DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 8 de agosto de 2023 Páx. 47579

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ORDE do 28 de xullo de 2023 pola que se amplía a dotación orzamentaria das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 14 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento IN201G) (Diario Oficial de Galicia número 82, do 28 de abril).

A Orde do 14 de abril de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 82, do venres, 28 de abril, establece as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento IN201G) (DOG núm. 82, do 28 de abril).

No artigo 1.3 da convocatoria e artigo 2 do anexo I das bases reguladoras establécese que para a concesión destas subvencións destínase un crédito total de 265.000,00 € que será imputado ás aplicacións orzamentarias seguintes dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2023:

Aplicación orzamentaria

Importe (€)

Beneficiarias/os

05.04.751A.770.3.-Comercialización da artesanía de Galicia. Titulares obradoiros artesáns.

150.000,00 €

Artigo 3.1 do anexo I

05.04.751A.761.5.-Comercialización e promoción de feiras de artesanía de Galicia. Concellos.

42.500,00 €

Artigo 3.3 do anexo I

05.04.751A.781.4.-Comercialización da artesanía de Galicia.

Asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns.

72.500,00 €

Artigo 3.2 do anexo I

Por outra banda, no artigo 1.4 da orde sinálase que as anteditas cantidades poderanse incrementar en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito. Nestes casos publicarase a ampliación de crédito polos mesmos medios que a orde de convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

Co obxecto de poder amparar o maior número de solicitudes, e posto que a dotación inicial resulta insuficiente, cómpre mediante esta orde incrementar a dotación orzamentaria consignada inicialmente dada a existencia de remanentes de créditos incluídos en programas do mesmo servizo.

A teor do exposto, en virtude das competencias que ten atribuídas a Consellería de Economía, Industria e Innovación en materia de comercio interior, e no exercicio das atribucións que me foron conferidas

DISPOÑO:

Artigo único. Financiamento

1. Amplíase a dotación orzamentaria prevista na Orde do 14 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento IN201G).

2. O incremento da dotación será de 37.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 05.04.751A.770.3, «Comercialización da Artesanía de Galicia. Obradoiros artesanais» dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023.

Unha vez efectuado este incremento, o importe da dotación orzamentaria da aplicación 05.04.751A.770.3 ascende a 187.000,00 € e o importe total da orde de axudas ascende a 302.000,00 €.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2023

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Economía, Industria e Innovación