DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 7 de agosto de 2023 Páx. 47507

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 12 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 2023/195-1).

Expediente: IN407A 2023/195-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT lugar Casanova.

Concello: Arteixo.

Características técnicas:

– Modificación, mantendo o seu actual emprazamento na parcela con referencia catastral 15005A01600230000PQ, do apoio nº 52-B-31 (matrícula: A6N1SCB0) metálico tipo CH-1000/13, pertencente á arquitectura da liña LAR-707, consistente na instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S) dotado de xogo de pararraios autoválvulas e dun interruptor telecontrolado composto por unha cámara illada en SF6 e un armario de control.

– Instalación dun novo centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural fin de liña, compacto de manobra exterior, de 100 kVA de potencia, relación de transformación de 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres (3) saídas (unha de reserva), que se instalará na parcela con referencia catastral 15005A017000170000PF sita no lugar de Casanova.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 949 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1×150 mm² Al), coa orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) que se instalará no apoio nº 52-B-31 modificado e remate en cela de liña do CT proxectado.

– Reordenación da rede de baixa tensión (RDBT) existente actualmente alimentada polos CCTT Santaya (expediente IN407A 2016/1274-1/matrícula: 15CW39) e Piñeiro (expediente IN407A 2007/49-1/matrícula: 15ADFY), que resultarán parcialmente descargados, mediante a instalación de dous (2) novos circuítos soterrados de baixa tensión (RBTS) de 2×104 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4 (1×240 mm2 Al), coa orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate no acoplamento coa rede aérea de baixa tensión existente que se realizará nos pasos soterrado-aéreos (PS/A) proxectados no apoio de formigón tipo HV-400/9 existente, e a desmontaxe de 267 metros da rede aérea existente en condutores tipo RZ 3 (1×25/54,6 mm2 Al/Alm) e RZ 2 (1×25 mm2 Al) xunto coa retirada dos catro (4) apoios sobre os que se atopa tendida e a reposición dunha acometida aérea de 43 metros de lonxitude en condutor tipo RZ 2 (1×25 mm2 Al).

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 12 de xullo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Denominación: LMT, CT e RBT lugar Casanova.

Concello: Arteixo.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Esperanza

Recouso Rodríguez

15005A01600230000PQ Polígono 16, parcela 230

Tarreo de

Esqueiro

2

6

Prados ou praderías

2

Luciano Grela Suárez

15005A017000170000PF Polígono 17, parcela 17

Casanova

CT e acceso

17,97

Rústico, agrario. Labor ou labradío de secaño. Matogueira