DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 11 de agosto de 2023 Páx. 48189

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 122/2023, do 27 de xullo, polo que se aproba o cambio de titularidade, a prol do Concello de Barro, da estrada EP-0509 e dos treitos antigos das estradas EP-0506 e EP-9407.

Segundo o previsto no artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados mediante decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O 14 de xaneiro de 2022, o Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra aprobou o cambio de titularidade, a prol do Concello de Barro, da estrada EP-0509 ramal da Igrexa-Portela e dos treitos antigos na EP-0506 Curro-Portela e na EP-9407 A Goulla-Porráns.

A Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Barro asinaron, o 23 de xaneiro de 2021, un convenio de colaboración para levar a cabo a execución do proxecto denominado: recuperación do espazo e mellora da mobilidade peonil na EP-0508 Curro-San Amaro ao seu paso pola praza de San Amaro. O convenio recollía como obriga do concello aceptar o cambio de titularidade de treitos de vías da deputación.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polo servizo competente, indica que a estrada EP-0509 e os treitos antigos das estradas EP-0506 e EP-9407, cumpren co estipulado no punto 11 do artigo 18 do Regulamento xeral de estradas de Galicia, relativo aos cambios de titularidade de treitos de estradas a favor de administracións de menor ámbito territorial, segundo o cal estes só se levarán a cabo cando se trate de treitos terminais ou cando non impliquen a interrupción de ningún dos itinerarios de que formen parte sen que exista unha alternativa viaria, existente ou planificada, para todos eles que proporcione un nivel de servizo cando menos equivalente, a través da rede de estradas da Administración cedente ou das redes de estradas de titularidade de administracións de maior ámbito territorial, polo que se formula a proposta favorable á transferencia de titularidade que se define no artigo 1.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e sete de xullo de dous mil vinte e tres,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade, a prol do Concello de Barro, da seguinte estrada e treitos antigos:

Estrada

Denominación da estrada

PQi

PQf

Lonx. (km)

EP-0509

Ramal da Igrexa-Portela

0+000

0+270

0,270

Denominación da estrada

PQi

Lonx. (km)

Treito antigo da EP-0506 Curro-Portela

3+600 ME da EP-0506

0,118

Treito antigo da EP-9407 A Goulla-Porráns

6+400 ME da EP-9407

0,106

Artigo 2

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega entre o concello e a deputación.

Artigo 3

Correspóndenlle ao Concello de Barro, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que lle poida corresponder como nova Administración titular.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e sete de xullo de dous mil vinte e tres

O presidente
P.S. (Artigo 33 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro)
Diego Calvo Pouso
Vicepresidente primeiro e conselleiro
de Presidencia, Xustiza e Deportes

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade