DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 17 de agosto de 2023 Páx. 48801

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que os titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se relacionan, imposta polo artigo 22.1 da dita Lei 3/2007, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Parcelas de titulares descoñecidos incluídas dentro do ámbito da parroquia prioritaria de Visma (San Pedro):

Referencia catastral

DNI titular catastral

Parroquia

Lugar

Superficie afectada (m2)

15900A01300086

Descoñecido

Visma

Nostián

1.699,08

15900A01300229

Descoñecido

Visma

Nostián

1.560,19

15900A01400240

Descoñecido

Visma

Bens

934,93

15900A01300042

Descoñecido

Visma

Bens

459,58

15900A01400222

Descoñecido

Visma

Bens

412,50

15900A01400143

Descoñecido

Visma

Mazaído

1.294,88

15900A01300089

Descoñecido

Visma

Nostián

714,74

15900A01300087

Descoñecido

Visma

Nostián

1.340,85

15900A01400211

Descoñecido

Visma

Bens

901,64

15900A01400148

Descoñecido

Visma

Mazaído

1.387,07

5224458NJ4052S

Descoñecido

Visma

O Portiño

1.064,13

1. En virtude do anterior, as persoas responsables dispoñen dun prazo máximo de quince días naturais para o cumprimento voluntario da obriga de xestión da biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

2. Se, transcorrido o prazo sinalado anteriormente, non xestionasen voluntariamente a biomasa as persoas responsables, o Concello da Coruña, a través do convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias (DOG nº 156, do 17 de agosto de 2018), procederá sen máis trámites á execución subsidiaria, con repercusión dos custos e, se for o caso, o comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da dita Lei 3/2007. Para iso, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar a xestión da biomasa, referenciados para cada unha das parcelas na táboa anterior, coa advertencia expresa de que se procederá á súa exacción inmediata, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos.

O anterior sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

A persoa titular do terreo ou do dereito de aproveitamento terá a obriga legal de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas.

O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, a espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3. No tocante ao procedemento sancionador que se iniciará no caso de persistencia no incumprimento unha vez transcorrido o prazo outorgado, e segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007, infórmase do seguinte:

A. Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007).

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción, ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas na Lei 3/2007 e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada competencia en materia forestal para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en terreos urbanos, de núcleo rural e urbanizables delimitados, será competencia da respectiva Administración local. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves e graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, e a dos expedientes pola comisión de infraccións moi graves ao Pleno do Concello, de conformidade co establecido no artigo 21.ter 2 da Lei 3/2007.

B. Cualificación da infracción: infracción leve (art. 51.3.a) da Lei 3/2007), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

C. Contía máxima da sanción pecuniaria que se pode impoñer no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007). No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b) da Lei 43/2003).

D. Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

A Coruña, 15 de xullo de 2023

A alcaldesa
P.D. (Decreto 4538/2023, do 21 de xuño; BOP do 27 de xuño)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable da
Área de Economía e Planificación Urbana