionamento de prexuízos e estereotipos lingüísticos.

– Estratexias de construción guiada de conclusións propias sobre o sistema lingüístico. Observación, comparación e clasificación de unidades comunicativas (morfemas, palabras e oracións). Manipulación de estruturas, formulación de hipóteses, contraexemplos, xeneralizacións e contraste entre linguas, co uso da metalinguaxe específica.

– Procedementos de adquisición e formación de palabras. Reflexión sobre os cambios no seu significado, as relacións semánticas entre palabras e os seus valores denotativos e connotativos, en función do contexto e do propósito comunicativo.

Bloque 3. Comunicación en Lingua Estranxeira

RA3. Comunica e interpreta información oral e escrita en lingua estranxeira, en situacións de comunicación habituais, frecuentes e concretas dos ámbitos profesional, persoal e público, utilizando estratexias e técnicas básicas e sistemáticas de planificación, execución e reparación para a comprensión, produción e coprodución de textos orais e escritos breves, sinxelos, claros e ben estruturados.

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA3.1. Aplicáronse estratexias tanto analóxicas como dixitais de procura, selección e organización de información, avaliando de xeito guiado a súa fiabilidade e a súa pertinencia en función do obxectivo perseguido, e evitando os riscos de manipulación e de desinformación.

OBX4

• CA3.2. Elaboráronse contidos propios a partir de diferentes fontes de maneira progresivamente autónoma, procurando e seleccionando a información máis adecuada, adoptando un punto de vista crítico e respectuoso cos principios de propiedade intelectual e citando as fontes consultadas.

OBX4

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA3.3. Interpretouse o sentido global e a información específica e explícita de textos orais, escritos e multimodais breves e sinxelos sobre temas frecuentes e cotiáns propios do seu ámbito profesional de especialización ou de relevancia persoal, expresados de forma clara e no rexistro estándar da lingua estranxeira.

OBX7

• CA3.4. Producíronse en lingua estranxeira textos orais, escritos e multimodais, breves, sinxelos, estruturados, comprensibles e adecuados á situación comunicativa, seguindo pautas establecidas e facendo uso de ferramentas e recursos analóxicos e dixitais.

OBX7

• CA3.5. Participouse en situacións interactivas e en accións guiadas síncronas e asíncronas, breves e sinxelas, en lingua estranxeira, sobre temas cotiáns próximos ao seu ámbito profesional ou de relevancia persoal, amosando empatía e respecto pola cortesía lingüística e a etiqueta dixital, así como polas necesidades, as ideas, as inquietudes, as iniciativas e as motivacións das persoas interlocutoras.

OBX7

• CA3.6. Utilizáronse, de forma guiada e en contornas profesionais e persoais próximas á súa experiencia, estratexias adecuadas para iniciar, manter e terminar a comunicación, tomar e ceder a palabra, e solicitar e formular aclaracións e explicacións en lingua estranxeira.

OBX7

• CA3.7 Mellorouse a capacidade de se comunicar en lingua estranxeira utilizando os coñecementos e as estratexias do repertorio lingüístico e cultural propio, con apoio doutras persoas participantes e de soportes analóxicos e dixitais.

OBX8

• CA3.8. Aceptouse e valorouse, desde unha perspectiva de xénero, a diversidade lingüística e cultural como fonte de enriquecemento profesional e persoal, identificando os elementos culturais e lingüísticos que fomentan o respecto, a sustentabilidade e a democracia.

OBX8

Contidos

• Estratexias e técnicas para a adquisición de autoconfianza. O erro como instrumento de mellora.

• Estratexias básicas para a planificación, a execución, o control e a reparación da comprensión, a produción e a coprodución de textos orais, escritos e multimodais.

• Funcións comunicativas básicas dos ámbitos profesional e persoal adecuadas ao contexto comunicativo: saudar, despedirse e presentarse; describir persoas, obxectos e lugares; situar eventos no tempo; situar obxectos, persoas e lugares no espazo; pedir e intercambiar información; dar instrucións e ordes; ofrecer, aceptar e rexeitar axuda, proposicións ou suxestións; expresar parcialmente o gusto ou o interese e as emocións básicas; narrar acontecementos pasados, describir situacións presentes e expresar sucesos futuros; expresar a opinión e a posibilidade, etc.

• Modelos contextuais e xéneros discursivos básicos na comprensión, na produción e na coprodución de textos orais, escritos e multimodais breves e sinxelos, tanto do ámbito profesional de especialización como do persoal.

• Unidades lingüísticas básicas e significados asociados a esas unidades, tales como expresión da entidade e as súas propiedades, cantidade e calidade, o espazo e as relacións espaciais, o tempo e as relacións temporais, a afirmación, a negación, a interrogación e a exclamación, e relacións lóxicas básicas.

• Léxico, frases e expresións de uso común da familia profesional en que se insire o ciclo formativo e do ámbito profesional.

• Padróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación básicos, e significados e intencións comunicativas xerais asociados a eses padróns.

• Convencións ortográficas básicas e significados e intencións comunicativas asociados aos formatos, aos padróns e aos elementos gráficos.

• Ferramentas analóxicas e dixitais básicas para a comprensión, a produción e a coprodución oral, escrita e multimodal; e plataformas virtuais de interacción e colaboración para a aprendizaxe e a comunicación tanto no ámbito profesional de especialización como no persoal.

• Estratexias e técnicas para responder eficazmente a unha necesidade comunicativa básica e concreta de forma comprensible, malia as limitacións derivadas do nivel de competencia na lingua estranxeira e nas demais linguas do repertorio lingüístico propio.

• Estratexias básicas para identificar, recuperar e utilizar unidades lingüísticas (léxico, morfosintaxe, padróns sonoros, etc.), a partir da comparación das linguas e variedades que conforman o repertorio lingüístico persoal.

• Aspectos socioculturais e sociolingüísticos básicos relativos ás situacións propias do seu ámbito profesional de especialización e á vida cotiá.

• Estratexias básicas para entender e apreciar a diversidade lingüística e cultural.

1.4. Orientacións pedagóxicas.

A intervención educativa no ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais desenvolverá o seu currículo e tratará de asentar de xeito gradual e progresivo as aprendizaxes que lle faciliten ao alumnado o logro dos obxectivos do ámbito e, en combinación co ámbito de Ciencias Aplicadas, unha adecuada adquisición das competencias clave e, por tanto, acadar o perfil de saída.

Neste sentido, no deseño das actividades, o profesorado terá que considerar a relación entre os obxectivos do ámbito e as competencias clave a través dos descritores operativos do perfil de saída e as liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe, que se presentan nas epígrafes seguintes, e seleccionar os criterios de avaliación do currículo que se axusten á finalidade procurada, así como empregalos para verificar as aprendizaxes do alumnado e o seu nivel de desempeño.

Relación entre os obxectivos do ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais e as competencias clave a través dos descritores operativos do perfil de saída

No anexo I do Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, figuran as competencias clave e os seus descritores operativos do perfil de saída.

A relación establecida neste currículo entre os obxectivos do ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais e as competencias clave a través dos descritores operativos do perfil de saída é a seguinte

Obxectivos

do ámbito

Competencias clave do perfil de saída (*)

CCL

CP

STEM

CD

CPSAA

CC

CE

CCEC

OBX1

3

1

1-2-3-4

1

OBX2

2

1-2-3-4

1

1

OBX3

5

1-2-3-4

1

OBX4

3

1-4

4-5

3

OBX5

1-2

2

4

1-4-5

3

1

OBX6

1-2-4

1-3-5

1-2-3-4

OBX7

1-2-5

1-2

1

3

5

1

OBX8

5

2-3

3

1-3

3

1

(*) CCL: competencia en comunicación lingüística; CP: competencia plurilingüe; STEM: competencia matemática e competencia en ciencia e tecnoloxía; CD: competencia dixital; CPSAA: competencia persoal, social e de aprender a aprender; CC: competencia cidadá; CE: competencia emprendedora; CCEC: competencia en conciencia e expresión culturais.

O contido das celas fai referencia ao número de descritor operativo das competencias clave, ao completar o ensino básico.

Por exemplo, o primeiro obxectivo deste ámbito (OBX1) está relacionado coa competencia plurilingüe a través do descritor operativo CP3: «Coñece, valora e respecta a diversidade lingüística e cultural presente na sociedade, integrándoa no seu desenvolvemento persoal como factor de diálogo, para fomentar a cohesión social”.

Liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe.

– Concepción do proceso de ensino e aprendizaxe dun xeito global e unitario, combinando, cunha metodoloxía aberta e flexible, os contidos de Comunicación e Ciencias Sociais para abordar as materias que conforman o ámbito. Convén fomentar, na medida do posible, o deseño de actividades interdisciplinarias que traballen de maneira transversal os contidos do ámbito para que o alumnado lles poida sacar a máxima produtividade aos coñecementos impartidos en cada unha das materias, por exemplo aproveitar o vocabulario propio do ámbito das Ciencias Sociais ou relacionar os contidos das tres linguas.

– Coordinación con outros departamentos e equipos do centro, especialmente co equipo de Dinamización da Lingua Galega e co equipo de Biblioteca. Así mesmo, as actividades interdepartamentais tamén poden ser instrumentos útiles para a adquisición, a produción e o intercambio de contidos relacionados con distintas disciplinas.

– Elaboración dun plan personalizado de formación que promova a integración do alumnado nas situacións de aprendizaxe propostas, mediante a aplicación de estratexias motivadoras e próximas aos seus intereses profesionais e persoais.

– Disposición dos contidos de xeito práctico, esquemático e visual. Deberase priorizar a disposición esquemático-visual dos contidos impartidos, aínda que posteriormente estes se desenvolvan con máis profundidade. A disposición debe ser visualmente atractiva (gráficos, debuxos, esquemas, etc.).

– Necesidade de incentivar a autonomía persoal e a autosuficiencia do alumnado, que lle permitirá aumentar a súa motivación e a confianza en si mesmo, e prepararse para a saída ao ámbito laboral e profesional.

– Emprego responsable dos recursos e as fontes de información que proporcionan as TIC que contribúan á reflexión arredor da pertinencia e a fiabilidade dos datos obtidos, para construír explicacións coherentes e estruturadas da realidade que rodea o alumnado. O emprego destas ferramentas reforza a autonomía no proceso de ensino e, sen dúbida, aumentan a motivación do alumnado, o que lle axudará, unha vez máis, a conseguir os obxectivos propostos para esta etapa.

– Fomento da aprendizaxe baseada en proxectos ou similares, nos cales o/a docente adquire o papel de guía pero é o alumnado quen toma as decisións e o emprego de dinámicas e traballos cooperativos como ferramenta de ensino.

– O remate de cada unidade, das que compoñen a programación, debe conter unha epígrafe de «Lembra», en que se aborden novamente os contidos máis importantes da unidade. Tamén deberán figurar actividades de reforzo para o alumnado que precise consolidar coñecementos e outras de ampliación para cando se requira aumentar contidos.

– Creación de situacións de comunicación relacionadas co ámbito profesional, reais ou supostas, entre o alumnado que contribúan a pór en práctica, desde unha perspectiva de xénero, o uso da lingua estranxeira. O uso de actividades lúdico-pedagóxicas en diferentes formatos, soportes e modalidades preséntase como un recurso eficaz para a adquisición da lingua.

– Énfase na comunicación non verbal e na comunicación emocional, que proporcionarán estratexias comunicativas para preparar a saída ao mundo laboral. É fundamental o traballo coa vertente oral (simulación de entrevistas de traballo, debates orais e expresións de opinións, exposicións orais e obxectivas, etc.), sen deixar de lado o traballo coas destrezas escritas.

– Procura de estratexias para o fomento do hábito de lectura. É necesario que os alumnos e as alumnas comprendan que a lectura é unha fonte de pracer e, para conseguir isto, ademais da lectura e a interpretación de fragmentos de obras clásicas e do patrimonio literario galego, castelán e universal que se abordan nos contidos de Educación Literaria, é imprescindible buscar textos ou fragmentos de obras que teñan en conta as súas motivacións persoais e as súas experiencias, os gustos, as necesidades e os intereses, e fomentar as obras de banda deseñada que permiten, ademais, o traballo conxunto da comunicación verbal e a non verbal. Para o lograr, sería necesario familiarizar o alumnado con mecanismos como a aclaración dos propósitos de lectura, a activación do seu coñecemento base, a atención aos contidos principais do texto ou a formulación de predicións de lectura.

2. Ciencias Aplicadas.

2.1 Introdución.

A formación integral do alumnado require a comprensión de conceptos e procedementos científicos que lle permitan desenvolverse persoal e profesionalmente, involucrarse en cuestións relacionadas coa ciencia e reflexionar sobre estas, tomar decisións fundamentadas e desenvolverse nun mundo en continuo desenvolvemento científico, tecnolóxico, económico e social, co obxectivo de se poder integrar na sociedade democrática como cidadás e cidadáns comprometidos.

O desenvolvemento curricular do ámbito das Ciencias Aplicadas nos ciclos formativos de grao básico responde aos propósitos pedagóxicos destas ensinanzas: en primeiro lugar, facilitar a adquisición das competencias da educación secundaria obrigatoria a través da integración dos obxectivos, os criterios de avaliación e os contidos das materias relativas ás Matemáticas aplicadas e Ciencias aplicadas (bioloxía, xeoloxía, física e química) nun mesmo ámbito; en segundo lugar, contribuír ao desenvolvemento de competencias para a aprendizaxe permanente ao longo da vida, co fin de que o alumnado poida proseguir os seus estudos en etapas postobrigatorias. No desenvolvemento deste ámbito, tamén deberá favorecerse o establecemento de conexións coas competencias asociadas ao título profesional correspondente.

Os obxectivos do ámbito vincúlanse directamente cos descritores das oito competencias clave definidas no perfil de saída do alumnado ao termo do ensino básico. Os devanditos obxectivos están intimamente relacionados e fomentan que o alumnado observe o mundo cunha curiosidade científica que o conduza á formulación de preguntas sobre os fenómenos que ocorren ao seu arredor, á interpretación destes desde o punto de vista científico, á resolución de problemas e á análise crítica sobre a validez das solucións, e, en definitiva, ao desenvolvemento de razoamentos propios do pensamento científico para o emprendemento de accións que minimicen o impacto ambiental e preserven a saúde. Así mesmo, cobran especial relevancia a comunicación e o traballo en equipo, de xeito integrador e con respecto pola diversidade, pois son destrezas que lle permitirán ao alumnado desenvolverse na sociedade da información. Por último, as competencias socioafectivas constitúen un elemento esencial para a consecución dos obxectivos, polo que no currículo se dedica especial atención á mellora das devanditas destrezas.

O grao de consecución dos obxectivos valorarase mediante os criterios de avaliación, que, deseñados cunha vinculación directa con eles e estes pola súa vez coas competencias clave, confiren un enfoque plenamente competencial ao ámbito. Os contidos proporcionan o conxunto de coñecementos, destrezas e actitudes que contribuirán á adquisición dos obxectivos. Non existe unha vinculación unívoca e directa entre criterios de avaliación e contidos, senón que os obxectivos se poderán avaliar mediante a mobilización de diferentes contidos, proporcionando a flexibilidade necesaria para establecer conexións entre os bloques e con aspectos relacionados coa familia profesional correspondente.

Os contidos da materia de Matemáticas aplicadas agrúpanse nos mesmos sentidos nos que se articula a materia de Matemáticas na educación secundaria obrigatoria: o sentido numérico caracterízase pola aplicación do coñecemento sobre numeración e cálculo en distintos contextos, especialmente profesionais; o sentido da medida céntrase na comprensión e na comparación de atributos dos obxectos; o sentido espacial aborda a comprensión dos aspectos xeométricos do noso mundo; o sentido alxébrico proporciona a linguaxe en que se comunican as matemáticas e as ciencias, e por último, o sentido estocástico abrangue a análise e a interpretación dos datos e a comprensión de fenómenos aleatorios para fundamentar a toma de decisións a nivel laboral e, en xeral, nun mundo cheo de incerteza.

Os contidos relacionados coa materia de Ciencias aplicadas agrúpanse en bloques que abranguen coñecementos, destrezas e actitudes relativos ás catro ciencias básicas (bioloxía, xeoloxía, física e química), coa finalidade de lle achegar ao alumnado unhas aprendizaxes esenciais sobre a ciencia, as súas metodoloxías e as súas aplicacións laborais para configurar o seu perfil persoal, social e profesional. Os contidos deste ámbito permitiranlle ao alumnado analizar a anatomía e a fisioloxía do seu organismo, e adoptar hábitos saudables para o coidar; establecer un compromiso social coa saúde pública; examinar o funcionamento dos sistemas biolóxicos e xeolóxicos, e valorar a importancia do desenvolvemento sustentable; explicar a estrutura da materia e as súas transformacións; analizar as interaccións entre os sistemas fisicoquímicos, e valorar a relevancia da enerxía na sociedade.

Inclúense, ademais, dous bloques que constitúen eixes metodolóxicos do ámbito, cuxos contidos deberán traballarse simultaneamente con cada un dos bloques de ciencias restantes: no bloque de destrezas científicas básicas inclúense as estratexias e formas de pensamento propias das ciencias. O bloque de sentido socioafectivo oriéntase cara á adquisición e a aplicación de estratexias para entender e manexar as emocións, establecer e alcanzar metas, sentir e amosar empatía, a solidariedade, o respecto polas minorías e a igualdade efectiva entre homes e mulleres na actividade científica e profesional. Deste modo, increméntanse as destrezas para tomar decisións responsables e informadas, o que se dirixe á mellora do rendemento do alumnado en ciencias, á diminución de actitudes negativas cara a elas, á promoción dunha aprendizaxe activa na resolución de problemas e ao desenvolvemento de estratexias de traballo colaborativo.

Cómpre ter en conta que a presentación dos contidos non implica ningunha orde cronolóxica, xa que o currículo se deseñou como un todo integrado, configurando así un ámbito científico.

Para a consecución dos obxectivos, proponse o uso de metodoloxías propias da ciencia e das tecnoloxías dixitais, abordadas cun enfoque interdisciplinario, coeducativo e conectado coa realidade do alumnado. Preténdese con iso que a aprendizaxe adquira un carácter significativo a través da formulación de situacións de aprendizaxe preferentemente vinculadas ao seu contexto persoal e á súa contorna social e profesional, especialmente á familia profesional elixida. Todo iso para contribuír á formación dun alumnado comprometido cos desafíos e os retos do mundo actual, e cos obxectivos de desenvolvemento sustentable, facilitando a súa integración profesional e a súa plena participación na sociedade democrática e plural.

2.2. Obxectivos.

Obxectivos do ámbito

OBX1. Recoñecer os motivos polos que ocorren os principais fenómenos naturais, a partir de situacións cotiás, e explicalos en termos das leis e teorías científicas adecuadas, para pór en valor a contribución da ciencia á sociedade.

• A aprendizaxe das ciencias desde a perspectiva integradora do enfoque STEM ten como base o recoñecemento dos fundamentos científicos dos fenómenos que ocorren no mundo real. Os alumnos e as alumnas competentes recoñecen os porqués científicos do que sucede ao seu arredor e interprétanos a través das leis e das teorías correctas. Isto posibilita que o alumnado estableza relacións construtivas entre a ciencia, a súa vida cotiá e a súa contorna profesional, o que lle permite desenvolver a capacidade para facer interpretacións doutros fenómenos diferentes, aínda que non fosen estudados previamente. Ao adquirir este obxectivo, espértase nos alumnos e nas alumnas un interese pola ciencia e pola mellora da contorna e da calidade de vida.

• Aspectos tan importantes como a conservación do ambiente ou a preservación da saúde física e mental teñen unha base científica, e comprender a súa explicación e os seus fundamentos básicos outórgalle ao alumnado un mellor entendemento da realidade, o que favorece unha participación activa na contorna educativa e profesional como cidadáns e cidadás con implicación e compromiso no desenvolvemento global, no marco dunha sociedade inclusiva.

OBX2. Interpretar e modelizar en termos científicos problemas e situacións da vida cotiá e profesional, aplicando diferentes estratexias, formas de razoamento, ferramentas tecnolóxicas e o pensamento computacional, para achar e analizar solucións, comprobando a súa validez.

• O razoamento e a resolución de problemas considérase unha destreza esencial para o desenvolvemento de actividades científicas ou técnicas e para calquera outra actividade profesional, polo que deben ser dous eixes fundamentais na aprendizaxe das ciencias, das matemáticas e da súa aplicación na contorna profesional. Para resolver un problema é esencial realizar unha lectura atenta e comprensiva, interpretar a situación formulada, extraer a información relevante e transformar o enunciado verbal nunha forma que poida ser resolta mediante procedementos previamente adquiridos. Este proceso compleméntase coa utilización de diferentes formas de razoamento, tanto dedutivo como indutivo, para obter a solución. Para iso cómpre a realización de preguntas adecuadas e a elección de estratexias que implican a mobilización de coñecementos e a utilización de procedementos e algoritmos. O pensamento computacional xoga tamén un papel central na resolución de problemas, xa que abrangue un conxunto de formas de razoamento como a automatización, o pensamento algorítmico ou a descomposición en partes. A análise das solucións obtidas potencia a reflexión crítica sobre a súa validez, tanto desde un punto de vista estritamente matemático como desde unha perspectiva global, valorando aspectos relacionados coa sustentabilidade, o consumo responsable, a igualdade de xénero, a equidade ou a non discriminación, entre outros.

• O desenvolvemento deste obxectivo fomenta un pensamento máis diverso e flexible, mellora a capacidade do alumnado para resolver problemas en diferentes contextos, amplía a propia percepción sobre as ciencias e as matemáticas, e enriquece e consolida os conceptos básicos, o que repercute nun maior nivel de compromiso, no incremento da curiosidade e na valoración positiva do proceso de aprendizaxe, favorecendo a inclusión social e a iniciación profesional.

OBX3. Utilizar os métodos científicos, facendo indagacións e levando a cabo proxectos, para desenvolver os razoamentos propios do pensamento científico e mellorar as destrezas no uso das metodoloxías científicas.

• O desempeño de destrezas científicas leva consigo un dominio progresivo no uso das metodoloxías propias da investigación científica para levar a cabo estudos sobre aspectos clave do mundo natural. A consecución deste obxectivo supón mellorar as destrezas para realizar observacións sobre a contorna cotiá, formular preguntas e hipóteses acerca dela e comprobar a veracidade destas mediante o emprego da experimentación, utilizando as ferramentas e a normativa máis convenientes en cada caso.

• Ademais, desenvolverse no uso das metodoloxías científicas supón unha ferramenta fundamental no traballo colaborativo por proxectos que se leva a cabo na ciencia, e cobra especial importancia na formación profesional por contribuír a conformar o perfil profesional dos alumnos e das alumnas. Por este motivo é importante que o alumnado desenvolva este obxectivo a través da práctica e conserve estas actitudes no exercicio da súa profesión no futuro.

OBX4. Analizar os efectos de determinadas accións cotiás ou da contorna profesional sobre a saúde e o medio natural e social, baseándose en fundamentos científicos, para valorar a importancia dos hábitos que melloran a saúde individual e colectiva, evitan ou minimizan os impactos ambientais negativos e son compatibles cun desenvolvemento sustentable.

• A actividade humana produciu importantes alteracións na contorna cun ritmo de avance sen precedentes na historia da Terra. Algunhas destas alteracións, como o aumento da temperatura media terrestre, a acumulación de residuos plásticos, a destrución de ecosistemas, a perda da biodiversidade ou a diminución da dispoñibilidade de auga potable e outros recursos, poñen en grave perigo algunhas actividades humanas esenciais, entre as que destaca a produción de alimentos.

• Así mesmo, instaláronse nas sociedades máis desenvolvidas certos hábitos prexudiciais como a dieta rica en graxas e azucres, o sedentarismo, o uso de drogas ou a adicción ás novas tecnoloxías. Isto deu lugar a un aumento da frecuencia dalgunhas patoloxías que constitúen importantes problemas da sociedade actual.

• No entanto, determinadas accións e hábitos saudables e sustentables (como alimentación sa, exercicio físico ou consumo responsable) poden contribuír á preservación e á mellora da saúde individual e colectiva, e a frear as tendencias ambientais negativas anteriormente descritas. Por iso, é imprescindible para o pleno desenvolvemento e a integración profesional e persoal do alumnado como cidadáns e cidadás que se coñezan e se apliquen os fundamentos científicos que xustifican un estilo de vida saudable e sustentable.

OBX5. Interpretar e transmitir información e datos científicos, logo de contrastar a súa veracidade, utilizando a linguaxe verbal ou gráfica apropiadas, para adquirir e afianzar coñecementos da contorna natural, social e profesional.

• Nos ámbitos científicos, así como en moitas outras situacións da vida, é necesario seleccionar, interpretar e analizar toda a información dispoñible para ser utilizada con fins concretos. A información de carácter científico pódese presentar en formatos moi diversos, como enunciados, gráficas, táboas, modelos, diagramas, etc., que é necesario comprender para traballar adecuadamente na ciencia. Así mesmo, a linguaxe matemática outorga á aprendizaxe da ciencia unha ferramenta potente de comunicación global, e as linguaxes específicas de cada disciplina científica réxense por normas que cómpre comprender e aplicar.

• O alumnado debe ser competente na selección de información rigorosa e veraz procedente de fontes fiables e contrastadas, na avaliación crítica e a interpretación correcta da información que se lle proporciona, e na súa transmisión a partir dunha observación ou dun estudo. Para iso, debe empregar con corrección distintos formatos e ter en conta certas normas específicas de comunicación das disciplinas científicas.

OBX6. Identificar as ciencias e as matemáticas implicadas en contextos diversos, interrelacionando conceptos e procedementos, para os aplicar en situacións da vida cotiá e do ámbito profesional correspondente.

• O coñecemento das ciencias e das matemáticas responde á necesidade da sociedade ante os grandes desafíos e retos de carácter transdisciplinario que á humanidade se lle presentan. O ámbito de Ciencias Aplicadas debe ser valorado polo alumnado como unha ferramenta esencial para aumentar a súa competencia científica, o que lle permite conectar os coñecementos que adquire coa súa experiencia académica e profesional, facendo que a súa aprendizaxe sexa significativa e poida ser empregada con posterioridade en diferentes situacións.

• Xa que logo, é importante que o alumnado teña a oportunidade de identificar e experimentar a aplicación das ciencias e as matemáticas en diferentes contextos, entre os que destacan o persoal, o social e o profesional. Este último contexto cobra especial importancia, pois o alumnado debe recoñecer o papel do coñecemento científico dentro da súa rama profesional.

• A conexión entre as ciencias e as matemáticas e outros ámbitos non debería limitarse aos saberes conceptuais, senón ampliarse ás actitudes e aos procedementos científicos, de forma que poidan ser transferidos e aplicados a outros contextos da vida real e á resolución de problemas da contorna persoal, social e profesional.

OBX7. Desenvolver destrezas persoais identificando e xestionando emocións, pondo en práctica estratexias de aceptación do erro como parte do proceso de aprendizaxe e adaptándose ante situacións de incerteza, para mellorar a perseveranza na consecución de obxectivos e a valoración da aprendizaxe das ciencias.

• Formular preguntas e resolver problemas científicos ou retos máis globais nos que interveñen o pensamento científico e o razoamento matemático debe ser unha tarefa gratificante. Por iso, a adquisición e o desenvolvemento de destrezas emocionais dentro da aprendizaxe das ciencias e das matemáticas fomenta o benestar do alumnado, a autorregulación emocional e o interese cara á aprendizaxe do ámbito.

• O desenvolvemento deste obxectivo implica identificar e xestionar as emocións, recoñecer fontes de estrés, ser perseverante, pensar de forma crítica e creativa, mellorar a resiliencia e manter unha actitude proactiva ante novos desafíos. Para a consecución deste obxectivo é necesario que o alumnado se enfronte a pequenos retos que contribúan á reflexión sobre o propio pensamento, eviten posibles bloqueos e promovan a mellora do autoconcepto ante a aprendizaxe do ámbito.

OBX8. Desenvolver destrezas sociais e traballar de forma colaborativa en equipos diversos con roles asignados que permitan potenciar o crecemento entre iguais, valorando a importancia de romper os estereotipos de xénero na investigación científica, para o emprendemento persoal e laboral.

• O avance científico é produto do esforzo colectivo e rara vez o resultado do traballo dun só individuo. A ciencia implica comunicación e colaboración entre profesionais, en ocasións con adscrición a diferentes disciplinas. Así mesmo, para a xeración de novos coñecementos é esencial que se compartan as conclusións e os procedementos obtidos por un grupo de investigación co resto da comunidade científica. Pola súa vez, estes coñecementos serven de base para a construción de novas investigacións e descubrimentos.

• Cabe salientar, ademais, que a interacción e a colaboración son de gran importancia en diversos ámbitos profesionais e sociais, e non exclusivamente nun contexto científico. O traballo colaborativo ten un efecto enriquecedor sobre os resultados obtidos e no desenvolvemento persoal das persoas participantes, pois permite o intercambio de puntos de vista en ocasións moi diversas. A colaboración implica mobilizar as destrezas comunicativas e sociais do alumnado e require unha actitude respectuosa e aberta fronte ás ideas alleas, que valore a importancia de romper os roles de xénero e os estereotipos sexistas. Por tal motivo, a aprendizaxe cooperativa é imprescindible para o desenvolvemento profesional e social pleno do alumnado como membro activo da nosa sociedade.

2.3. Criterios de avaliación e contidos.

1º curso.

Ámbito de Ciencias Aplicadas

1º curso

BC1. Destrezas científicas básicas

RA1. Caracteriza as fases do método científico, valorando a importancia da investigación e o traballo colaborativo para os avances sociais.

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.1. Expuxéronse preguntas e hipóteses que poidan ser respondidas ou contrastadas utilizando o método científico, a observación, a información e o razoamento, explicando fenómenos naturais e realizando predicións sobre eles.

OBX3

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.2. Deseñáronse e realizáronse experimentos e obtivéronse datos cuantitativos e cualitativos sobre fenómenos naturais no medio natural e no laboratorio utilizando os instrumentos, as ferramentas ou as técnicas adecuadas con corrección, para obter resultados claros que respondan a cuestións concretas ou que contrasten a veracidade dunha hipótese.

OBX3

• CA1.3. Interpretáronse os resultados obtidos en proxectos de investigación utilizando o razoamento e, cando sexa necesario, ferramentas matemáticas e tecnolóxicas.

OBX3

• CA1.4. Organizouse e comunicouse información científica e matemática de xeito claro e rigoroso e de maneira verbal, gráfica, numérica, etc., utilizando o formato máis adecuado.

OBX5

• CA1.5. Empregáronse e citáronse de forma adecuada fontes fiables seleccionando a información científica relevante na consulta e na creación de contidos, e mellorando a aprendizaxe propia e colectiva.

OBX5

• CA1.6. Asumiuse responsablemente unha función concreta dentro dun proxecto científico utilizando espazos virtuais cando sexa necesario, achegando valor, analizando criticamente as contribucións do resto do equipo, respectando a diversidade e favorecendo a inclusión.

OBX8

• CA1.7. Emprendéronse, de xeito guiado e de acordo coa metodoloxía adecuada, proxectos científicos colaborativos orientados á mellora e á creación de valor na sociedade.

OBX8

• CA1.8. Valorouse a contribución da ciencia á sociedade e o labor dos homes e as mulleres que se dedican ao seu desenvolvemento, entendendo a investigación como un labor colectivo en constante evolución, froito da interacción entre a ciencia, a tecnoloxía, a sociedade e o ambiente.

OBX1

Contidos

• Proxectos de investigación. Metodoloxía da investigación científica:

– Identificación e formulación de cuestións.

– Elaboración de hipóteses.

– Comprobación mediante experimentación.

– Análise e interpretación de resultados.

• Contornas e recursos de aprendizaxe científica (como o laboratorio e as contornas virtuais): utilización adecuada, que asegure a conservación da saúde propia e a comunitaria, a seguridade e o respecto polo ambiente.

• Linguaxe científica: interpretación, produción e comunicación eficaz de información de carácter científico no contexto escolar e profesional en diferentes formatos.

• Valoración da ciencia e da actividade desenvolvida polas persoas que se dedican a ela, e recoñecemento da súa contribución aos distintos ámbitos do saber humano e no avance e a mellora da sociedade.

BC2. Sentido numérico.

RA2. Resolve problemas en contextos cotiáns interpretando, organizando e analizando a información numérica relevante.

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA2.1. Elaboráronse representacións que axuden na procura de estratexias de resolución dunha situación problematizada, organizando os datos dados e comprendendo as preguntas formuladas.

OBX2

• CA2.2. Acháronse as solucións dun problema utilizando a información e os datos achegados, os propios coñecementos e as estratexias e as ferramentas apropiadas.

OBX2

• CA2.3. Comprobouse a corrección das solucións dun problema e a súa coherencia no contexto dado.

OBX2

• CA2.4. Empregáronse ferramentas tecnolóxicas adecuadas na representación, na resolución de problemas e na comprobación das solucións.

OBX2

• CA2.5. Organizouse e comunicouse información científica e matemática de xeito claro e rigoroso e de maneira verbal, gráfica, numérica, etc., utilizando o formato máis adecuado.

OBX5

• CA2.6. Analizouse e interpretouse información científica e matemática presente na vida cotiá, cunha actitude crítica.

OBX5

Contidos

• Números e operacións.

– Identificación e representación de cantidades con números naturais, enteiros, decimais e racionais.

– Representación e ordenación de números na recta numérica.

– Selección da representación máis adecuada dunha cantidade e utilización en distintos contextos.

– Operacións ou combinación de operacións con números naturais, enteiros, racionais ou decimais (suma, resta, multiplicación, división e potencias con expoñentes enteiros).

– Propiedades das operacións con números naturais, enteiros, racionais ou decimais.

– Resolución de problemas elixindo a representación máis adecuada dunha cantidade.

– Estratexias de cálculo mental, de xeito manual ou con calculadora.

– Relacións inversas (adición e subtracción, multiplicación e división, cadrado e raíz cadrada): utilización na resolución de problemas.

• Utilización da contaxe para resolver problemas da vida cotiá e profesional, adaptando a estratexia e o tipo de contaxe ao tamaño dos números.

• Interpretación de números grandes e pequenos.

– Recoñecemento da notación científica.

– Orde de magnitude.

– Uso da calculadora na representación de números en notación exponencial e científica

• Factores e múltiplos: relacións e uso da factorización en números primos na resolución de problemas.

• Razóns e proporcións: comprensión e representación de relacións cuantitativas.

• Relacións de proporcionalidade directa e inversa.

– Recoñecemento das relacións de proporcionalidade directa e inversa.

– Interpretación da constante de proporcionalidade no contexto dado.

– Resolución de problemas de proporcionalidade: escalas, cambio de divisas, etc.

• Porcentaxes.

– Comprensión e uso en diferentes contextos.

– Aumentos e diminucións porcentuais. Aplicación en contextos cotiáns e profesionais, como rebaixas, descontos, impostos, taxas, etc.

• Toma de decisións a partir da información numérica relevante: consumo responsable, relacións calidade-prezo e valor-prezo en contextos cotiáns e profesionais.

BC3. Sentido da medida

RA3. Realiza medidas e estimacións en figuras planas, usando as ferramentas necesarias e adaptando a estratexia e o grao de precisión ao contexto.

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA3.1. Acháronse as solucións dun problema utilizando a información e os datos achegados, os propios coñecementos e as estratexias e as ferramentas apropiadas.

OBX2

• CA3.2. Analizouse e interpretouse información científica e matemática presente na vida cotiá, cunha actitude crítica.

OBX5

• CA3.3. Aplicáronse procedementos propios das ciencias e as matemáticas en situacións diversas, establecendo conexións entre áreas de coñecemento en contextos naturais, sociais e profesionais.

OBX6

Contidos

• Estimación, relacións e conversións. Toma de decisión xustificada do grao de precisión en situacións de medida.

• Obtención de fórmulas para o cálculo de perímetros e áreas de figuras planas.

• Aplicación do cálculo de perímetros e áreas na resolución de problemas.

BC4. Sentido espacial

RA4. Identifica e constrúe con ferramentas dixitais figuras de dúas e tres dimensións, e coñece as súas características principais.

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA4.1. Elaboráronse representacións que axuden na procura de estratexias de resolución dunha situación problematizada, organizando os datos dados e comprendendo as preguntas formuladas.

OBX2

• CA4.2. Empregáronse ferramentas tecnolóxicas adecuadas na representación, na resolución de problemas e na comprobación das solucións.

OBX2

• CA4.3. Organizouse e comunicouse información científica e matemática de xeito claro e rigoroso, e de maneira verbal, gráfica, numérica, etc., utilizando o formato máis adecuado.

OBX5

Contidos

• Formas xeométricas de dúas e tres dimensións.

– Descrición de figuras planas e tridimensionais, e os seus elementos característicos.

– Clasificación das formas xeométricas planas e tridimensionais en función das súas propiedades ou características.

– Construción de formas xeométricas con ferramentas manipulativas e dixitais, como programas de xeometría dinámica, realidade aumentada, etc.

• Coordenadas cartesianas: localización e descrición de relacións espaciais.

BC5. Sentido alxébrico

RA5. Usa a linguaxe alxébrica e as relacións lineais para resolver problemas sinxelos, comprobando a corrección e a coherencia das solucións atopadas.

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA5.1. Elaboráronse representacións que axuden na procura de estratexias de resolución dunha situación problematizada, organizando os datos dados e comprendendo as preguntas formuladas.

OBX2

• CA5.2. Acháronse as solucións dun problema utilizando a información e os datos achegados, os propios coñecementos e as estratexias e as ferramentas apropiadas.

OBX2

• CA5.3. Comprobouse a corrección das solucións dun problema e a súa coherencia no contexto formulado.

OBX2

• CA5.4. Empregáronse ferramentas tecnolóxicas adecuadas na representación, na resolución de problemas e na comprobación das solucións.

OBX2

• CA5.5. Organizouse e comunicouse información científica e matemática de xeito claro e rigoroso, e de maneira verbal, gráfica, numérica, etc., utilizando o formato máis adecuado.

OBX5

• CA5.6. Analizouse e interpretouse información científica e matemática presente na vida cotiá, cunha actitude crítica.

OBX5

Contidos

• Padróns e sucesións.

– Identificación de estruturas numéricas e gráficas.

– Determinación da regra de formación de diversas estruturas en casos sinxelos.

– Identificación de padróns en diferentes contextos: mosaicos, frisos, calzadas, etc.

• Linguaxe alxébrica.

– Comprensión do concepto de variable.

– Expresión de relacións sinxelas mediante linguaxe alxébrica.

– Equivalencia de expresións alxébricas de primeiro grao.

– Resolución alxébrica e gráfica de ecuacións lineais en problemas de contextos diferentes.

– Interpretación da solución dun problema e comprobación da coherencia no contexto.

– Uso de ferramentas tecnolóxicas na resolución de problemas e interpretación das solucións.

• Relacións e funcións.

– Formas de representación dunha relación: enunciado, táboas, gráficas e expresión analítica.

– Relacións lineais: interpretación en situacións contextualizadas descritas mediante enunciado, táboa, gráfica ou expresión analítica.

• Estratexias para a interpretación e a modificación de algoritmos. Formulación de problemas susceptibles de seren analizados utilizando programas e outras ferramentas.

BC6. Sentido estocástico

RA6. Organiza e analiza información estatística usando ferramentas tecnolóxicas, e comunica os resultados de xeito claro e rigoroso.

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA6.1. Acháronse as solucións dun problema utilizando a información e os datos achegados, os propios coñecementos e as estratexias e ferramentas apropiadas.

OBX2

• CA6.2. Empregáronse ferramentas tecnolóxicas adecuadas na representación, na resolución de problemas e na comprobación das solucións.

OBX2

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA6.3. Organizouse e comunicouse información científica e matemática de xeito claro e rigoroso, e de maneira verbal, gráfica, numérica, etc., utilizando o formato máis adecuado.

OBX5

• CA6.4. Analizouse e interpretouse información científica e matemática presente na vida cotiá, cunha actitude crítica.

OBX5

Contidos

• Características dunha poboación.

– Formulación de preguntas adecuadas.

– Estratexias de recollida de datos.

– Organización dos datos: frecuencias e táboas de frecuencia.

• Medidas de centralización e dispersión.

– Cálculo, interpretación e obtención de conclusións razoadas.

– Uso das ferramentas tecnolóxicas adecuadas a cada situación.

– Comparación de dous conxuntos de datos atendendo ás súas medidas de centralización e de dispersión.

• Elaboración das representacións gráficas máis adecuadas mediante diferentes ferramentas tecnolóxicas (calculadora, folla de cálculo, apps, etc.).

• Análise e interpretación de táboas e gráficos estatísticos de variables estatísticas en contextos cotiáns.

BC7. A materia e os seus cambios

RA7. Caracteriza e explica fenómenos fisicoquímicos relevantes asociados á materia e os seus cambios, empregando coñecementos científicos.

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA7.1. Identificáronse e comprendéronse fenómenos naturais relevantes, para os explicar en termos de teorías, leis e principios científicos adecuados, como estratexia na toma de decisións fundamentadas.

OBX1

• CA7.2. Elaboráronse representacións que axuden na procura de estratexias de resolución dunha situación problematizada, organizando os datos dados e comprendendo as preguntas formuladas.

OBX2

• CA7.3. Achouse a solución dun problema utilizando a información e os datos achegados, os propios coñecementos e as estratexias e as ferramentas apropiadas

OBX2

• CA7.4. Comprobouse a corrección das solucións dun problema e a súa coherencia no contexto formulado.

OBX2

Contidos

• Teoría cinético-molecular: aplicación e explicación das propiedades máis importantes dos sistemas materiais.

• Composición da materia.

– Aplicación dos coñecementos sobre a estrutura atómica da materia para entender a formación de ións, a existencia de isótopos, o desenvolvemento histórico do modelo atómico e a ordenación dos elementos na táboa periódica.

– Valoración das aplicacións dos elementos e compostos químicos de maior relevancia e utilidade social, ou relacionados coa familia profesional correspondente, a súa formación e as súas propiedades físicas e químicas.

• Formulación e nomenclatura de substancias químicas simples e compostos binarios inorgánicos segundo as normas da IUPAC.

• Análise dos tipos de cambios que experimentan os sistemas materiais, para os relacionar coas súas causas e coas súas consecuencias.

• Reaccións químicas.

– Interpretación das reaccións químicas a nivel macroscópico e microscópico.

– Aplicación da lei de conservación da masa.

– Análise dos factores que afectan a velocidade das reaccións químicas de forma cualitativa.

• Experimentación cos sistemas materiais: coñecemento e descrición das súas propiedades, a súa composición e a súa clasificación.

BC8. A enerxía

RA8. Caracteriza e explica fenómenos e aplicacións relacionados coa enerxía eléctrica, e valora o seu uso responsable

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA8.1. Identificáronse e comprendéronse fenómenos naturais relevantes, para os explicar en termos de teorías, leis e principios científicos adecuados, como estratexia na toma de decisións fundamentadas.

OBX1

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA8.2. Elaboráronse representacións que axuden na procura de estratexias de resolución dunha situación problematizada, organizando os datos dados e comprendendo as preguntas formuladas.

OBX2

• CA8.3. Achouse a solución dun problema utilizando a información e os datos achegados, os propios coñecementos e as estratexias e as ferramentas apropiadas.

OBX2

• CA8.4. Comprobouse a corrección das solucións dun problema e a súa coherencia no contexto formulado.

OBX2

• CA8.5. Analizouse e interpretouse información científica e matemática presente na vida cotiá, cunha actitude crítica.

OBX5

Contidos

• Natureza eléctrica da materia: electrización dos corpos.

• Enerxía eléctrica: obtención.

– Circuítos eléctricos simples.

– Obtención experimental de magnitudes e relación entre elas.

– Medidas de seguridade e prevención.

BC9. O corpo humano e a saúde

RA9. Analiza a anatomía e a fisioloxía do corpo humano, recoñecendo a importancia de adoptar hábitos saudables para a prevención de doenzas.

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA9.1. Recoñecéronse e identificáronse órganos, aparellos e sistemas que participan en cada unha das funcións vitais, explicando os procesos fundamentais que interveñen nelas e establecendo o seu papel e importancia.

OBX1

• CA9.2. Recoñeceuse o sexo e a sexualidade desde a perspectiva da igualdade entre homes e mulleres, respectando a diversidade sexual e promovendo a responsabilidade nas prácticas sexuais seguras.

OBX1

• CA9.3. Avaliáronse os efectos de determinadas accións individuais sobre o organismo reflexionando sobre a importancia de adquirir hábitos saudables como método de prevención de doenzas.

OBX4

• CA9.4. Identificáronse as drogas legais e ilegais considerándoas como causa de prexuízo non só para as persoas que as consomen senón tamén para as que están na súa contorna.

OBX4

• CA9.5. Analizouse a función do sistema inmune na prevención e na superación das doenzas, concienciouse sobre o uso responsable de antibióticos e valorouse a importancia das vacinas e dos transplantes na sociedade.

OBX4

• CA9.6. Recoñeceuse a información con base científica en relación coa saúde e as doenzas, distinguíndoa das pseudociencias, das falacias, das teorías conspiratorias e das crenzas infundadas, e mantendo unha actitude escéptica ante estas.

OBX5

Contidos

• A función de nutrición.

– Os aparellos dixestivo, respiratorio, circulatorio e excretor: anatomía, fisioloxía e relación entre eles.

– Análise xeral da función de nutrición e a súa importancia.

• A función de relación.

– Receptores sensoriais.

– Centros de coordinación: sistema nervioso e sistema endócrino.

– Órganos efectores.

– Análise xeral da función de relación e a súa importancia.

• A función de reprodución.

– Aparello reprodutor: anatomía e fisioloxía.

– Análise xeral da función de reprodución e a súa importancia.

– Métodos de anticoncepción e prácticas sexuais responsables.

– Prevención das infeccións de transmisión sexual.

– Educación afectivo-sexual desde a igualdade e o respecto á diversidade sexual.

• Saúde e doenzas.

– Hábitos saudables (prevención do consumo de drogas legais e ilegais, postura adecuada, dieta equilibrada, uso responsable dos dispositivos tecnolóxicos, autorregulación emocional, exercicio físico e hixiene do sono).

– Sistema inmune: funcionamento e importancia.

– Doenzas infecciosas. Prevención, superación e tratamentos.

– Uso responsable de antibióticos.

– Vacinas: importancia e valoración do seu efecto positivo na sociedade.

– Transplantes: Importancia da doazón de órganos.

BC10. Sentido socioafectivo

RA10. Mantén unha actitude positiva na aprendizaxe das ciencias, participa activamente no traballo en equipo e valora as contribucións do resto do equipo.

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA10.1. Amosouse resiliencia ante os retos académicos asumindo o erro como unha oportunidade para a mellora e desenvolvendo un autoconcepto positivo ante as ciencias.

OBX7

• CA10.2. Asumiuse responsablemente unha función concreta dentro dun proxecto científico, utilizando espazos virtuais cando sexa necesario, achegando valor, analizando criticamente as contribucións do resto do equipo, respectando a diversidade e favorecendo a inclusión.

OBX8

• CA10.3. Emprendéronse, de forma guiada e de acordo coa metodoloxía adecuada, proxectos científicos colaborativos orientados á mellora e á creación de valor na sociedade.

OBX8

Contidos

• Estratexias de recoñecemento das emocións que interveñen na aprendizaxe e de desenvolvemento da curiosidade, a iniciativa, a perseveranza e a resiliencia, así como o pracer de aprender e comprender a ciencia.

• Estratexias que aumenten a flexibilidade cognitiva e a apertura a cambios, e que axuden a transformar o erro en oportunidade de aprendizaxe.

• Técnicas cooperativas que optimicen o traballo en equipo, despregamento de condutas empáticas e estratexias para a xestión de conflitos.

• Actitudes inclusivas como a igualdade efectiva de xénero, a corresponsabilidade, o respecto polas minorías e a valoración da diversidade presente na aula e na sociedade como unha riqueza cultural.

• Estratexias de identificación e prevención de abusos, de agresións, de situacións de violencia ou de vulneración da integridade física, psíquica e emocional.

2º curso.

Ámbito de Ciencias Aplicadas

2º curso

BC1. Destrezas científicas básicas

RA1. Caracteriza as fases do método científico, valorando a importancia da investigación e o traballo colaborativo para os avances sociais, e emprega a devandita metodoloxía científica en diversas situacións.

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.1. Expuxéronse preguntas e hipóteses que poidan ser respondidas ou contrastadas utilizando o método científico, a observación, a información e o razoamento, explicando fenómenos naturais e realizando predicións sobre eles.

OBX3

• CA1.2. Deseñáronse e realizáronse experimentos, e obtivéronse datos cuantitativos e cualitativos sobre fenómenos naturais no medio natural e no laboratorio, utilizando os instrumentos, ferramentas ou técnicas adecuadas con corrección, para obter resultados claros que respondan a cuestións concretas ou que contrasten a veracidade dunha hipótese.

OBX3

• CA1.3. Interpretáronse os resultados obtidos en proxectos de investigación utilizando o razoamento e, cando sexa necesario, ferramentas matemáticas e tecnolóxicas.

OBX3

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.4. Organizouse e comunicouse información científica e matemática de xeito claro e rigoroso e de maneira verbal, gráfica, numérica, etc., utilizando o formato máis adecuado.

OBX5

• CA1.5. Empregáronse e citáronse de forma adecuada fontes fiables, seleccionando a información científica relevante na consulta e na creación de contidos, e mellorando a aprendizaxe propia e colectiva.

OBX5

• CA1.6. Asumiuse responsablemente unha función concreta dentro dun proxecto científico utilizando espazos virtuais cando sexa necesario, achegando valor, analizando criticamente as contribucións do resto do equipo, respectando a diversidade e favorecendo a inclusión.

OBX8

• CA1.7. Emprendéronse, de forma guiada e de acordo coa metodoloxía adecuada, proxectos científicos colaborativos orientados á mellora e á creación de valor na sociedade.

OBX8

• CA1.8. Valorouse a contribución da ciencia á sociedade e o labor dos homes e as mulleres que se dedican ao seu desenvolvemento, entendendo a investigación como un labor colectivo en constante evolución, froito da interacción entre a ciencia, a tecnoloxía, a sociedade e o ambiente

OBX1

Contidos

• Proxectos de investigación. Metodoloxía da investigación científica.

– Identificación e formulación de cuestións.

– Elaboración de hipóteses.

– Comprobación mediante experimentación.

– Análise e interpretación de resultados.

• Contornas e recursos de aprendizaxe científica (como o laboratorio e as contornas virtuais): utilización adecuada, asegurando a conservación da saúde propia e comunitaria, a seguridade e o respecto polo ambiente.

• Linguaxe científica: interpretación, produción e comunicación eficaz de información de carácter científico no contexto escolar e profesional en diferentes formatos.

• Valoración da ciencia e da actividade desenvolvida polas persoas que se dedican a ela, e recoñecemento da súa contribución aos distintos ámbitos do saber humano, así como ao avance e á mellora da sociedade.

BC2. Sentido numérico

RA2. Resolve problemas en diferentes contextos interpretando, organizando e analizando a información numérica relevante.

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA2.1. Elaboráronse representacións que axuden na procura de estratexias de resolución dunha situación problematizada, organizando os datos dados e comprendendo as preguntas formuladas.

OBX2

• CA2.2. Acháronse as solucións dun problema utilizando a información e os datos achegados, os propios coñecementos e as estratexias e as ferramentas apropiadas.

OBX2

• CA2.3. Comprobouse a corrección das solucións dun problema e a súa coherencia no contexto formulado.

OBX2

• CA2.4. Empregáronse ferramentas tecnolóxicas adecuadas na representación, na resolución de problemas e na comprobación das solucións.

OBX2

• CA2.5. Organizouse e comunicouse información científica e matemática de xeito claro e rigoroso, e de maneira verbal, gráfica, numérica, etc., utilizando o formato máis adecuado.

OBX5

• CA2.6. Analizouse e interpretouse información científica e matemática presente na vida cotiá, cunha actitude crítica.

OBX5

Contidos

• Números e operacións.

– Identificación e representación de cantidades con números decimais, racionais e irracionais relevantes (raíces cadradas, π, etc.).

– Representación e ordenación de números na recta numérica.

– Selección da representación máis adecuada dunha cantidade e utilización en distintos contextos.

• Estratexias de contaxe.

– Recontos sistemáticos con diferentes estratexias, como diagramas en árbore ou combinatoria básica.

– Utilización da contaxe para resolver problemas da vida cotiá e profesional, adaptando a estratexia e o tipo de contaxe ao tamaño dos números.

• Toma de decisións a partir da información numérica relevante: consumo responsable, relacións calidade-prezo e valor-prezo en contextos cotiáns e profesionais.

BC3. Sentido da medida

RA3. Realiza medidas e estimacións en figuras planas e tridimensionais, usando as ferramentas necesarias e adaptando a estratexia e o grao de precisión ao contexto.

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA3.1. Elaboráronse representacións que axuden na procura de estratexias de resolución dunha situación problematizada, organizando os datos dados e comprendendo as preguntas formuladas.

OBX2

• CA3.2. Acháronse as solucións dun problema utilizando a información e os datos achegados, os propios coñecementos e as estratexias e as ferramentas apropiadas.

OBX2

• CA3.3. Analizouse e interpretouse información científica e matemática presente na vida cotiá, cunha actitude crítica.

OBX5

• CA3.4. Aplicáronse procedementos propios das ciencias e as matemáticas en situacións diversas, establecendo conexións entre distintas áreas de coñecemento en contextos naturais, sociais e profesionais.

OBX6

Contidos

• Estimación e relacións.

– Toma de decisión xustificada do grao de precisión en situacións de medida.

– Estimación ou cálculo de medidas indirectas, usando diferentes estratexias, en formas e obxectos da vida cotiá e profesional.

• Medición.

– Dedución, interpretación e aplicación das principais fórmulas para obter áreas, volumes e capacidades en formas tridimensionais.

– Equivalencia entre medidas de volume e capacidade.

– Uso de representacións planas de obxectos tridimensionais para cálculo de áreas e a súa aplicación na resolución de problemas.

• Uso de instrumentos de debuxo e ferramentas dixitais para modelizar e representar obxectos xeométricos con propiedades fixadas, como as lonxitudes de lados ou as medidas de ángulos.

BC 4. Sentido alxébrico

RA4. Usa a linguaxe alxébrica e as relacións para resolver problemas en diferentes contextos, e comproba a corrección e a coherencia das solucións atopadas.

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA4.1. Elaboráronse representacións que axuden na procura de estratexias de resolución dunha situación problematizada, organizando os datos dados e comprendendo as preguntas formuladas.

OBX2

• CA4.2. Acháronse as solucións dun problema utilizando a información e os datos achegados, os propios coñecementos e as estratexias e ferramentas apropiadas.

OBX2

• CA4.3. Comprobouse a corrección das solucións dun problema e a súa coherencia no contexto formulado.

OBX2

• CA4.4. Empregáronse ferramentas tecnolóxicas adecuadas na representación, na resolución de problemas e na comprobación das solucións.

OBX2

• CA4.5. Organizouse e comunicouse información científica e matemática de xeito claro e rigoroso, e de maneira verbal, gráfica, numérica, etc., utilizando o formato máis adecuado.

OBX5

• CA4.6. Analizouse e interpretouse información científica e matemática presente na vida cotiá, cunha actitude crítica.

OBX5

Contidos

• Linguaxe alxébrica.

– Expresión de relacións mediante linguaxe alxébrica.

– Equivalencia de expresións alxébricas de segundo grao.

– Resolución alxébrica e gráfica de ecuacións de segundo grao en problemas de contextos diferentes.

– Interpretación da solución dun problema e comprobación da coherencia no contexto.

– Uso de ferramentas tecnolóxicas na resolución de problemas e interpretación das solucións.

• Relacións e funcións.

– Formas de representación dunha relación: enunciado, táboas, gráficas e expresión analítica.

– Interpretación da información relevante en situacións reais (funcións cuadráticas, de proporcionalidade inversa, etc.).

• Estratexias para a interpretación e modificación de algoritmos. Formulación de problemas susceptibles de seren analizados utilizando programas e outras ferramentas.

BC5. Sentido estocástico

RA5. Organiza e analiza información estatística usando ferramentas tecnolóxicas, asigna probabilidades en experimentos sinxelos e comunica os resultados de xeito claro e rigoroso.

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA5.1. Acháronse as solucións dun problema utilizando a información e os datos achegados, os propios coñecementos e as estratexias e as ferramentas apropiadas.

OBX2

• CA5.2. Empregáronse ferramentas tecnolóxicas adecuadas na representación, na resolución de problemas e na comprobación das solucións.

OBX2

• CA5.3. Organizouse e comunicouse información científica e matemática de xeito claro e rigoroso, e de maneira verbal, gráfica, numérica, etc., utilizando o formato máis adecuado.

OBX5

• CA5.4. Analizouse e interpretouse información científica e matemática presente na vida cotiá, cunha actitude crítica.

OBX5

Contidos

• Deseño de estudos estatísticos.

– Formulación de preguntas adecuadas.

– Organización de datos.

– Realización de táboas e gráficos adecuados mediante diferentes ferramentas tecnolóxicas.

• Medidas de centralización e dispersión.

– Cálculo, interpretación e obtención de conclusións razoadas.

– Uso das ferramentas tecnolóxicas adecuadas a cada situación.

– Comparación de dous conxuntos de datos atendendo ás súas medidas de centralización e de dispersión.

• Probabilidade.

– Fenómenos deterministas e aleatorios. Sucesos.

– Aproximación á probabilidade a través das frecuencias relativas.

– Asignación de probabilidades mediante a regra de Laplace e técnicas de reconto.

• Toma de decisións de experimentos simples en diferentes contextos.

BC6. A materia e os seus cambios

RA6. Caracteriza e explica fenómenos fisicoquímicos relevantes asociados á materia e os seus cambios, empregando coñecementos científicos, e é quen de interpretar e transmitir correctamente información sobre os devanditos fenómenos.

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA6.1. Identificáronse e comprendéronse os fenómenos naturais relevantes, para os explicar a partir de teorías, leis e principios científicos adecuados, como estratexia na toma de decisións fundamentadas.

OBX1

• CA6.2. Elaboráronse representacións que axuden na procura de estratexias de resolución dunha situación problematizada, organizando os datos dados e comprendendo as preguntas formuladas.

OBX2

• CA6.3. Achouse a solución dun problema utilizando a información e os datos achegados, os propios coñecementos e as estratexias e as ferramentas apropiadas.

OBX2

• CA6.4. Comprobouse a corrección das solucións dun problema e a súa coherencia no contexto formulado.

OBX2

Contidos

• Composición da materia.

– Relación, a partir da súa configuración electrónica, da distribución dos elementos na táboa periódica coas súas propiedades fisicoquímicas máis importantes para atopar xeneralidades.

– O enlace químico. Propiedades das substancias en función do enlace e a estrutura.

• Cuantificación da cantidade de materia de sistemas de diferente natureza, e, nos termos xerais da linguaxe científica, para manexar diferentes formas de medida e expresión desta na contorna científica.

• Formulación e nomenclatura de substancias químicas de compostos de maior relevancia ou utilidade social, ou relacionadas coa familia profesional correspondente, segundo as normas da IUPAC.

• Reaccións químicas:

– Ecuacións químicas sinxelas: interpretación cualitativa e cuantitativa. Cálculos estequiométricos sinxelos e interpretación dos factores que as afectan.

– Descrición cualitativa de reaccións químicas de relevancia no mundo cotián e profesional, incluíndo as combustións, as neutralizacións e os procesos electroquímicos sinxelos, comprobando experimentalmente algúns dos seus parámetros.

– Análise de aspectos enerxéticos e cinéticos das reaccións químicas, aplicando a teoría de colisións, para explicar a reordenación dos átomos e realizar predicións relativas a procesos cotiáns importantes.

BC7. As interaccións e a enerxía

RA7. Caracteriza e explica fenómenos e aplicacións relacionados coa enerxía, e valora o seu uso responsable.

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA7.1. Identificáronse e comprendéronse fenómenos naturais relevantes, para os explicar a partir de teorías, leis e principios científicos adecuados, como estratexia na toma de decisións fundamentadas.

OBX1

• CA7.2. Elaboráronse representacións que axuden na procura de estratexias de resolución dunha situación problematizada, organizando os datos dados e comprendendo as preguntas formuladas.

OBX2

• CA7.3. Achouse a solución dun problema utilizando a información e os datos achegados, os propios coñecementos e as estratexias e as ferramentas apropiadas.

OBX2

• CA7.4. Comprobouse a corrección das solucións dun problema e a súa coherencia no contexto formulado.

OBX2

• CA7.5. Relacionáronse con fundamentos científicos a preservación da biodiversidade, a conservación ambiental e a protección dos seres vivos da contorna, co desenvolvemento sustentable e a calidade de vida.

OBX4

• CA7.6. Analizouse e interpretouse información científica e matemática presente na vida cotiá, cunha actitude crítica.

OBX5

Contidos

• Predición e comprobación, mediante o razoamento lóxico-matemático, utilizando ecuacións e gráficas, da variación das principais magnitudes que describen o movemento dun corpo. Estudo dos movementos rectilíneos e circulares sinxelos.

• As forzas.

– Relación das forzas cos cambios que producen sobre os sistemas, e aplicación á resolución de problemas da vida cotiá e profesional relacionados coas forzas presentes na natureza.

– Identificación e manexo das principais forzas da contorna cotiá, como o peso, a normal, o rozamento ou a tensión, e o seu uso na explicación de fenómenos físicos en distintos escenarios.

• Leis de Newton: aplicacións a fenómenos naturais e cotiáns.

• A enerxía.

– Formulación e comprobación de hipóteses sobre as formas de enerxía e as súas aplicacións a partir das súas propiedades e do principio de conservación, como base para a resolución de problemas relacionados coa enerxía mecánica.

– Obtención e consumo de enerxía, e as súas repercusións ambientais.

• Análise dos efectos da calor sobre a materia. Recoñecemento de procesos de transferencia de calor nos cales estean implicadas diferenzas de temperatura, como base da resolución de problemas cotiáns e profesionais.

BC8. A Terra como sistema e o desenvolvemento sustentable

RA8. Examina o funcionamento dos sistemas biolóxicos e xeolóxicos, analizando e previndo os riscos naturais, e promovendo un desenvolvemento sustentable.

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA8.1. Analizáronse as funcións da atmosfera e da hidrosfera, e valorouse a súa importancia para a vida na Terra, identificando o seu papel no proceso de formación e desenvolvemento do solo.

OBX1

• CA8.2. Relacionáronse con fundamentos científicos a preservación da biodiversidade, a conservación ambiental, a protección dos seres vivos da contorna, o desenvolvemento sustentable e a calidade de vida.

OBX4

• CA8.3. Recoñecéronse os compoñentes e as relacións nun ecosistema analizando os factores causantes de desequilibrios, e difundíronse accións que favorezan a conservación ambiental.

OBX4

• CA8.4. Recoñeceuse a información con base científica en relación co ambiente, e distinguiuse das pseudociencias, das falacias, das teorías conspiratorias e das crenzas infundadas, mantendo unha actitude escéptica ante estas.

OBX4

• CA8.5. Caracterizouse a dinámica interna e externa da xeosfera en relación coas manifestacións na superficie terrestre a través da interpretación da tectónica de placas.

OBX1

• CA8.6. Analizáronse os riscos naturais e as medidas de prevención destes, en relación con fenómenos xeolóxicos, e valorouse a importancia de respectar os ciclos da natureza.

OBX1

Contidos

• A atmosfera e a hidrosfera.

– Funcións.

– Interaccións coa biosfera e a xeosfera na edafoxénese.

– Importancia para a vida na Terra.

• Os ecosistemas.

– Elementos bióticos e abióticos.

– Relacións intraespecíficas e interespecíficas.

• O cambio climático.

– Causas e consecuencias.

– Efectos globais das accións individuais e colectivas.

– Causas e consecuencias da deterioración do ambiente.

– Importancia da adquisición de hábitos sustentables.

• Os fenómenos xeolóxicos internos e externos.

– Diferenciación e clasificación.

– Manifestacións na superficie terrestre.

– Teoría da tectónica de placas.

• Os riscos naturais.

– Medidas de prevención.

– Relación cos fenómenos xeolóxicos e determinadas actividades humanas.

– Importancia de respectar o relevo e os ciclos da natureza.

BC9. Sentido socioafectivo

RA9. Mantén unha actitude positiva na aprendizaxe das ciencias, promove activamente o traballo en equipo e participa nel, e valora as contribucións do resto do equipo.

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA9.1. Amosouse resiliencia ante os retos académicos asumindo o erro como unha oportunidade para a mellora, e desenvolveuse un autoconcepto positivo ante as ciencias.

OBX7

• CA9.2. Asumiuse responsablemente unha función concreta dentro dun proxecto científico, utilizando espazos virtuais cando sexa necesario, achegando valor, analizando criticamente as contribucións do resto do equipo, respectando a diversidade e favorecendo a inclusión.

OBX8

• CA9.3. Emprendéronse, de xeito guiado e de acordo coa metodoloxía adecuada, proxectos científicos colaborativos orientados á mellora e á creación de valor na sociedade.

OBX8

Contidos

• Estratexias de recoñecemento das emocións que interveñen na aprendizaxe e de desenvolvemento da curiosidade, a iniciativa, a perseveranza e a resiliencia, así como o pracer de aprender e comprender a ciencia.

• Estratexias que aumenten a flexibilidade cognitiva e a apertura a cambios, e que axuden a transformar o erro en oportunidade de aprendizaxe.

• Técnicas cooperativas que optimicen o traballo en equipo, despregamento de condutas empáticas e estratexias para a xestión de conflitos.

• Actitudes inclusivas como a igualdade efectiva de xénero, a corresponsabilidade, o respecto polas minorías e a valoración da diversidade presente na aula e na sociedade como unha riqueza cultural.

• Estratexias de identificación e prevención de abusos, de agresións, de situacións de violencia ou de vulneración da integridade física, psíquica e emocional.

2.4. Orientacións pedagóxicas.

A intervención educativa no ámbito de Ciencias Aplicadas desenvolverá o seu currículo e tratará de asentar de xeito gradual e progresivo as aprendizaxes que lle faciliten ao alumnado o logro dos obxectivos do ámbito e, en combinación co ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais, unha adecuada adquisición das competencias clave e, por tanto, acadar o perfil de saída.

Neste sentido, no deseño das actividades, o profesorado terá que considerar a relación entre os obxectivos do ámbito e as competencias clave a través dos descritores operativos do perfil de saída e as liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe, que se presentan nas epígrafes seguintes, e seleccionar os criterios de avaliación do currículo que se axusten á finalidade procurada, así como empregalos para verificar as aprendizaxes do alumnado e o seu nivel de desempeño.

Relación entre os obxectivos do ámbito de Ciencias Aplicadas e as competencias clave a través dos descritores operativos do perfil de saída

No anexo I do Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, figuran as competencias clave e os seus descritores operativos do perfil de saída.

A relación establecida neste currículo entre os obxectivos do ámbito de Ciencias Aplicadas e as competencias clave a través dos descritores operativos do perfil de saída é a seguinte:

Obxectivos

do ámbito

Competencias clave do perfil de saída (*)

CCL

CP

STEM

CD

CPSAA

CC

CE

CCEC

OBX1

1

1-2-4

1

4

3

OBX2

2

1-2

1-2

4

1

OBX3

1-2-3

1-3

4-5

1

OBX4

5

4

2

4

OBX5

1-2-3

4

1

4

4

3

OBX6

1-2-5

5

5

4

1

2

OBX7

5

2

1-4-5

1

1-3

OBX8

5

3

2-4

3

3

2

2

(*) CCL: competencia en comunicación lingüística; CP: competencia plurilingüe; STEM: competencia matemática e competencia en ciencia e tecnoloxía; CD: competencia dixital; CPSAA: competencia persoal, social e de aprender a aprender; CC: competencia cidadá; CE: competencia emprendedora; CCEC: competencia en conciencia e expresión culturais.

O contido das celas fai referencia ao número de descritor operativo das competencias clave, ao completar o ensino básico.

Por exemplo, o primeiro obxectivo deste ámbito (OBX1) está relacionado coa competencia en comunicación lingüística a través do descritor operativo CCL1: «Exprésase de forma oral, escrita, signada ou multimodal con coherencia, corrección e adecuación aos diferentes contextos sociais, e participa en interaccións comunicativas con actitude cooperativa e respectuosa tanto para intercambiar información, crear coñecemento e transmitir opinións como para construír vínculos persoais».

Liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe.

– O primeiro bloque (BC1. Destrezas científicas básicas) e o derradeiro bloque (BC9. Sentido socioafectivo) son de carácter transversal e deberanse traballar en combinación co resto dos bloques ao longo de todo o curso.

– Enfoque na construción da ciencia e o desenvolvemento do pensamento científico. Para isto, entre as posibles liñas de actuación están a formulación de hipóteses ou de problemas, ou a selección e o tratamento da información, utilizando fontes fiables en diferentes formatos. Outras liñas posibles son a planificación e o desenvolvemento de investigacións, ou a realización de observacións, ensaios pertinentes ou probas; tamén o rexistro, a análise e a interpretación de datos, así como a ordenación das ideas, a comparación, a xerarquización, a explicación, a xustificación e a argumentación científica dun acontecemento; e do mesmo xeito a comunicación da información de forma clara e ordenada, e respectando outras ideas, e a relación dos contidos aprendidos nas distintas materias, recomendando por tanto un traballo interdisciplinario como medio para os conectar coa realidade.

– Uso de distintas estratexias metodolóxicas que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado, que favorezan a capacidade de aprender por si mesmo e que promovan tanto o traballo individual como o cooperativo e o colaborativo, permitindo así o desenvolvemento das habilidades necesarias para as poder aplicar a novas situacións, tanto na súa futura vida académica como na profesional e persoal, favorecendo así unha aprendizaxe ao longo da vida.

– Deseño de situacións de aprendizaxe atractivas e estimulantes para o alumnado, que conecte as novas aprendizaxes coas experiencias previas, relacionadas estreitamente co seu contexto persoal e social, e co seu perfil profesional, que integren actividades educativas con garantía de éxito e que contribúan a reforzar a súa autoestima e a identificar o seu propio papel na sociedade na que vive.

– Fomento do traballo en equipo con perspectiva de xénero, que permitirá ao alumnado desenvolver diversas competencias tanto no eido intelectual como no social. O traballo en equipo vai incrementar a motivación, reforzar a autoestima, estimular a creatividade, aumentar a autonomía, promover a reflexión, fomentar a responsabilidade, intercambiar experiencias e favorecer as habilidades sociais. Así mesmo, o traballo en equipo poderase realizar por medio de actividades de aprendizaxe realizadas en grupo, de forma que cando no ámbito profesional se integren en equipos de traballo poidan manter relacións fluídas cos seus membros, colaborando na consecución dos obxectivos asignados ao grupo, respectando o traballo das demais persoas, participando activamente na organización e no desenvolvemento de tarefas colectivas, cooperando na superación das dificultades que se presenten cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros e das compañeiras, e respectando as normas e os métodos establecidos.

– O traballo por proxectos, como metodoloxía que axuda ao alumnado para organizar o seu pensamento, favorece a reflexión, a crítica, a elaboración de hipóteses e a tarefa investigadora a través dun proceso en que cadaquén aplica, de forma activa, os seus coñecementos e as súas habilidades a proxectos reais, favorecendo unha aprendizaxe orientada á acción cun importante carácter interdisciplinario na cal o alumnado conxuga coñecementos, habilidades e actitudes para levar a bo fin o proxecto proposto.

– Proposta de proxectos variados baseada na resolución de problemas, de investigación, innovación e actividades indagativas que incentiven o desenvolvemento das competencias, das habilidades e das actitudes, tratando de evitar a acumulación e a memorización dos contidos científicos, e que permitan a análise crítica dos problemas sociais actuais.

– Énfase na atención á diversidade do alumnado, na atención individualizada, na prevención das dificultades de aprendizaxe e na posta en práctica de mecanismos de reforzo, tan pronto como se detecten estas dificultades.

– Uso de estratexias que permitan traballar transversalmente a comprensión de lectura, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, as tecnoloxías da información e da comunicación, o emprendemento, a educación cívica e constitucional, o fomento do espírito crítico, a educación emocional e en valores, e a igualdade de xénero. A transversalidade resulta fundamental para mellorar a aprendizaxe e promover o desenvolvemento de actitudes críticas e reflexivas no alumnado. Deste xeito, facilítase que o alumnado descubra a importancia e a utilidade do aprendido, favorecendo un ambiente máis motivador. Na formación integral do alumnado será fundamental integrar contidos de distintas áreas de coñecemento nos cales se deberá mobilizar todo tipo de destrezas e ferramentas.

– Traballo práctico no laboratorio, por ser unha actividade específica da ensinanza das ciencias que lle proporciona ao alumnado un campo de probas onde se poden ampliar as súas experiencias e modificar as súas ideas e interpretacións, facéndoas máis coherentes co coñecemento científico, e que posibilite a súa conexión coa realidade.

– Estímulo dunha avaliación autorreguladora, que se realice de forma continua ao longo de todo o proceso de ensino e aprendizaxe, permitindo a modificación e a readaptación da dinámica e das actividades de aula en función das necesidades do alumnado e do contexto. Isto resultará unha ferramenta de seguimento que proporcionará unha información moi importante para poder intervir sobre todos os elementos que forman parte dos procesos de ensino e de aprendizaxe. Esta información permitirá tomar decisións encamiñadas a garantir a adquisición das competencias necesarias para continuar o proceso formativo.

– Contribución a formar cidadáns e cidadás competentes social e emocionalmente, presentando a ciencia e a tecnoloxía desde unha perspectiva socioafectiva e promovendo o desenvolvemento de destrezas que lle permitan ao alumnado autoxestionar as súas emocións, aumentar a capacidade de tomar decisións de forma crítica, valorar opinións distintas ás propias, recoñecer o erro como un elemento enriquecedor e dinamizador da aprendizaxe, diminuír as actitudes negativas cara á materia e erradicar calquera sentimento de desigualdade por razón de xénero.