DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 8 de agosto de 2023 Páx. 47581

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 27 de xullo de 2023 pola que se modifica a autorización do CPR Eirís, da Coruña.

A representación da titularidade do CPR Eirís, da Coruña, solicita a modificación da autorización para impartir o bacharelato da modalidade de Artes, vía de Artes Plásticas, Imaxe e Deseño.

Logo da tramitación do expediente, de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización do centro para impartir o bacharelato da modalidade de Artes, vía de Artes Plásticas, Imaxe e Deseño, quedando o centro configurado como se detalla a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: Eirís.

Código: 15004125.

Domicilio: rúa Castaño de Eirís, 1.

Localidade: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Código postal: 15009.

Provincia: A Coruña.

Titular: Eirís, S.L.

Composición resultante:

Educación infantil: 6 unidades do segundo ciclo.

Educación primaria: 12 unidades.

Educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.

Bacharelato: 6 unidades das seguintes modalidades:

• Ciencias e Tecnoloxía.

• Humanidades e Ciencias Sociais.

• Artes: vía de Artes Plásticas, Imaxe e Deseño.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Revisión da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando se teña que modificar calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades