DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 18 de agosto de 2023 Páx. 49090

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2023/092-3).

Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado o 5.4.2023 polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2233 do Coeticor, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na data sinalada.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Enderezo: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: recuamento LMTS e RBT na rúa Nicomedes Pastor Díaz.

Situación: concello de Ourense.

Orzamento: 14.872,84 €.

Características técnicas:

– LMTS proxectada, de 18 m de lonxitude, a 20 kV, en condutor RHZ1-2 OL-12/20 kV 3×(1×240) mm² Al, con orixe nos empalmes que se realizarán sobre a LMTS BBA805 Valenzá, procedente do CT 32S747 avenida Portugal, 2, e final nos empalmes que se realizarán sobre a mesma liña, que continúa ata o CT 32CHW0 Nicomedes Pastor Díaz, núm. 4.

– LMTS proxectada, de 18 m de lonxitude, a 20 kV, en condutor RHZ1-2 OL-12/20 kV 3×(1×240) mm² Al, con orixe nos empalmes que se realizarán sobre a LMTS BBA805 Valenzá, procedente do CT 32CHW0 Nicomedes Pastor Díaz, núm. 4, e final nos empalmes que se realizarán sobre a mesma liña, que continúa ata o CT 32S738 avenida Portugal, 1.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014 (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 7 de xullo de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense