DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 17 de agosto de 2023 Páx. 48797

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que os titulares dos bens que se relacionan a seguir son descoñecidos, e resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se relacionan, imposta polo artigo 22.1 da dita Lei 3/2007, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Parcelas de titulares descoñecidos fóra do ámbito da parroquia prioritaria de Visma (San Pedro):

Referencia catastral

Parroquia

Lugar

15900A006600010000YP

Elviña (San Vicenzo)

Mesoiro

15900A006600020000YL

Elviña (San Vicenzo)

Mesoiro

15900A007001610000YD

Elviña (San Vicenzo)

Castro de Elviña, O

15900A007001620000YX

Elviña (San Vicenzo)

Lagar, O

15900A008000540000YA

Elviña (San Vicenzo)

Zapateira, A

7778661NH4977N0001LW

Elviña (San Vicenzo)

Lagar, O

8073447NH4987S0001YF

Elviña (San Vicenzo)

Castro de Elviña, O

15900A006005190000YQ

San Cristovo das Viñas (San Cristovo)

Someso

15900A00600634000YJ

Elviña (San Vicenzo)

Mesoiro

15900A00600637000YZ

Elviña (San Vicenzo)

Mesoiro

15900A007010460000YW

Elviña (San Vicenzo)

Aguaceiros

15900A009002000000YT

Elviña (San Vicenzo)

Santa Icía

6468901NH4966N0000LE

Elviña (San Vicenzo)

Feáns

15900A012000370000YL

San Cristovo das Viñas (San Cristovo)

Martinete, O

15900A012000430000YM

San Cristovo das Viñas (San Cristovo)

Bosque, O

15900A012000460000YR

San Cristovo das Viñas (San Cristovo)

Cova, A

15900A012000620000YW

San Cristovo das Viñas (San Cristovo)

Cova, A

15900A012000710000YP

San Cristovo das Viñas (San Cristovo)

Cova, A

15900A012003670000YD

San Cristovo das Viñas (San Cristovo)

San Cristovo das Viñas

15900A012003780000YH

San Cristovo das Viñas (San Cristovo)

Martinete, O

15900A012004070000YU

San Cristovo das Viñas (San Cristovo)

Cova, A

15900A012004260000YO

San Cristovo das Viñas (San Cristovo)

Cova, A

15900A0120043000000YK

San Cristovo das Viñas (San Cristovo)

Cova, A

7588836NH4978N0001EL

San Cristovo das Viñas (San Cristovo)

Martinete, O

15900A0100048000000YR

Elviña (San Vicenzo)

Souto, O

15900A010004860000YS

Elviña (San Vicenzo)

Laxobre

15900A010005980000YT

Elviña (San Vicenzo)

Souto, O

6168706NH4966N0000AE

Elviña (San Vicenzo)

Feáns

6678404NH4967N0001MZ

Elviña (San Vicenzo)

Mesoiro

15900A011003860000YM

San Cristovo das Viñas (San Cristovo)

Balsa, A

15900A010006230000YY

Elviña (San Vicenzo)

Souto, O

15900A012000470000YD

San Cristovo das Viñas (San Cristovo)

Cova, A

15900A010006040000YR

Elviña (San Vicenzo)

Souto, O

7778648NH4977N0001WW

Elviña (San Vicenzo)

Souto, O

7778661NH4977N0001LW

Elviña (San Vicenzo)

Lagar, O

15900A012003910000YP

San Cristovo das Viñas (San Cristovo)

Cova, A

1. En virtude do anterior, as persoas responsables dispoñen dun prazo máximo de quince días naturais para o cumprimento voluntario da obriga de xestión da biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

2. Se, transcorrido o prazo sinalado anteriormente, non xestionasen voluntariamente a biomasa as persoas responsables, o Concello da Coruña, a través do convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias (DOG nº 156, do 17 de agosto de 2018), procederá sen máis trámites á execución subsidiaria, con repercusión dos custos e, se for o caso, o comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da dita Lei 3/2007. Para iso, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar a xestión da biomasa, referenciados para cada unha das parcelas nas táboas anteriores, coa advertencia expresa de que se procederá á súa exacción inmediata, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos.

O anterior sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

A persoa titular do terreo ou do dereito de aproveitamento terá a obriga legal de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas.

O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3. No tocante ao procedemento sancionador que se iniciará no caso de persistencia no incumprimento unha vez transcorrido o prazo outorgado, e segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007, infórmase do seguinte:

A. Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007).

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción, ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas na Lei 3/2007 e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves

c) A persoa titular da consellería que teña asignada competencia en materia forestal para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en terreos urbanos, de núcleo rural e urbanizables delimitados, será competencia da respectiva Administración local. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves e graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, e a dos expedientes pola comisión de infraccións moi graves, ao Pleno do Concello, de conformidade co establecido no artigo 21.ter 2 da Lei 3/2007.

B. Cualificación da infracción: infracción leve (art. 51.3.a) da Lei 3/2007), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

C. Contía máxima da sanción pecuniaria que se pode impoñer no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007). No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b) da Lei 43/2003).

D. Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

A Coruña, 15 de xullo de 2023

A alcaldesa
P.D. (Decreto 4538/2023, do 21 de xuño; BOP do 27 de xuño)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable da
Área de Economía e Planificación Urbana