DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 11 de agosto de 2023 Páx. 48174

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2023 pola que se ordena a publicación dos acordos do Consello da Xunta de Galicia do 1 de xuño e do 6 de xullo de 2023 polos que se aproba e se modifica, respectivamente, a relación de postos de traballo da entidade pública empresarial Augas de Galicia.

A Lei 9/2010, do 4 de novembro (DOG núm. 222, do 18 de novembro) crea Augas de Galicia como ente público da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, con personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins e das competencias reguladas por esta lei.

A disposición adicional primeira desta Lei 9/2010, do 4 de novembro, no seu punto 3 recolle que na mesma data de entrada en funcionamento da entidade se considerarán extinguidos o organismo autónomo Augas de Galicia e a empresa pública Obras e Servizos Hidráulicos.

O estatuto da entidade foi aprobado polo Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro (DOG núm. 9, do 13 de xaneiro) e a entrada en funcionamento produciuse coa sesión constitutiva do seu Consello Reitor o 30 de xaneiro de 2012, quedando extinguidos o organismo autónomo Augas de Galicia e a empresa pública de Obras e Servizos Hidráulicos, subrogándose a nova entidade en todos os seus dereitos e obrigas.

A entidade pública empresarial Augas de Galicia contaba coa estrutura organizativa recollida no estatuto da entidade, aprobado polo Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro. Non obstante, ata a elaboración e aprobación da relación de postos de traballo inicial de persoal funcionario e laboral da entidade pública empresarial Augas de Galicia e do decreto de desenvolvemento da súa estrutura orgánica, en aplicación do previsto na disposición transitoria terceira deste decreto, mantivéronse como instrumentos de ordenación dos seus recursos humanos a relación de postos de traballo do organismo autónomo Augas de Galicia e o cadro de persoal da empresa pública de Obras e Servizos Hidráulicos, así como as configuracións das estruturas orgánicas do Decreto 108/1996, do 29 de febreiro, e nos estatutos da empresa pública de Obras e Servizos Hidráulicos, aprobados polo Decreto 125/1996, do 7 de marzo.

Por outro lado, cómpre, ademáis, adaptar a estrutura orgánica de Augas de Galicia ás previsións recollidas nas leis aprobadas con posterioridade ao ano 2012, en particular a Lei 9/2019, do 11 de decembro, de medidas de garantía do abastecemento en episodios de seca e en situacións de risco sanitario, e en especial á Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga, xa que as novas funcións que esta normativa prevé que poida desenvolver Augas de Galicia non poden realizarse tendo como base unha estrutura orgánica do ano 2012.

A consecuencia do anterior, o 11 de maio de 2023 aprobouse o Decreto 50/2023, polo que se modifica o estatuto da entidade pública empresarial Augas de Galicia, aprobado polo Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro (DOG núm. 100, do 29 de maio).

A aprobación da presente relación de postos de traballo inicial da entidade pública empresarial Augas de Galicia recolle tamén cambios de estrutura que tiveron lugar coa entrada en vigor do Decreto 50/2023, do 11 de maio, así como da adaptación ás escalas e especialidades dos corpos de Administración xeral e de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia recollidos na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia e a incardinación en áreas funcionais conforme o recollido na Orde do 10 de maio de 2017 pola que se modifica a Orde do 21 de novembro de 1989 pola que se fixan os criterios xerais para a elaboración das relacións de postos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, se aproba o modelo e se ditan instrucións para o cubrir (DOG núm. 90, do 11 de maio).

Posteriormente, resultou necesario modificar esta relación de postos de traballo inicial coa finalidade de equiparar a clasificación de dous postos de nova creación á doutros xa existentes, así como a modificación dos centros da entidade con sede nas cidades de Lugo e Ourense como consecuencia do Decreto 53/2023, do 11 de maio.

En consecuencia, por proposta da entidade pública empresarial Augas de Galicia e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, nas súas reunións do 1 de xuño e do 6 de xullo de 2023, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a relación de postos de traballo da entidade pública empresarial Augas de Galicia nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Clasificar de libre designación os postos que a seguir se relacionan en aplicación do criterio de excepcionalidade que á marxe se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación das relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:

Código do posto

Denominación

Criterio

IV.E19.20.000.15001.001

Xefatura do Servizo Territorial de Augas de Galicia

Especial responsabilidade por garantir o adecuado exercicio de autoridade e/ou inspección administrativa da Xunta de Galicia.

A coordinación ou dirección da inspección, nun determinado ámbito administrativo, sempre que non exista un posto xerárquico superior dos comprendidos na relación de postos de traballo.

IV.E19.20.000.15770.001

Xefatura do Servizo Territorial de Augas de Galicia

Especial responsabilidade por garantir o adecuado exercicio de autoridade e/ou inspección administrativa da Xunta de Galicia.

A coordinación ou dirección da inspección, nun determinado ámbito administrativo, sempre que non exista un posto xerárquico superior dos comprendidos na relación de postos de traballo.

IV.E19.20.000.27001.001

Xefatura do Servizo Territorial de Augas de Galicia

Especial responsabilidade por garantir o adecuado exercicio de autoridade e/ou inspección administrativa da Xunta de Galicia.

A coordinación ou dirección da inspección, nun determinado ámbito administrativo, sempre que non exista un posto xerárquico superior dos comprendidos na relación de postos de traballo.

IV.E19.20.000.36560.001

Xefatura do Servizo Territorial de Augas de Galicia

Especial responsabilidade por garantir o adecuado exercicio de autoridade e/ou inspección administrativa da Xunta de Galicia.

A coordinación ou dirección da inspección, nun determinado ámbito administrativo, sempre que non exista un posto xerárquico superior dos comprendidos na relación de postos de traballo.

Terceiro. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

A presente publicación inclúe tamén a modificación parcial aprobada por Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de xullo de 2023.

Vistos os acordos adoptados polo Consello da Xunta de Galicia nas súas reunións do 1 de xuño e do 6 de xullo de 2023, relativos á aprobación da relación de postos de traballo da entidade pública empresarial Augas de Galicia e a súa modificación parcial, respectivamente, coa finalidade de cumprir os ditos acordos, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que, por razón de eficacia e operatividade, se publiquen de xeito consolidado nunha única relación, no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file