DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 18 de agosto de 2023 Páx. 49086

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 20 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai pública a relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos formulada por Minera de Rocas, S.L.U. da solicitude de expropiación forzosa dos terreos necesarios para o desenvolvemento dos traballos de explotación nas concesións de explotación mineiras Faro número 4615.1, Faro número 4615.2 e Faro número 4615.5 sitas no concello de Melón (Ourense).

O 22.8.2022, Minera de Rocas, S.L.U. presenta nesta xefatura territorial solicitude para a expropiación de bens e dereitos afectados polas concesións de explotación Faro nº 4615.1, Faro nº 4615.2 e Faro nº 4615.5 sitas no concello de Melón (Ourense), na súa consideración de beneficiaria para os efectos previstos no artigo 2.3 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e no artigo 5 do Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa, e concorrendo na citada solicitude as circunstancias recollidas no artigo 105 da Lei 22/73, do 21 de xullo, de minas, e no artigo 131 do seu regulamento aprobado polo Real decreto 2857/78, do 25 de agosto.

Ante a imposibilidade de chegar a acordos cos propietarios afectados, e en cumprimento do disposto no artigo 17.2 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, a entidade beneficiaria Minera de Rocas, S.L.U. formalizou a relación concreta e individualizada dos terreos sobre os que considera necesaria a expropiación forzosa.

De conformidade co artigo 105.1 da Lei 22/73, do 21 de xullo, de minas, e co artigo 131.2 do seu regulamento aprobado polo Real decreto 2857/78, do 25 de agosto, e como queira que se trata de concesións de explotacións outorgadas, non é necesaria a declaración de utilidade pública, pero ao non se cumprir as condicións establecidas no artigo 17.2 da Lei de expropiación forzosa, cómpre declarar a necesidade de ocupación.

Polo tanto, en cumprimento do disposto no artigo 18 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e no artigo 17 do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957, como paso previo á necesidade de ocupación, faise pública a relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos formulada por Minera de Rocas, S.L.U., que se inclúe como anexo neste acordo.

O que se fai público, de conformidade cos citados artigos 18 da Lei de expropiación forzosa e 17 do seu regulamento, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan formular alegacións sobre a procedencia da ocupación ou disposición dos bens e o seu estado material ou legal dentro do prazo de quince (15) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán consultar tamén a relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos nas dependencias desta xefatura territorial (rúa Curros Enríquez, 1º, 3ª, 32003 Ourense), no concello afectado, ou ben no Portal de transparencia da Consellería:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras

Segundo o artigo 18 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, no citado prazo de quince (15) días, tamén poderán achegar cantos datos permitan a rectificación dos posibles erros que se consideren cometidos nesta relación que se fai pública. Nos casos de oposición á ocupación ou á disposición dos bens ou dereitos, por motivos de forma ou de fondo, deberán sinalarse os seus fundamentos e os razoamentos que poidan aconsellar a estimación como preferentes e convenientes co fin da expropiación doutros bens e dereitos non figurados na relación publicada.

Por último, pór de manifesto que en calquera momento, se se chega a un mutuo acordo entre os afectados e a beneficiaria da expropiación, darase por finalizado este expediente no predio que corresponda.

Ourense, 20 de xullo de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos

Expediente: concesións de explotación Faro nº 4615.1, Faro nº 4615.2 e Faro nº 4615.5 sitas no concello de Melón (Ourense).

Titular: Minera de Rocas, S.L.U.

Termo municipal: Melón.

Propietaria

Ref. catastral

Afección

Superficie total (m2)

Superficie que se vai expropiar (m2)

1

CMVMC Tourón

32047A04000885

Parcial

331.888

160.991,47

2

CMVMC Tourón

32047A04004053

Parcial

166

50,84

3

CMVMC Tourón

32047A04004068

Parcial

596

476,76

4

CMVMC Tourón

32047A04004069

Parcial

436

369,60

5

CMVMC Tourón

32047A04004070

Parcial

538

487,89

6

CMVMC Tourón

32047A04004071

Total

478

478

7

CMVMC Tourón

32047A04004072

Total

612

612

8

CMVMC Tourón

32047A04004073

Total

555

555

9

CMVMC Tourón

32047A04004074

Total

490

490

10

CMVMC Tourón

32047A04004075

Total

421

421

11

CMVMC Tourón

32047A04004076

Total

442

442

12

CMVMC Tourón

32047A04004077

Parcial

2.641

2.384,74

13

CMVMC Tourón

32047A04004078

Total

439

439

14

CMVMC Tourón

32047A04004079

Total

308

308

15

CMVMC Tourón

32047A04004080

Total

419

419

16

CMVMC Tourón

32047A04004081

Total

380

380

17

CMVMC Tourón

32047A04004082

Total

313

313

18

CMVMC Tourón

32047A04004083

Total

360

360

19

CMVMC Tourón

32047A04004084

Total

279

279

20

CMVMC Tourón

32047A04004085

Total

629

629

21

CMVMC Tourón

32047A04004175

Parcial

410

280,82

22

CMVMC Tourón

32047A04004176

Parcial

296

186,23

23

CMVMC Tourón

32047A04004177

Parcial

274

169,10

24

CMVMC Tourón

32047A04004178

Parcial

249

147,44

25

CMVMC Tourón

32047A04004179

Parcial

284

141,55

26

CMVMC Tourón

32047A04004180

Parcial

255

120,61

27

CMVMC Tourón

32047A04004181

Parcial

667

399,57

28

CMVMC Tourón

32047A04004182

Parcial

693

433,74

29

CMVMC Tourón

32047A04004183

Parcial

248

107,16

30

CMVMC Tourón

32047A04004185

Total

368

368

31

CMVMC Tourón

32047A04004117

Parcial

335

179,14

32

CMVMC Tourón

32047A04004389

Parcial

63.054

3.847,75

33

CMVMC Tourón

32047A04004390

Parcial

153.483

72.574,26

34

CMVMC Tourón

32047A04004420

Parcial

156.568

136.002,76

35

CMVMC Tourón

32047A04004421

Parcial

67.451

21.884,92

36

CMVMC Tourón

32047A04004501

Total

354.559

354.559

37

CMVMC Tourón

32047A04000884

Parcial

399.478

6.488,89

38

CMVMC Tourón

32047A04004118

Parcial

199

100,95

39

CMVMC Tourón

32047A04004387

Parcial

487.566

28,11

40

CMVMC Tourón

32047A04004133

Parcial

288

14,80

41

CMVMC Tourón

32047A04004136

Parcial

274

13,79

42

CMVMC Tourón

32047A04004137

Parcial

270

13,94

43

CMVMC Tourón

32047A04004138

Parcial

258

18,29

44

CMVMC Tourón

32047A04004139

Parcial

300

19,06

45

CMVMC Tourón

32047A04004140

Parcial

235

13,95

46

CMVMC Tourón

32047A04004184

Parcial

550

213,10

47

CMVMC Tourón

32047A04004186

Parcial

368

139,38

48

CMVMC Tourón

32047A04004187

Parcial

403

117

Superficie total:

769.469,35