De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 23 das bases reguladoras da orde, publícanse as subvencións concedidas por resolución do director xeral de Comercio e Consumo, por delegación da Conselleira de Economía, Industria e Innovación (Orde do 9 de febreiro de 2023; DOG núm. 34, do 17 de febreiro), relacionadas no anexo.
Norma reguladora: Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro de ámbito superior ao municipal ou federacións para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300B).
Crédito orzamentario: 500.000,00 €.
Aplicación orzamentaria |
Importe |
Beneficiarias |
05.04.751A.781.1 |
500.000,00 € |
Asociacións de comerciantes sen fins de lucro que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia e supere o municipal e federacións de asociacións de comerciantes que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia |
Finalidade: concesión de subvencións para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial.
Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2023
Manuel Heredia Pérez
Director xeral de Comercio e Consumo
ANEXO
Beneficiarios da subvención para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial
Expediente |
Entidade beneficiaria |
Importe subvención |
CO300B-2023-03 |
Consorcio do Comercio do Salnés |
20.202,76 € |
CO300B-2023-04 |
Federación Unión de Comercios Coruñesa |
35.993,33 € |
CO300B-2023-05 |
Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (Ovalmi) |
9.697,94 € |
CO300B-2023-06 |
Federación Galega de Asociacións e Gremios de Xoiaría, Prataría e Reloxaría |
36.000,00 € |
CO300B-2023-07 |
Asociación de Minoristas del Puerto de A Coruña |
7.986,00 € |
CO300B-2023-08 |
Federación de Asociacións de Comerciantes, Empresarios, Industriais e Artesáns do Sur de Galicia-Fesurga |
25.308,62 € |
CO300B-2023-09 |
A Mariña Federación |
36.000,00 € |
CO300B-2023-10 |
Federación de Libreros de Galicia |
30.621,20 € |