DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 4 de agosto de 2023 Páx. 47278

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Padrón (expediente IN407A 2023/289-1).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Cristalería Padronesa, S.L. (B15502792).

Domicilio social: lugar de Campo do Doce, s/n, Escravitude, 15980 Padrón. A Coruña.

Título: proxecto: traslado de centro de seccionamento e centro de transformación en edificio prefabricado, así como reconexión de liña de media tensión soterrada para alimentación eléctrica en industria, sita no lugar de Campo do Doce, s/n, Escravitude, 15980 Concello de Padrón. A Coruña.

Situación: lugar de Campo do Doce, s/n, Escravitude, 15980 Concello de Padrón. A Coruña.

Características técnicas:

Traslado da instalación existente (expediente IN407A 2016/2414-1).

Liña de media tensión soterrada, con inicio e fin na liña de distribución PAD806, entre o apoio 44 e o CT 15CKVN, logo de entrar e saír no CS proxectado, condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 3(1x240 mm2) Al, lonxitude 66 + 66 m.

Centro de seccionamiento en edificio prefabricado. Celas prefabricadas de entrada, saída e derivación con interruptores-seccionadores (24 kV, 400 A, 16 kA).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

O prazo de vixencia da autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Esta autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal en que puidera incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra este acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112,115,121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 11 de xullo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña