DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 7 de agosto de 2023 Páx. 47511

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2022/449-4).

Expediente: IN407A 2022/449-4.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS TRO701, CTC Trinitario Otero.

Concello: Vigo.

Feitos:

Primeiro. O 4 de novembro de 2022, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMTS TRO701, CTC Trinitario Otero.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade a instalación dun centro de transformación (CT) de 250 kVA e unha liña de media tensión subterránea (LMTS) de 38 metros de lonxitude no tramo TRO7012623. As obras están previstas no camiño de Trinitario Otero, Candeán, no municipio de Vigo (Pontevedra).

Segundo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Vigo e a Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA). A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado emitido polo Concello de Vigo.

AESA non emitiu o condicionado técnico entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

Terceiro. Mediante o escrito do 30 de novembro de 2022, esta xefatura territorial notificou a solicitude da autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da referida instalación eléctrica á única persoa que figura afectada pola declaración de utilidade pública na relación de bens e dereitos achegada pola empresa promotora.

Cuarto. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 30 de novembro de 2022, publicada nos seguintes medios:

DOG (Diario Oficial de Galicia): 2 de xaneiro de 2023.

Xornal Faro de Vigo: 22 de decembro de 2022.

Taboleiro de anuncios do Concello de Vigo durante o prazo regulamentario, segundo o certificado emitido polo propio Concello.

Quinto. Durante o mencionado trámite recibíronse as alegacións de Ramón Otero Rodríguez que manifestou non ser o titular da única parcela afectada.

Sexto. O 17 de febreiro de 2023, UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou unha nova relación de bens e dereitos afectados en que corrixía a titularidade da parcela afectada.

Sétimo. Mediante o escrito do 10 de marzo de 2023, esta xefatura territorial notificou a solicitude da autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da referida instalación eléctrica ás novas persoas que figuran afectadas pola declaración de utilidade pública na relación de bens e dereitos actualizada achegada pola empresa promotora.

Oitavo. O 17 de febreiro de 2023, UFD comunicou que acadou un acordo cos propietarios da parcela afectada con referencia catastral 7155961NG2775N0001JA, onde se situará o centro de transformación proxectado, e como consecuencia non é máis necesaria a declaración de utilidade pública.

UFD tamén achegou a documentación acreditativa dos acordos asinados.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Segunda. A lexislación de aplicación a este expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresarias en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

Terceira. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, de 38 metros lonxitude, con orixe e final na LMTS existente TRO7012623, facendo entrada e saída no centro de transformación proxectado Trinitario Otero.

– Centro de transformación a 250 kVA, con RT de 15 KV/400 V, compacto manobra exterior 2L1P telecontrolado con GPRS/FO en envolvente prefabricada de formigón con telexestión BT, situado na parcela con referencia catastral 7155961NG2775N0001JA.

– A instalación está situada no camiño de Trinitario Otero, Candeán, no concello de Vigo (Pontevedra).

Conforme o indicado,

Resolvo:

Primeiro. Outorgar á UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTS TRO701, CTC Trinitario Otero (expediente IN407A 2022/449-4), cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e logo da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Terceiro. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 7 de xullo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra