DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 7 de agosto de 2023 Páx. 47516

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Pontecesures (expediente IN407A 2023/360-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita dunha instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: soterramento da LMTA PAD811 entre os apoios 36CU51-1 e 1-3 e a instalación de CS.

Situación: concello de Pontecesures.

Características técnicas:

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 354 metros de lonxitude, con orixe e final no punto de acceso á rede proxectado na LMT PAD811, facendo entrada e saída no centro de seccionamento proxectado na instalación de Nestlé.

– LMTS a 20 kV, con condutor RHZ1, de 11 metros de lonxitude, con orixe no centro de seccionamento proxectado e final no punto de acceso á rede proxectado na LMT PAD811.

– Centro de seccionamento, con tres celas, dúas telecontroladas, compactas con corte en SF6.

A instalación está situada no porto de Pontecesures, no concello de Pontecesures (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 7 de xullo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/360-4.

Denominación: soterramento da LMTA PAD811 entre os apoios 36CU51-1 e 1-3 e a instalación de CS.

Concello: Pontecesures.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CS (m2)

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

Avenida Eugenio

Escured, 45

Urbana

840012NH2380S0001HW

Nestlé España, S.A.

11,90

11,00

32,00